Noticias

El Gobierno central veta en el Congreso una proposición de ley aprobada en Galicia para que los preferentistas recuperen su dinero

El Gobierno central veta en el Congreso de los Diputados la tramitación de una proposición de ley aprobada en marzo de 2014 por unanimidad en el Parlamento gallego donde el PPdeG ostenta la mayoría absoluta. La iniciativa de Galicia pretendía que los titulares de participaciones preferentes en entidades bancarias rescatadas por el Estado pudieran recuperar íntegramente su dinero. La iniciativa rechazada fue presentada por el BNG al que el PPdeG pide "tranquilidad" e insiste en que la comisión de las Cajas gallegas se va a constituir.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou “tranquilidade” ao BNG respecto da Comisión de investigación sobre as caixas galegas porque “vaise constituír, vai chegar a conclusións e van ter a oportunidade de dicir o que pensan sobre este tema, cousa que xa o están a facer antes de que se redacten as conclusións”.

Pedro Puy explicou que desde a aprobación a iniciativa do Grupo Popular polo Pleno da constitución desta Comisión de investigación o pasado 13 de decembro, “o Parlamento galego ten traballado arreo con algo que é prioritario na súa tramitación: os orzamentos”. En concreto, dixo que as Contas da Xunta para 2017 “entraron no Parlamento a comezos de decembro e non pasou nin unha semana desde que tivemos o último debate para a súa aprobación”.

Así mesmo, reiterou que na Comisión de investigación “pódese incorporar todo aquilo que estea demostrado e que teña que ver coa evolución das caixas galegas”. Respecto do control sobre as indemnizacións dos responsables das caixas, Pedro Puy incidiu que, “en contra do que se dixo desde a oposición, era competencia do Banco de España e a Xunta non ten nada que ver con este tema”. Para o portavoz popular, isto quedou demostrado no xuízo que condenou a algúns directivos das antigas caixas por non comunicar ao Banco de España a modificación das súas indemnizacións, polo que “prestaron testemuña os anteriores responsables de ABANCA, inspectores e responsables do Banco de España, e todo aquel que tiña capacidade de aprobación ou control desas indemnizacións, pero ninguén da Xunta foi chamado como testemuña para opinar”.

“A cada quen lle pode parecer mellor ou peor que as entidades chegaran a acordos sobre retribucións dos seus directivos que fosen validadas polo propio Banco de España”, pero quedou demostrado que “cando se fixo á marxe do que marca a norma, que é que estean aprobadas polo Banco de España, a Xustiza actuou”, explicou Puy.

O portavoz popular lamentou que no sector financeiro houbera “un exceso de retribucións e indemnizacións aos máximos responsables, sobre todo atendendo á evolución no mercado dos servizos financeiros”. Porén, apuntou que “unha das cuestións que máis me alegrou neste proceso de transformación das caixas en entidades financeiras foi que o PP aprobase unha limitación ás retribucións dos directivos daquelas entidades que precisaban axudas públicas”.

“Foi unha decisión que se puido ter adoptado antes e se adoptou por parte do Goberno do PP en Madrid, o que conlevou que estas persoas que estaban xa á fronte de entidades intervidas visen como as súas retribucións se axustaran moito máis á realidade das entidades financeiras do que o estaban no pasado”, recordou.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG denuncia que, sesenta días despois da súa constitución, a Comisión de investigación das caixas permanece paralizada tras unha única reunión de apenas cinco minutos, que proba o empeño do PP en agochar a súa responsabilidade na desaparición do sistema financeiro galego.

A portavoz nacional, Ana Pontón, culpou directamente a Feijóo deste veto, pide a reactivación inmediata da comisión e anunciou a presentación dunha queixa formal ante a Mesa, como máximo órgano de dirección da Cámara, e ante a presidencia da propia comisión de investigación.

“Se o PP quere enterrar ese morto e porque sabe que algo cheira moi mal en todo o proceso, porque ten claro que é responsable da desaparición das caixas de aforro. Senón tivese nada que ocultar sería o primeiro interesado en investigar”, alegou a deputada, que ve na paralización premeditada da comisión a pretensión “de eludir a responsabilidade directa de Feijóo” e un claro empeño “en que nunca se saiba a verdade no maior desfalco en Galiza”.

Pontón deixou claro que o BNG quere chegar ata o final e, por iso, pedirá novas comparecencias e novas solicitudes de documentación ao entender que hai moitos puntos sen investigar ademais da venda apresurada e de saldo de NovaGalicia Banco. Por exemplo, os termos da indemnización de 18M€ concedida ao ex director de Caixa Galicia, José Luís Méndez. “Queremos coñecer a acta do consello de administración que deu luz verde a esta indemnización”, subliñou a dirixente nacionalista.

Igualmente, fixo referencia ao opaco proceso de venda dos activos das caixas, citando o caso concreto de Geriatros. Así, lembrou a participación do 45% que a Xunta tiña en Sogarseso (Sociedade Galega de Servizos Sociais), -adicada á xestión de residencias da terceira idade promovidas pola administración pública-, que foi vendida á empresa Geriatros (100% CaixaNova) tras a chegada de Feijóo ao Goberno.

A portavoz nacional do BNG chama atención sobre o feito de que unha auditoría auspiciada polo ex banqueiro Angel Corcóstegui recomenda a venda dos activos das caixas fusionadas que, no caso concreto de Geriatros, é adquirida por 45M€ polo fondo de investimento Magnum Capital, propiedade do propio Corcóstegui, que vendeu tres anos despois por 300M€.

O Bloque considera que debe investigarse tamén esta unha venda de saldo dun ben das caixas, -que ademais xestiona residencias da terceira idade en Galiza moitas construídas e postos en marcha con cartos públicos-, que xerou enormes plusvalías a un fondo de investimento no proceso de liquidación das caixas galegas.

Pontón tamén avanzou que vai pedir que se aporte nova documentación á comisión de investigación, como a carta remitida por Feijóo ao Banco de España sobre as indemnización ilegais dos ex directivos, “das que é responsable directo”, a auditoría de KPMG, ou a documentación do FROB sobre operacións de dubidosa legalidade realizadas polas antigas caixas.

Igualmente, o BNG pedirá novas comparecencias, empezando pola do presidente da Xunta, a da ex conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, a do ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordoñez, e outras como a de Joaquín Almunia, comisario de Economía da UE durante o proceso, José María Castellanos, José Luís Méndez ou o ministro de Economía, Luís de Guindos, entre outros.

A portavoz nacional insistiu en que o Bloque non vai aceptar que o PP impoña unha comisión “atada de pés e mans, e temos datos e argumentos novos para solicitar esas comparecencias”, explicou. Por tanto, “é úrxente que a comisión funcione e o faga sen vetos porque hai demasiadas zonas escuras e como país temos dereito a saber toda a verdade e todas as responsabilidades que apuntan directamente a Feijóo”. “Ninguén pode estar por riba do Parlamento, concluíu.

R., 2017-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES