Noticias

El PPdeG vota en contra de la investigación de las relaciones del grupo Villar Mir con el sector público gallego como reclama la oposición

El PPdeG votó en contra de la aprobación de una comisión de investigación solicitada por todos los grupos de la oposición en el Parlamento de Galicia (PSdeG, En Marea y BNG) para aclarar las utorizaciones, contratos, concesiones y "en general todas las relaciones" del grupo Villar Mir con el sector público gallego. Esta petición partió de la iniciativa del BNG y en Marea que advierten de las "dudas" y "sospechas judiciales" en torno a la compañía de una persona, Juan Miguel Villar Mir, investigada "por supuesta financiación irregular del Partido Popular".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, acusou a En Marea e BNG de “pretender facer unha investigación prospectiva” sobre os contratos dun grupo empresarial coa Xunta de Galicia porque “non coñecen nin un só contrato con estas empresas que poida ser fraudulento, non coñecen unha soa concesión ou adxudicación que non cumpra escrupulosamente a lexislación vixente”. “Queren facer a política da tinta de lura, sementar dúbidas e poñer todo baixo sospeita”, manifestou.

Paula Prado explicou que o grupo empresarial sobre o que solicitan unha comisión de investigación En Marea e BNG “ten obtido contratos con diferentes administracións públicas no eido da Comunidade galega, tanto concellos, como deputacións e mesmo a Xunta de Galicia, baixo gobernos de diferente cor política”.

Ademais, lembrou que “esta petición xorde como consecuencia dunha investigación xudicial que se está levando a cabo en Madrid, unha investigación xudicial que non ten solicitado á Xunta de Galicia nin un só contrato con esta empresa e, ao longo da investigación, tampouco ten aparecido nin un só indicio de que houbese algunha conexión coa administración galega”.

“En política non todo vale”, indicou Paula Prado a En Marea e BNG, e apuntou que “nós sabemos que vostedes irrumpiron na política para destruír as institucións, para destruír a democracia e para destruír a nobreza política”. “Co PPdeG non conten para destruír as institucións e a democracia, porque temos un compromiso cos galegos para protexelos de quen non cree na democracia, de quen non cree na importancia das institucións e de que non cree na Xustiza”, sinalou.

A viceportavoz popular lembrou aos grupos da oposición que “isto non é un xulgado, é un Parlamento, e deixen traballar á Xustiza”. Neste sentido, asegurou que “nós cremos absolutamente na separación de poderes, que a Xustiza actúe e que caia todo o peso da lei sobre os corruptos, e desde o Parlamento temos que lexislar para dar ferramentas útiles á Xustiza para que non haxa nin zonas grises nin baleiros legais en materia de corrupción”. “Non hai máis transparencia que a que arroxa unha investigación xudicial, iso si que é un instrumento potente para coñecer a verdade”, sentenciou.

Neste sentido, recordou que o PPdeG “combate a corrupción con feitos” e referiuse aos cinco textos lexislativos aprobados en 50 días na pasada lexislatura ante os que os grupos da oposición “se puxeron de perfil e non votaron favorablemente a ningunha”.

Paula Prado tamén amosou a súa sorpresa polo voto favorable do Grupo Socialista á creación desta comisión de investigación e cuestionou “que foi o que mudou no PSdeG para pasar de considerala como unha pura posición propagandística dos nacionalistas, en palabras do propio portavoz socialista, a sumarse a esta postura de populismo fácil”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“Unha dúbida percorre o noso país, unha dúbida razoable, unha dúbida que se sustenta na certeza da existenza de dúbidas de máis sobre como se financiaba o actual partido do Goberno”. Así comezou o voceiro de En Marea Luís Villares a súa intervención no pleno do Parlamento de Galicia no que defendeu a necesidade de constituír unha comisión de investigación que aclarase os contratos da Xunta coas diferentes sociedades de Villar Mir.

Ademais de ser investigado no marco da Operación Lezo por unha presunta trama de corrupción e financiamento ilegal do PP, En Marea esixe que o Parlamento de Galicia investigue as numerosas concesións públicas das que se beneficiou Villar Mir nos últimos anos. “Por unha vez actúen vostedes en beneficio deste país”, instou Villares ao grupo popular. “Dean vostedes a oportunidade a esa empresa de se defender, e, sobre todo, dean a oportunidade a este pobo de saber, á súa xente de coñecer o que se fai cos seus cartos, á cidadanía que vota a oportunidade de saber como se financia cada quen e se alguén vai dopado ás eleccións”.

A solicitude, que parte da intención de Villar Mir de segregar e vender as centrais de Ferroatlántica para a que precisa o visto bo do “goberno amigo do PP”, foi rexistrada por En Marea e o BNG. “Precisa liquidez para o seu imperio e quere vender as centrais dos ríos Xallas e Grande, pero existe unha concesión administrativa que lle impide facelo sen segregalas das empresas de ferroaleaxe, unha vinculación administrativa para garantir o futuro industrial da comarca”, sinalou o voceiro de En Marea, que tamén se referiu á inscrición da segregación no Rexistro Mercantil, “algo do que o presidente Feijóo se enterou neste hemiciclo polo voceiro de En Marea”.

“Non investigar, non é respectar a presunción de inocencia, é dar patente de corso para que os poderosos poidan facer o que queiran mentres condenamos aos roubagaliñas, enon é frase miña, é do Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial nomeado por vostedes”, sinalou Luís Villares, que tamén lembrou todas as subvencións recibidas por Villar Mir a través da mina de Serrabal. “O AVE non chegou, os cartos para o señor Villar Mir, si”.

Obviando o regulamento da Cámara, que indica que as comisións de investigación parlamentarias teñen como finalidade aclarar cuestións “sobre calquera asunto de interese público” para Galicia, pero a deputada do PP Paula Prado, argumentou a negativa do seu grupo baseandose en que “este tipo de investigacións realízanse nos xulgados e acusou a En Marea de querer axusticiar e non de facer xustiza.”

“Os que cambian fiscais e poñen e quitan xuíces son os que nos acusan a nós de non crer na xustiza e os únicos que teñen un partido imputado por corrupción e financiamento ilegal son vostedes”, puntualizou Luís Villares, que tamén lle contestou a Prado, tras cuestionar esta o lugar onde estudara as oposicións: “Mentres eu estaba estudando as oposicións o seu xefe estaba paseando en barco cun narcotraficante chamado Marcial Dorado”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu a creación dunha comisión de investigación para analizar as autorizacións, contratos e concesións públicas ao Grupo Villar Mir e, en particular, o seguimento do intento de segregación e venda das centrais dos ríos Xallas e Grande, tres delas autorizadas polo propio Feijóo en 2012.

Só para investigar o intento de facer caixa con recursos públicos dun empresario investigado por suposto financiamento ilegal do PP, “estaría requetexustificada a creación desta comisión”, indicou Pontón quen reforzou a petición cun dobre argumento: “É o mellor mecanismo para permitir á Cámara o control do Goberno e é un instrumento para loitar contra a corrupción”.

“A quen lle pode estorbar esta comisión de investigación sobre as concesións públicas a Villar Mir e o seguimento do seu intento de segregación e venda dunhas centrais que son a garantía de 300 empregos? Só a quen ten algo que agochar”, concluíu Pontón ante o veto do PP.

Deixou claro que a intención da comisión era analizar, desde o punto de vista da responsabilidade política, “feitos coñecidos e que están sendo investigados nos xulgados” porque, recalcou, “eu en ningún caso acuso, xulgo ou condeno, pero gústelles ou non escoitalo, vemos unha sucesión de casos illados de corrupción no PP, que salpican directamente o interese xeral de Galiza e mostran ata que punto o réxime do 78 está podre”.

Precisamente, as comisións de investigación están para analizar cuestións de interese xeral, “e non lles parece que entra nesta categoría a venda dunhas centrais que deixarían na rúa a 300 persoas, non é de interese público as concesións a dedo a un empresario investigado polo presunto financiamento ilegal do PP coñecer a xenerosa doazón á Fundación Fraga ou porque se lle permitiu especular coas centrais para construír unha urbanización de luxo en Canalejas en lugar de investir en CEE e Dumbría?”, interpelou.

No debate, a dirixente do Bloque replicoulle ao PP que o que provoca o desprestixio da política “é a corrupción xeneralizada do partido do goberno e o seu veto permanente ás comisións de investigación”, neste caso como no do accidente de Angrois, “que impiden para que non se poda investigar as mordidas nas obras do AVE”.

Alegou que o caso Gürtell xa destapou vínculos da caixa B co PPdG no que Galiza era moeda de cambio para beneficiar ás empresas implicadas, evidencias que volven repetirse na Operación Lezo, e antes nos papeis de Bárcenas. Tamén fixo referencia ás imputacións do propio Villar Mir e do conselleiro delegado de Ferroatlántica, Javier López Madrid, no seu día condenado polas tarxetas black.

A adxudicación a dedo da xestión dos albergues do Camiño de Santiago, os donativos á Fundación Fraga, as numerosas concesións públicas ao conglomerado de Villar Mir como as minas de Serrabal, os parques eólicos de Monte Alegre e Pedra Miñón ou as seis centrais son argumentos para investigar os negocios dun empresario salpicado de cheo polo financiamento ilegal do PP que dependen de decisións da Xunta.
Por iso o BNG demandaba a comparecencia do propio empresario e tamén de todos os responsables na toma de decisións públicas que beneficiaron ao Grupo Villar Mir.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O Grupo Socialista apoiou a petición de En Marea e BNG de constituír unha Comisión de Investigación sobre as relacións de Villar Mir coa administración, que finalmente foi vetada polo PP. O portavoz de Política Institucional, Juan Díaz Villoslada, explicou que “o noso grupo non se vai opoñer a esta Comisión”, pero tamén demandou “ser moito máis rigorosos” ao solicitar estes órganos.

Alertou do “risco de minusvalorar a función das Comisións de Investigación” ao propoñelas en base a “causas de carácter xeral”. Deste xeito sinalou que o empresario está investigado no caso Lezo, que analiza unha “trama de oligarquías político empresariais con interferencias da propia Fiscalía, unha tela de araña que enreda a cargos do PP”, pero que polo momento, advertiu, carece de derivadas en Galicia.

Apuntou tamén á actuación do empresario, titular de Ferroatlántica, na operación de segregación e posterior venda das centrais hidroeléctricas de Cee e Dumbría. Preguntou así “quén está realmente escribindo o guión desta segregación” dirixida a desafogar as débedas do Grupo empresarial logo de terse beneficiado de subvencións públicas e da declaración de utilidade pública dos terreos para esta explotación.

O Grupo Villar Mir, sinalou, “responde á radiografía completa da actividade dun grupo de presión, que é lexítimo pero debe estar ben controlado” e debe responder a un código ético regulado e que actúe con transparencia.

O parlamentario socialista advertiu que “se xorden irregularidades” da actuación deste grupo en Galicia “actuaremos en consecuencia”, pero lamentou a precipitación de presentar esta petición de investigación ante o “risco de restarlle valor parlamentario” ás Comisións de Investigación.

Díaz Villoslada defendeu esta figura como mecanismo dirixido a poñer de manifesto actuacións irregularidades e promover reformas legais, e tamén como medio para esixir responsabilidades políticas, unha tarefa “realmente difícil que prospere” co actual reparto palamentario, con maioría do PP.

O responsable socialista sinalou que “necesitamos que as augas da xestión pública baixen o máis limpas posible para non seguir contaminando e que o mar da democracia non siga esmorecendo ao observar os comportamentos das oligarquías empresariais e políticas”.

Mesmo citou o informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, que evidencia que os tribunais españois procesaron a 1.378 persoas en 166 casos entre xullo de 2015 e setembro de 2016, e que se saldaron con 399 condenados por delitos de corrupción.

R., 2017-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES