Noticias

Eva Solla (EU) apuesta por recuperar el germen de En Marea y critica la falta de debate político

La diputada autonómica por En Marea y única candidata a asumir la coordinación de Esquerda Unida (EU-IU) en la XII Asamblea Nacional de esta formación, Eva Solla, reclama que En Marea, el partido instrumental liderado por Luis Villares, vuelva a su "germen": "se echa en falta debate político". Solla descarta culpabilizar al exjuez de toda la responsabilidad sobre la situación actual de En Marea y los achaca a las "diferencias" en el espacio de la confluencia política. Apuesta por una "unidad popular real" y no solo "electoral".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de Esquerda Unida (EU):

Rubén Pérez, membro da Comisión Preparatoria da XII Asemblea Nacional e secretario de Organización de Esquerda Unida xunto a Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida presentaron en rolda de prensa o punto do proceso asembleario no que se atopan camiño á XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida. Eva Solla presentouse como candidata á coordinación de Esquerda Unida por medio do documento “Unha Esquerda Unida para a Unidade Popular”.

Rubén Pérez presentou un proceso aberto aínda aberto, “un camiño no que prima a participación e que está no punto dunha fase que culmina coas asembleas por todo o territorio galego, lugares onde se elixirán os delegados e delegadas que conformarán o groso da nosa Asemblea Nacional, 250 delegadas e delegados e uns 50 simpatizantes que participarán na XII Asemblea Nacional”.

“Dentro do proceso asembleario, estamos na fase onde se presenta a candidatura para os órganos de dirección de Esquerda Unida. Neste punto, recibimos unha candidatura que cubre todos os requisitos de calidade, reúne os avais necesarios e está encabezada por Eva Solla, co documento: “Unha Esquerda Unida para a Unidade Popular”. Segundo indican as normas aprobadas da XII Asemblea, esta candidatura se poderá votar a través da web Eslahora, onde están todos os documentos e a lista. Agora tamén estamos a preparar unha APP para que sexa máis sinxelo participar.

Rubén Pérez deu paso a Eva Solla, candidata á coordinación co documento de elaboración colectiva: Unha EU para a Unidade Popular, “un documento que representa a visión do camiño iniciado na senda da unidade”. “Queremos que se debata sobre a unidade popular actual, que se fale da necesidade de abrir un debate sobre a nosa presenza no proceso. Ademais, trataremos a perda de dereitos sociais actuais, ou a perda da capacidade adquisitiva das traballadoras e traballadores, así como moitos outros temas sociais e económicos que creo que deben centrar a actividade de Esquerda Unida nestes vindeiros catro anos”.

Eva Solla sinalou que afronta moi contenta e con ilusión a XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, que terá lugar o 3 de xuño de 2017 en Compostela co lema “A Forza das Ideas” e se celebra no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de Esquerda Unida (EU)

R., 2017-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES