Noticias

Rosalía de Castro protagoniza unha feira e unha gala en Santiago de Compostela os días 29 e 30 de setembro

La imagen de Rosalía como una superheroína con capa y máscara preside el cartel del Festival Rosalía, una gala y una feria de productos con su marca previstos para los días 29 y 30 de septiembre en Compostela Además de música y poesía, en el Festival se incluyen objetos como tazas, maillots, cerveza, sacas o libros con Rosalía como protagonista.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

A iniciativa, que conmemora o centenario da inauguración do monumento de Rosalía de Castro na Alameda, consistirá nunha gala no Teatro Principal que terá lugar o día 29 de setembro ás 21:00 horas. Contará coa actuación de Abe Rábade xunto con Nastasia Zürcher, Najla Shami, Uxía Senlle con Sérgio Tannus e Santi Cribeiro, e Xiana Lastra con Andrea Porto. A poesía virá nas voces de Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial. A gala estará presentada pola poeta e actriz Lorena Conde e dirixida por Avelino González. A entrada será gratuíta previa retirada no Teatro Principal (de martes a sábado en horario de 18:00 a 21:00 horas).

No seguinte día, o sábado 30 de setembro, terá lugar a feira de produtos coa "marca Rosalía", coa participación dunhas vinte empresas que fabrican camisolas, bixutería, cervexa, sacas, libros ou discos coa escritora como protagonista. O mercado rosalián instalarase na praza de Cervantes e estará aberto de 11:00 a 20:00 horas. A Banda Municipal de Santiago inaugurará a feira na que, ao longo da xornada, haberá actuacións do grupo Habelas Hainas e da compañía de Larraitz Urruzola, con música e monicreques arredor de Rosalía.

Rosalía, no Territorio das Mulleres
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, participou na presentación deste Festival e mostrou a súa satisfacción pola conmemoración nun Santiago que "está a construír o Territorio das Mulleres e se hai unha que é a porta de entrada, esa é Rosalía". Ademais, festexou a iniciativa non só polo seu alcance cultural, senón tamén polo "impulso para o desenvolvemento económico que pode ter no concello".

Serán dúas xornadas para homenaxear unha Rosalía "moderna, reivindicativa, enérxica, revolucionaria, con mensaxes contundentes e defensora dos dereitos da Galiza e das mulleres", como dixo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. "Quixemos recoller a idea de Rosalía como o noso maior símbolo identitario, a nosa maior icona que, ademais de ser a escritora máis musicada e que máis influíu unas xeracións posteriores, é tamén obxecto de mercadotecnia que, ademais de en esculturas, está en camisolas, sacas ou cuncas, traspasando xeracións e fronteiras cunha mensaxe comprometida, contundente e enérxica", dixo, reivindicando unha Rosalía "viva e do noso tempo".

Pola súa parte, o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, parabenizou pola idea de conmemorar o centenario da estatua dunha maneira distinta. "Rosalía está viva, máis que nunca, para escritores e escritoras, músicos e músicas, artistas plásticos, deseñadoras e deseñadores… e esta iniciativa celebrará a súa actualidade a través destas creacións", dixo Angueira. Ao tempo, lembrou os distintos momentos en que "o pobo ollou para Rosalía", hai cen anos na inauguración do monumento da Alameda ou mesmo no franquismo coa escultura de Padrón.

Tamén entidade colaboradora da iniciativa é a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e o seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias, lembrou que a "mellor maneira de homenaxear a unha poeta é ler a súa obra, facela presente, que os seus poemas tomen de novo vida". Por iso, aplaudiu a celebración do Festival Rosalía como unha maneira de traer ao noso tempo unha figura "imprescindíbel".

Do amplo abano de artistas que participarán no Festival, Xiana Lastra participou na presentación para afirmar que son "moitas as persoas que traballamos coa súa obra, cada unha cunha visión distinta e iso vai quedar plasmado na gala do 29 que mostrará as diferentes formas en que a súa obra foi reinterpretada".

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela

R., 2017-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES