Noticias

La oposición en el Parlamento de Galicia reclama una comisión de estudio sobre los incendios. La Xunta solicita colaboración a los alcaldes para tramitar las ayudas para los afectados

Todos los partidos de la oposición en el Parlamento de Galicia quiere una comisión de estudio que analice lo ocurrido en la ola de incendios de mediados de octubre, aunque difieren en la estrategia. En Marea y PSdeG formulan una petición conjunta para crear este órgano y el BNG defiende una iniciativa propia en el mismo sentido. El PPdeG sostiene que "lo razonable" es "escuchar primero" al presidente, Alberto Núñez Feijóo, y después analizar, si corresponde, otras propuestas. La Xunta pide colaboración a los alcaldes para tramitar las ayudas a los afectados.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

La Xunta informa a los ayuntamientos afectados de la orden de ayudas para la reparación de los daños por la ola de fuegos. Durante todo el día los delegados territoriales de la Administración autonómica en Ourense, Vigo, Pontevedra y Lugo están manteniendo encuentros con los alcaldes afectados para detallarles la orden de ayudas publicada ayer en el Diario Oficial de Galicia (DOG) y las actuaciones directas previstas, que suman en su conjunto una inversión de casi 21 millones de euros.

La orden establece las bases reguladoras de las ayudas previstas por el Decreto 102/2017, de 19 de octubre, de medidas urgentes de ayuda para la reparación de daños causados por los incendios que se produjeron en Galicia durante el mes de octubre del año 2017.

Mediante esta Orden, que prevé una inversión de más de 11 millones, se desarrolla el Decreto y se faculta a las consellerías y las entidades del sector público para que, en el ámbito de sus competencias, dicten las disposiciones y medidas necesarias para su aplicación.

La orden se estructura en ocho capítulos que se corresponden con las consellerías que tienen atribuida la competencia para la convocatoria y resolución de las ayudas, que son la Vicepresidencia y Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas y Justicia, la Consellería de Hacienda, la Consellería de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio, la Consellería de Infraestructuras y Vivienda (Instituto Galego da Vivenda e Solo), la Consellería de Economía, Empleo e Industria (a través del Instituto Gallego de Promoción Económica), la Consellería de Medio Rural, la Consellería del Mar, la Agencia Turismo de Galicia y la Secretaría General para el Deporte.

Además, la Xunta de Galicia invertirá 9,8 millones en actuaciones directas de las consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural, Economía, Empleo e Industria e Infraestructuras y Vivienda, con el objetivo de reparar los daños causados por los fuegos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Na comparecencia posterior á Xunta de Voceiros Luís Villares destacou a solicitude por parte de En Marea (conxuntamente co PsdeG) de crear unha Comisión técnica de estudo constituída por expertos independentes que avalíen as causas dos incendios e acheguen solucións estruturais. “Danse as condicións idóneas para que volva darse unha vaga de lumes, polo abandono do medio rural”, lembrou Villares, que lle pediu “responsabilidade e altura de miras” ao PP. “Agardemos que non volvan chegar tarde, e deixen de lado intereses curtopracistas electorais, pois despois do acontecido coa xestión dos incendios”, dixo o voceiro de En Marea, “xa ninguén se fía de Feijóo”.

Villares destacou o privilexio de contar en Galicia con multitude de profesionais independentes e expertos na materia “aos que debemos recurrir para deseñar propostas políticas de país a vinte ou trinta anos vista”. “Sabemos que Feijóo virá dar excusas ao Parlamento no vindeiro pleno, pero os milleiros de persoas que sufriron as consecuncias da súa incompetencia xa non traga coas súas desculpas” dixo Luís Villares e engadiu que dende En Marea “estamos dispostos a dialogar na busca de solucións, pero sen deixar pasar un día máis”.

Con este obxectivo, En Marea propón un gran Pacto nacional polo territorio que garanta un rural vivo “que a xente poida habitar con dignidade”, que afronte o cambio climático de xeito transversal tendo en conta que as secas non son estacionais e que incorpore una nova política forestal dende a perspectiva da multifuncionalidade do monte. Ademais, “hai que afrontar unha nova política agrogandeira que recupere os terreos agrícolas abandonados ou transformados de xeito infame en grandes eucaliptais que agora ameazan a vida das persoas”. Finalmente terá que deseñar unha mellor transición entre o territorio urbano e periurbano corrixindo erros que “permitiron que o lume chegase dende o monte ao centro das cidades”.

A “nefasta” xestión dos lumes por parte do goberno de Feijóo estará moi presente no vindeiro pleno, e protagonizará a pregunta que Luís Villares lle formulará ao presidente da Xunta durante a sesión. Pero á orde do día o grupo parlamentario En Marea tamén traslada “cuestións fundamentais para o benestar da poboación” como son unha moción de cara a lograr melloras no sistema educativo ou as preguntas ao goberno polas obras no centro de saúde de Mugardos e o futuro do persoal de Conservas Calvo en Esteiro (Muros).

Ademais, En Marea proporá na vindeira sesión plenaria “dar carpetazo definitivo ao proxecto da mina de Touro” e a restitución das estatuas do Pórtico da Gloria en mans da familia Franco para o patrimonio público.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, cualificou de “inadmisible” que a Xunta “continúe intentando disfrazar a súa incapacidade para actuar con rigor na vaga de lumes detrás dos incendiarios”. Así o dixo na presentación dos orzamentos de Medio Rural para o próximo ano que tivo lugar esta mañá no Parlamento.

O responsable socialista reclamou “asunción de responsabilidades políticas” pola “mala xestión” dos lumes que queimaron máis de 35.000 hectáreas recoñecidas e acabaron coa vida de catro persoas. Amosou a súa sorpresa pola lentitude demostrada polo goberno á hora de depuraras ditas responsabilidades políticas “cando foi evidente a improvisación e a pésima xestión” na crise dos incendios.

Apuntou á habilitación de axudas para limpeza de montes “en pleno período de risco de incendios”, e advertiu da situación das brigadas de prevención, dedicadas “a pintar pasos de cebra ou sesteando” pola xestión “lamentable” por parte do goberno.

Sinalou que os lumes son precisamente unha conclusión do desinterese do goberno galego polo medio rural, con medidas que “non están a servir para evitar o despoboamento e abandono de actividade rural”. Pediu “mellorar a xestión dos orzamentos diante da nefasta xestión do Goberno para apoiar e relanzar o mundo rural”.

Lamentou uns orzamentos “continuístas, orfos de medidas innovadoras e ilusionantes” que “desminten o eslogan tan cacareado da Lexislatura do Rural” e que “en calquera caso permitiu que no que vai de 2017 se teñan perdido 269 explotacións gandeiras”. Reclamou “mellorar a xestión dos orzamentos diante do fracaso do goberno galego para apoiar e relanzar ao mundo rural”.

Sinalou que “as medidas expostas nestes orzamentos están a fracasar á hora de evitar o despoboamento, o envellecemento e o desleixo do goberno galego de cara ao mundo rural”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional e do grupo parlamentar do BNG, Ana Pontón asegurou que a comparecencia de Feijóo para explicar a vaga dos lumes no Parlamento chega tarde pero agarda que sexa un primeiro paso para mudar as políticas contra incendios e o abandono do medio rural.

Trala xunta de Portavoces, Pontón criticou que a axenda do presidente lle permita recoller un premio ao Partido popular en Alcobendas e non dea a cara no Parlamento. A súa comparecencia debe ser un primeiro paso para explicar a xestión na vaga de lumes, unha xestión, dixo Pontón “improvisada, descordinada e incompetente”. A comparecencia do Presidente da Xunta debe servir para iniciar un proceso de cambio nas políticas de ordenación do territorio e abandono do medio rural, reiterou.

Feijóo ten que explicar porque enviou a casa a 500 traballadores de SEAGA e foron reducidas as franxas de protección e seguridade a vivendas e infraestruturas públicas. O presidente da Xunta debe responder porque oculta a “súa responsabilidade” nos recortes do dispositivo contra a extinción de incendios cando sabían que as condicións climáticas eran extremas e de máximo risco de incendios”.

Os galegos e galegas non merecen un presidente que minte e só preocupado de elaborar un “relato exculpa torio” do acontecido o 15 O. A nacionalista tamén responsabilizou aos medios públicos galegos de non informar a tempo da vaga de lumes polo que pediu o cese das dirección da TVG e RG. Os medios públicos galegos, reiterou, deben deixar de ser o “gabinete de prensa do Partido popular e de Núñez Feijóo”.

Neste pleno monográfico sobre incendios para analizar e avaliar a vaga de lumes, o BNG defenderá unha iniciativa destinada a crear unha comisión para estudar e investigar a xestión dos incendios, depurar responsabilidades políticas e corrixir as deficiencias dunha política responsable de converter o monte galego “nun polvorín”.

Sobre esta cuestión Pontón explicou que o BNG non pecha a porta a crear unha comisión de investigación se o Partido popular rexeita a de estudo e mostrou a súa perplexidade ao comprobar na Xunta de portavoces que os grupos de En Marea e PSdG rexistraron a iniciativa para creación da comisión de estudo. Estou moi sorprendida, dixo, porque levamos 15 días pedindo a comisión de estudo e hoxe sabemos que onte En Marea e PSdG rexistraron a proposta “sen falar con nós” cando fomos o único grupo que leva 15 días pedindo a súa creación.

Sobre este asunto, asegurou que o BNG sempre mostrou a súa disposición a traballar conxuntamente naquelas cuestións que afectan a Galiza polo pediu a En Marea e PSdG que “non se confundan de adversario”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Presidente da Xunta comparecerá no Pleno do Parlamento galego da vindeira semana para informar sobre a vaga de incendios forestais que sufriu Galicia en outubro e especialmente entre os días 14 e 15. O o Grupo Popular defenderá nesta sesión plenaria a elaboración dos plans reitores de uso e xestión dos seis parques naturais de Galicia e do parque nacional das Illas Atlánticas, así como a elaboración dun proxecto de Lei en materia de rehabilitación e recuperación dos núcleos rurais e urbanos con valor histórico ou patrimonial.

Pedro Puy avanzou que o Pleno abordará o debate de toma en consideración do proxecto de Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, a primeira norma autonómica que establece unha regulación global deste asunto e que dotará dunha maior seguridade tanto aos grandes eventos como as verbenas populares.

O portavoz popular explicou que este texto lexislativo aborda diversas esferas como a seguridade, os controis de acceso, o papel das administracións en cada caso, os horarios, o tratamento dos menores nestes eventos, a prohibición da revenda de entradas, ou mesmo as sancións no caso de que nalgún momento se produza un incumprimento.

“O documento entra no Parlamento despois dun longo período de elaboración no que foron escoitados os responsables municipais, a través da FEGAMP, así como os sectores máis representativos aos que vai dirixida”, salientou Puy, quen apuntou que “desde o Grupo Popular tamén se teñen establecido contactos con estes sectores a fin de coñecer as súas propostas e concretar as posibles emendas para a mellora do proxecto de lei”.

A Xunta de Portavoces acordou, ademais, a inclusión da comparecencia do Presidente da Xunta no Pleno, atendendo a súa propia solicitude e a dos grupos da oposición, para falar dos incendios forestais, Neste sentido, Puy destacou “a rápida reacción do Goberno, xa que, o mesmo martes despois da vaga de incendios dos días 14 e 15 de outubro e cando aínda se estaba loitando contra as lapas, compareceu a conselleira do Medio Rural no Pleno do Parlamento para falar do máis inmediato, e unha vez que xa hai unha análise máis pormenorizada dos danos ven o propio Presidente”.

R., 2017-10-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (elecciones_munecos_votan.jpg) El PPdeG "pone en marcha" el camino a las municipales reivindicando su "inconformismo". Se propone "ganar" a sus rivales, a las "encuestas" y a las "modas pasajeras" y destaca su papel en la "salida de la crisis". Tellado reitera tiene un compromiso con Galicia hasta 2020 y que abordará su relevo "cuando toque". En Marea confía en que ese relevo llegue de un gobierno presidido por esta formación para aplicar nuevas políticas económicas.
Foto de la tercera plana (a_arte_no_comic.jpg) Un total de 73 dibujantes y artistas del noveno arte reinterpretan las grandes obras de la historia de la pintura universal en la exposición «El Arte en el Cómic», comisariada por el historiador Asier Mensuro y producida por Fundación Telefónica. Estudia cómo el cómic se aproxima al mundo de la pintura e incide en la corriente museográfica que aboga por un acercamiento al noveno arte a la programación de arte.

Notas

A directora de Turismo presentou a experiencia "Descubre o teu propio Camiño", que facilita a peregrinación a través do emprego de handbikes eléctricas e híbridas e se suma ás melloras de accesibilidade nos albergues do Xacobeo. Conmemórase o 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial. Concertos e o programa "Cultura no Camiño", antesala do Xacobeo 2021.
Xa está dispoñible o calendario municipal coas ilustracións de 13 artistas. O Concello de Santiago de Compostela vén de editar, por segundo ano consecutivo, un calendario municipal que conta coas ilustracións de 13 artistas participantes na segunda edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada". Incorpora tamén as festas dos barrios de Compostela.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania