Noticias

El sindicato CC.OO. plantea la necesidad de ir hacia los 1.000 euros de salario mínimo interproferional

Durante su visita a la capital de Galicia, el secretario general confederal de Comisiones Obreras (CC.OO.), Unai Sordo, ha planteado "ir hacia los 1.000 euros" de salario mínimo interprofesional (SMI). También ha reclamado que el Estado destine un 15% de su producto interior bruto (PIB) para mantener el sistema público de pensiones.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia celebrou o seu primeiro Consello Nacional tras o 11.º Congreso, que tivo lugar o pasado mes de maio. O conclave transcorreu no edificio CERSIA, en Santiago de Compostela, e nel participou como convidado o secretario xeral confederal, Unai Sordo, quen interveu perante os membros do máximo órgano das CCOO de Galicia entre congresos.

Amais de por Sordo, a Confederación Sindical de CCOO estivo representada tamén pola secretaria de Comunicación, Empar Pablo. Así mesmo, outras institucións e organizacións sociais estiveron presentes, caso do Sindicato Unificado da Policía (SUP), a Fundación 10 de Marzo (F10M), a Delegación Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social ou o Consello Galego de Relacións Laborais.

O secretario xeral confederal criticou o Goberno español por «vangloriarse» de que o 72 % das traballadoras e traballadores teñen un contrato indefinido, xa que iso mesmo significa que máis da cuarta parte ten contrato temporal ou, «o que é o mesmo: España é subcampioa de Europa en temporalidade, só por tras de Polonia».

Segundo o dirixente sindical, estanse a reproducir algunhas das «vellas pautas de comportamento» do mercado laboral en España, o que podería desembcoar na «próxima crise de emprego» se as melloras macroeconómicas non chegaren á cidadanía. Sordo enfatizou que «non vale medrar de calquera xeito se o crecemento non repercute na cidadanía».

Unai Sordo tamén apuntou que a economía española crece a un 3,2 %. Porén, unha análise máis detallada revela que de todo ese crecemento, o 2,2 % —máis da metade— é debido a factores externos. Por esta razón, instou a habilitar os mecanismos que permitan a mellora da demanda interna. Na súa opinión, isto só se conseguirá co incremento do salarios e das prestacións sociais —particularmente as pensións.

«Abonda xa de triunfalismos mentres se está a incrementar a desigualdade», exhortou Sordo, ao tempo que apuntou que a desigualdade é «parte esencial» do modelo de saída da crise que se promoveu. Fronte a isto, o sindicalista asegurou que CCOO está «en disposición de pasar á ofensiva», xa que os salarios medran menos da metade que o ritmo de crecemento da economía. «Queremos impulsar cara arriba os salarios», insistiu.

Posteriormente, en declaracións aos medios de comunicación, o secretario xeral confederal detallou que CCOO pretende que o salario mínimo interprofesional (SMI) chegue aos mil euros. Canto ás pensións, instou o Estado español a destinar o 15 % do PIB para a sostibilidade do sistema público de pensións.

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, fixo un repaso dos catro primeiros meses do seu mandato e apuntou os retos inmediatos da organización, con especial atención ás mobilizacións que se están a preparar en diversos ámbitos.

Neste primeiro Consello Nacional tras o Congreso tamén se aprobou o regulamento provisional da Comisión de Garantías de Galicia, o calendario para a Conferencia de Organización e, por último, nomeouse a representación de Galicia no Consello Confederal de CCOO: Ramón Sarmiento (membro nato, como secretario xeral), Mabel Pérez (secretaria de Organización), Amelia Pérez (secretaria xeral de Vigo, a comarca de maior afiliación) e Víctor Ledo (secretario xeral de Industria, a federación de maior afiliación).

Fotografía: Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia.

R., 2017-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES