Noticias

Los XXI Premios María Casares ya tienen ganadores: O tolleito de Inishmann recibe 5 galardones y Eroski paraíso otros 4

Los XXI Premios María Casar ya tienen ganadores. "O tolleito de Inishmann", de Contraproducións y FIOT Carballo, se hace con 5 galardones y "Eroski paraíso", de Chévere, logra otros 4 premios a la mejor dirección y mejor espectáculo, entre otros. "Danza de la Lluvia", de Elefante Elegante, se hace con el premio al mejor espectáculo infantil.

Nota de prensa de Alberto Ramos (AAAG):

Os XXI Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller unha cerimonia de entrega na que un total de 13 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala, que se retransmitiu en streaming polo web da TVG e por diferido na TVG, acudiron máis de 500 convidados, entre autoridades, profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida por Pepo Suevos, que neste ano propuxo un espectáculo guiado polo humor e o desenfado que xirou ao redor das relacións entre a administración e a cultura, dous mundos condenados a entenderse. O elenco estivo conformado por Roberto Leal, Alberto Rolán, Marta Lado, Patricia Torres, Silvana Sestelo e Josito Porto. Ademais, a música púxoa unha banda (conformada polos percusionistas Amaury Quintero e Marcos Jaramillo, o pianista Josep Ruiz; o baixista Juan Perez e o trompetista Daniel Polo) que achegou aos Premios o son cubano. Pola súa banda, Eduardo Alonso recibiu o Premio de Honra Marisa Soto e Imma António leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares deste 2017. OS RESULTADOS: (entre parénteses o número de premios acadados):

-‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e Fiot Carballo (5): mellor iluminación (Afonso Castro), mellor adaptación/tradución (Cándido Pazó, Santi Romay, Alberto Rodríguez), mellor actriz secundaria (María Roja), mellor actor secundario (Evaristo Calvo), mellor actor protagonista (Santi Romay)

-Eroski Paraíso, de Chévere (4): mellor música orixinal (Terbutalina), mellor actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), mellor dirección (Xron) e mellor espectáculo.

-Voaxa e Carmín, de ButacaZero e Eme2 (2): mellor maquillaxe (Trini F. Silva) e mellor vestiario (Mari Seoane)

-Danza da choiva, de Elefante Elegante (1): mellor espectáculo infantil

-Foucellas, de Talía Teatro (1): mellor escenografía (Dani Trillo)

-Raclette, de Ibuprofeno Teatro (1): mellor texto orixinal (Santiago Cortegoso)

O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Ernesto Chao, encargouse de saír ao escenario e ler un discurso no que, en primeira instancia, celebrou a produción escénica do curso pasado. “O ano 2016 deunos unha extraordinaria colleita teatral e polo que puiden ver neste primeiro trimestre deste ano que estamos a andar, seguimos a recoller excelentes froitos”, sinalou Chao quen, ademais, quixo deixar espazo para as reivindicacións no seu discurso. En primeiro lugar, quixo recodarlles a todos os presentes que tanto o oficio de interpretar no teatro coma no audiovisual está regulado por senllos Convenios colectivos. “En Galicia temos a sorte de contar con dous convenios colectivos”, explicou Chao antes de lembrar que “o deber dun actor é respectarse, valorarse a si mesmo” e que, polo tanto, “cada vez que un intérprete rompe estes convenios, estase infravalorando.

Mais a gran reivindicación do discurso centrouse no ámbito da igualdade. Neste senso, Ernesto Chao fixo un chamamento “aos guionistas, aos directores e directoras, aos dramaturgos e dramaturgas para que pensen nas mulleres á hora de facer o seu traballo”. “Onde están as nosas Medeas? Onde están as nosas Antígonas? Onde estánm as nosas Fedras, as Lisistratas, as Electras, as Hecúbeas e tantas ouras? E que non temos hoxe en día heroínas? Coido que si”, concluíu.

A gala volveu contar un ano máis con Suso Montero, quen se encargou da escenografía, e Marta Horjales, quen se encargou da produción executiva e a coordinación xeral. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE patrocinan os premios, que contan coa colaboración tamén do Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Televisión de Galicia, o Centro Dramático Galego, Gadis, e Emsac.

Ao acto acudiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o concelleiro de Cultura da Coruña, José Manuel Sande, o la vicepresidenta da Deputación, Goreti Sanmartín.

R., 2017-03-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES