Noticias

El PPdeG apuesta por regular las nuevas formas de financiación de las campañas electorales

Pedro Puy, portavoz del PPdeG en el Parlamento de Galicia, manifiesta el apoyo de su partido a realizar una reforma de la ley electoral que regule "en más detalle" el régimen vigente en relación con nuevas formas de financiación en las campañas tales como los microcréditos o el 'crowfunding'. Se suma a la petición del Consello de Contas de Galicia que ratifica en su informe la transparencia de los políticos gallegos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposta de resolución ao informe de fiscalización do Consello de Contas sobre as contabilidades electorais das ultimas eleccións autonómicas a través da que se insta á Xunta a adaptar o réxime xurídico vixente en materia de financiamento das formacións políticas para regular o emprego das novas formas de financiamento como o crowdfunding e os microcréditos ou micropréstamos.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, explicou que o conselleiro maior do Consello de Contas manifestou na súa comparecencia da semana pasada no Parlamento para dar conta do informe de fiscalización das contas electorais que todas as forzas políticas con representación parlamentaria cumpriron caos súas obrigas de transparencia, polo que teñen dereito a recibir as subvencións que a norma prevé unha vez xustificados os gastos nos que se incorreron na campaña electoral.

“Porén, no propio informe se establecen algunhas cuestións que entendemos que aconsellan reformar, como que a Xunta regule máis polo miúdo na Lei que regula o financiamento electoral o réxime xurídico vixente en materia de financiamento das formacións políticas, en relación concretamente coas novas formas de financiamento como o crowdfunding e os microcréditos ou micropréstamos”, manifestou o portavoz popular.

Neste sentido, Puy indicou que estas novas formas de financiamento non están contempladas na normativa aplicable, polo que “poden introducir algún tipo de dificultade na fiscalización do cumprimento da lei do financiamento das campañas electorais”.

Así mesmo, entre as propostas de resolución do Grupo Popular inclúese que o Consello de Contas se interese ante o Tribunal de Cuentas para que remate os traballos de adaptación do Plan de Contabilidade das formacións políticas ás prescricións recollidas na Lei orgánica de control da actividade económico-financeira dos partidos políticos.

“Trátase dunha adaptación que corresponde ao Tribunal de Cuentas e que non ten feito, polo que consideramos necesario que o propio Consello de Contas se dirixa ao citado tribunal para que acelere a aprobación deste novo plan contable de aplicación efectiva a todas as formacións políticas”, indicou Puy.

R., 2017-06-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES