Noticias

Santalices invita al rey Felipe VI a visitar el Parlamento de Galicia por su 35º aniversario

Miguel Santalices, presidente del Parlamento de Galicia, invita al rey Felipe VI a visitar la Cámara autonómica que conmemora su 35º aniversario, desde su constitución el 19 de diciembre de 1981. Santalices realizó esta invitación al monarca durante una recepción en el Palacio de la Zarzuela, la primera del rey Felipe VI al presidente de un parlamento autonómico desde su coronación. Santalices destaca el trabajo del Parlamento desde sus inicios, para consolidar la autonomía, hasta la actualidad con el fin de aproximarlo a la sociedad gallega.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Parlamento de Galicia:

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, foi recibido en audiencia pola Súa Maxestade o Rei Felipe VI coincidindo coa celebración do 35 aniversario da Cámara galega. Agradeceu o presidente do Parlamento a audiencia concedida por Súa Maxestade o Rei, por entender que constitúe un recoñecemento ao conxunto das institucións autonómicas galegas e convidou ao Xefe do Estado a visitar a Cámara galega no marco da conmemoración do 35 aniversario da institución.

Durante o encontro co Xefe do Estado, celebrado no Palacio de La Zarzuela, o presidente do Parlamento sinalou que ao longo destas tres décadas e media de vida a Cámara galega se consolidou como a principal institución da Comunidade Autónoma.

Santalices Vieira explicou ao Rei Felipe VI que o Parlamento de Galicia traballa xa nun programa de actividades –integrado por diversos actos e alguna publicación- para conmemorar o 35 aniversario da súa constitución -celebrada o 19 de decembro de 1981. Con estas actividades, o Parlamento busca reforzar a súa proxección pública e dar a coñecer o seu traballo entre o conxunto da sociedade á que se debe.

Ao remate da audiencia, en declaracións aos xornalistas, Santalices referiuse á evolución rexistrada polo Parlamento de Galicia desde a súa constitución en 1981, cunha preocupación inicial centrada en asentar a autonomía, á preocupación actual, a de “ver como abrimos o Parlamento á sociedade”.

O presidente do Parlamento de Galicia incidiu na súa vontade de potenciar as diferentes posibilidades de participación cidadá, ampliadas nunha recente reforma lexislativa, ademais de continuar avanzando en materia de eficacia e transparencia na administración parlamentaria.

Santalices Vieira valorou tamén o papel do Xefe do Estado, do que destacou a súa condición de primeiro e mellor embaixador de España, como sucederá no próximo desprazamento oficial a Arabia Saudí, para que lle desexou “sorte”, dado que esta viaxe “está moi ligada a Galicia”. “A nós vaimos moito nesta viaxe”, afirmou.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Parlamento de Galicia

R., 2017-01-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES