Noticias

Feijóo responderá en el Parlamento sobre el AVE, la industria del automóvil y su política en Madrid

El presidente de la Xunta tiene una nueva cita en el Parlamento gallego los días 7 y 8 de febrero para explicar su postura ante temas de abierto debate como los plazos de llegada del AVE a Galicia, la situación de la industria auxiliar del automóvil en la zona de Vigo o la defensa de los intereses de la Comunidad autónoma ante el Gobierno central. La Junta de Portavoces da luz verde al orden del día de la sesión plenaria que incluye el debate de los presupuestos. El PPdeG propone a la oposición reclamar una investigación independiente sobre el accidente de tren en Angrois.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, propuxo de novo aos grupos da oposición aprobar unha declaración institucional na que se solicite, a raíz do informe elaborado pola Axencia Europea Ferroviaria e as demandas realizadas pola Eurocámara, a apertura dunha investigación que reúna os requisitos de independencia e analice as debilidades das investigacións realizadas sobre o accidente de Angrois.

Pedro Puy lembrou que o Grupo Popular xa propuxo o pasado 12 de xullo a aprobación polo Pleno dunha declaración institucional a través da que se solicitaba a apertura dunha investigación independente sobre o accidente de Angrois. Porén, lamentou que esa declaración non saíu adiante “como consecuencia do veto dos grupos parlamentarios de BNG, AGE e Mixto”.

Deste xeito, apuntou que “se o que suscita de novo o debate sobre este accidente son as recomendacións europeas, desde o Grupo Popular estamos dispostos a retomar esa declaración institucional, coa incorporación das recomendacións da Eurocámara, e darlle lectura no vindeiro Pleno”.

“Somos coherentes co que vimos defendendo sempre que se solicita unha comisión de investigación”, sinalou o portavoz popular, quen reiterou que o Parlamento de Galicia, á marxe de temas relacionados coas emerxencias e a atención sanitaria, “non ten competencias sobre o accidente”. “Os parlamentos autonómicos non teñen capacidade para abrir investigacións sobre materias de competencia estatal”, engadiu, polo que esa comisión de investigación “tería pouca capacidade para investigar este accidente porque os responsables estatais non acudirían a comparecer dado que quen exerce o control sobre o Goberno do Estado son as Cortes Xerais”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

NoticiaO portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, fixo unha lectura en clave interna da decisión de Feijóo de manter a cinco conselleiros como deputados, logo de dúas lexislaturas impedindo a acumulación de cargos. Logo da Xunta de Portavoces, o responsable socialista sinalou que con esta decisión o presidente da Xunta “prepara o terreo ás municipais”.

Fernández Leiceaga sinalou que o próximo Pleno comezará coa toma de posesión de cinco novos deputados do PP que virán a substituír a outros tantos que tamén son conselleiros. A finalidade, dixo, é “darlles un seguro de vida” aos cinco que manteñen a súa acta para que poidan “facer campaña nas mellores condicións” cando virtualmente teñan que abandonar o goberno.

O presidente da Xunta divide ao seu gabinete, dixo, en dúas clases de conselleiros, os “chamados a saltar á area local” e “o resto, que contan a priori con máis garantía de continuidade”.

Polo camiño queda, dixo, o principio de “unha muller, un home, un cargo”, que formaba parte dos criterios defendidos por Feijóo no seu primeiro mandato, como fixo coa austeridade ao subirse o salario propio e dos seus altos cargos a partir deste ano. Explicou que o presidente da Xunta vai paulatinamente deixando de lado os seus “compromisos coa exemplaridade pública”.

Lamentou que o presidente da Xunta si que manteña o criterio de rexeitar todas e cada unha das emendas presentadas pola oposición aos orzamentos autonómicos, dando a medida do seu talante político. Unhas contas que, ironizou, “non só fixeron en tempo récord –logo de que o conselleiro anunciara que os tiña listos antes da campaña electoral de setembro-, senón que ademais son “perfectos” ao rexeitar tódalas emendas.

Fernández Leiceaga advertiu que “vendo cómo van evoluíndo os acontecementos” co desfile de “novas datas, pretextos e desculpas” para a chegada do AVE a Galicia, o presidente da Xunta sairá da xuntanza co ministro de Fomento desta tarde “cun retraso parcial e en diferido” da infraestrutura.

Sinalou o risco de que a conclusión da viaxe de Feijóo a Madrid sexa “adiar a chegada do AVE ata o horizonte de 2019 ou 2020”, unha data que ademais, dixo, “non se vai cumprir” e que ademais “non van completar o tramo Taboadela – Ourense – Empalme”.

Sinalou que o próximo Pleno incluirá o debate sobre a conexión ferroviaria grazas a unha moción presentada polo grupo socialista para reclamarlle á Xunta que reivindique o cumprimento do compromiso de manter 2018 como data límite. Tamén ofrecerán a proposta de acelerar o tramo Ourense – Taboadela – Empalme coa licitación conxunta de proxecto e obra, e pedirán a convocatoria da Comisión de Seguimento.

Fernández Leiceaga reclámalle ao goberno galego que reivindique o convenio asinado co goberno nos termos orixinais “especialmente logo de que quedara claro que a idea de que o retraso se debía a que o goberno estaba en funcións era falsa”, cando “non tiveron empacho en prorrogar Ence. Así o confirmaron as empresas afectadas, sinalou, que “explicaron que o problema foi que non quixeron asumir os modificados do contrato”.

O próximo Pleno incluirá ademais unha proposición no de Lei do Grupo Socialista para reclamar un plan de reversión total do copagamento farmacéutico, comezando coa retirada aos xubilados que perciban menos de 800 euros ao mes. Esta medida suporía un investimento de 40 millóns de euros ao ano, unha contía perfectamente asumible para o goberno que renunciou ao investimento adicional aberto polo goberno central.

Tamén será debatida unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno a execución total, en 2017, do Plan de Infraestruturas Xudiciais 2010 – 2015, que conta xa con dous anos de adiamento.

O portavoz socialista levará á sesión de control ao presidente do próximo Pleno unha pregunta sobre a situación da industria auxiliar do automóbil en Galicia, que afecta nomeadamente á área de influenza de Vigo. Dixo que Feijóo debe ofrecer unha resposta logo de que das últimas 20 implantacións de empresas auxiliares se saldaran con “20 para o Norte de Portugal, 0 para Galicia”.

A Xunta debe presentar, dixo, “unha avaliación da situación e as medidas que está disposta a tomar”, e instou a Feijóo a que deixe de “mirar para outro lado” fronte ao “trasvase continuado” de iniciativas industriais de Galicia ao Norte de Portugal.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón cualificou de “desilusionantes” os orzamento que serán aprobados o vindeiro luns e que; ao seu xuízo, son unha mostra do “esgotamento e falta de ideas dun goberno en stand by”. Para a deputada, as contas da Xunta para o 2017 consolidan o modelo de “desigualdade, precariedade e carecen de ambición de país”. Estes orzamentos, anunciou, “non contarán co apoio do BNG”.

A parlamentaria compareceu ante os medios de comunicación, trala xunta de portavoces, e avanzou que o BNG proporá reducir o IVE na factura da luz “ do 21% ao 4%” o que representaría, explicou, rebaixar unha factura de 150 euros a 100 euros. Por outra parte, dende o BNG, dixo, tamén queremos centrar o próximo pleno na defensa dos intereses de Galiza e en propostas que freen os abusos da banca e das eléctricas, que parecen que son “os que realmente gobernan o Estado”.

Galiza necesita un presidente que estea disposto a defender os intereses lexítimos dos galegas e das galegas, aínda que iso lle supoña non caer simpático en Madrid. “Non queremos un presidente que vai de photocall ministerial e sen reclamar nin defender nada”, recalcou a portavoz nacionalista.

Gustaríame recordarlle a Feijóo, engadiu que é falso que a sanidade custe igual en Galiza que en Madrid ou Barcelona, “o custe da prestación de servizos é diferente porque somos realidades diferentes”. E tamén dicirlle que a autonomía financeira non se consigue “sendo alumno avantaxado de Montoro en recortes”, senón reclamando un concerto económico para Galiza, similar ao que teñen en Euskadi e Navarra.

Ademais, Pontón manifestou que Feijóo debería pedir perdón aos galegos e galegas por ter mentido sobre o Ave, “hai 4 anos en campaña electoral dicía que se gobernaba Rajoy non habería novos retrasos e hoxe vai a ser o recadeiro dos incumprimentos nesta materia”.

R. , 2017-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendio_brigadista.jpg) El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá en la Cámara para dar explicaciones por la ola de incendios en Galicia previsiblemente en noviembre, después de que el PPdeG rechazase que lo haga en un pleno extraordinario a finales de octubre, como pedían en bloque los grupos de la oposición. En Marea cree que es "indignante" que el PPdeG bloquee esta comparecencia con fines partidistas.
Foto de la tercera plana (peregrinos_web_turgalicia.jpg) Hasta el 18 de noviembre, la capital gallega acoge varios seminarios y congresos que repasarán la evolución del fenómeno xacobeo y reflexionarán sobre su futuro. Miembros de las principales instituciones europeas, de la Unesco, de la European Travel Comissión y de la World Tourism Organisation participan en los actos programados. El Camino de Santiago acaba de superar los 280.000 peregrinos, la cifra más elevada de su historia.

Notas

Con motivo do terceiro aniversario da apertura do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o sábado 21 de outubro ten lugar unha visita guiada de acceso libre e gratuíto para o público xeral. Nos 3 anos que leva aberto visitárono 60.000 persoas, moitas con visitas guiadas e centros de ensino en todos os niveis, especialmente primaria e secundaria.
Logo de 30 anos de cinema en Santiago, o festival Cineuropa chega un ano máis á cidade e faino con algunhas novidades. Entre as destacadas, figura a selección dun Xurado Novo que comporán mozos e mozas de entre 18 e 25 anos. A organización do festival abre a convocatoria para seleccionar aos integrantes e admite candidaturas ata o 30 de outubro.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania