Noticias

El BNG cree que el incendio de Portugal debe hacer saltar las alarmas en Galicia

El diputado del BNG en el Parlamento gallego, Luis Bará, considera que el incendio de Pedrógao Grande tiene que "dar una lección" y que debe "hacer saltar todas las alarmas" ya que la situación del monte portugués "es muy similar" a la de Galicia debido a factores compartidos como el clima, la falta de inversiones en prevención o la situación de abandono del monte con un monocultivo altamente combustible.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

“O que ocorreu en Portugal tennos que dar unha lección e debe facer saltar todas as alarmas, porque a situación do seu monte é moi similar á nosa” asegurou o deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, nunha comparecencia na que solicitou que a Xunta mude por completo a súa política forestal. Bará centrou en dúas as premisas básicas dunha política forestal efectiva para loitar contra os incendios forestais: a ordenación e xestión do monte e a unificación das oito entidades que loitan contra o lume nun único operativo profesionalizado e que invista máis esforzos na prevención que na extinción.

Recén iniciado o verán e coa catástrofe vivida en Portugal, o deputado nacionalista mencionou tres factores fundamentais nos incendios. O clima e o cambio climático, a falta de investimento en recursos de prevención, e a situación do monte, que aúna abandono e monocultivo altamente combustible. Sobre o monocultivo, Luís Bará afirmou que “é un deseño que obedece aos intereses do monopolio pasteiro, e entendemos que o monte do noso territorio nacional non pode estar ao servizo dunha gran empresa”. Neste sentido, lembrou que “o BNG xa levou ao Parlamento numerosas iniciativas para que se tomen as medidas para mudar a situaciónseguirémolas presentando”. Ordenación e xestión do monte Para unha ordenación e xestión efectiva do monte, Luís Bará mencionou tres piares encamiñados, fundamentalmente, a frear o abandono e o mencionado monocultivo.

En primeiro lugar, instou á Xunta a mudar “unha política que só favorece intereses privados dunha empresa ”. Asegurou que se trata da medida máis inmediata posto que se superaron xa as 400.000 hectáreas plantadas de eucalipto. Demandou conxelación da plantación de eucalipto globulus o que se destina a pasta de papel e a prohibición de eucalipto nitens, máis resistente ao frío e con madeira de moi baixa calidade, e cuxo destino comercial son as plantas de biomasa. En segundo lugar, mencionou a necesidade de combater a fragmentación da propiedade eminifundio forestal e lembrou que iso é posible se se deseñan as medidas oportunas para promover a ordenación e a xestión colectiva. Neste sentido, lembrou as UXFOR “que eran Unidades de Xestión Forestal, que contemplaban unha forma de xestión conxunta e que debían de agrupar un mínimo de 15 hectáreas de superficie forestal, e que foron eliminadas polo PP”. E en terceiro lugar, sinalou a necesidadehabilitar medidas encamiñadas a “traballar cos latifundios forestais”, referíndosemonte comunal. Explicou que as Comunidades de Montes en Man Común xestionan unha media de 200 hectáreas forestais e que se deben promover e as especies emadeira de calidade, así como unha certificación adecuada para esta madeiras.

“Solicitamos que se unifique todo o operativo de defensa contra os incendios, nun ente único e que poida traballar todo o ano” explicou Luís Bará. Mencionou que neste momento hai 8 entidades traballando contra a extinción de incendios, na súa maior parte, caracterizados pola precariedade e pola estacionalidade: os efectivos de Medio Rural, SEAGA, os concellos, as brigadas helitransportadas, os grupos de emerxencia supramunicipal, Tragsa, o exército e a policía.

Desde o BNG o que se demanda é que, ademais da unificación, se profesionalice edote de recursos para traballar todo o ano, investindo máis en prevención queextinción, ao contrario do que ocorre na situación actual. “Hai unha desproporción absoluta na política de prevención se a comparamos coa de extinción, cando todos sabemos que os incendios non se apagan no verán, nin se apagan con auga, como vimos de ver en Portugal”.

O deputado nacionalista tamén se referiu á solicitude de Elnosa perante a Xunta para a tramitación do proxecto sectorial supramunicial, e anunciou que o posicionamento do BNG será contrario tanto desde o Parlamento galego como desde o Concello de Pontevedra. Bará afirmou que esta solicitude “se trata dun plan preconcibido entre a Xunta e a empresa para que manteña a súa ubicación actual”. Manifestou que tras a sinatura do acordo de 2013 polo que se definía o traslado e o prazo para facelo efectivo, este trasacordo revela que “a Xunta traballa para favorecer intereses privados, como xa fixera con Ence regalándolle 600.000 metros cadrados”. “Todo alimenta o mesmo circuíto de favorecer empresas privadas desde a Xunta” e mencionou como exemplos deste circuíto tanto a Ence e Elnosa, como a política forestal baseada unicamente no monocultivo de eucalipto.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presidiron a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, responsables da Policía Autonómica e Nacional, da Garda Civil, do Exército, e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. No encontro tamén se fixo balance dos incendios rexistrados na última campaña. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá na sede da Delegación Territorial de Pontevedra coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca a semana que vén.

R., 2017-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES