Noticias

El presidente de la Xunta apuesta por el entendimiento político para avanzar en la recuperación económica

En su tradicional mensaje de Fin de Año, el presidente de la Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo insiste en demandar el entendimiento político como base para avanzar en el bienestar económico y social. Reclama a los partidos políticos de la oposición diálogo para asentar la recuperación que permita mejorar los datos de empleo. "A dimensión dos retos reclama puntos de encontro", dice Feijóo, que alude a problemas como la despoblación de Galicia o la violencia machista que reclaman un "fronte común".

Mensaje de Fin de Año del presidente de la Xunta:

"Boas tardes.

Como sucede en todas as sociedades plurais, Galicia celebra estas Festas de diferentes maneiras. Pero todas coinciden en resaltar o noso espírito comunitario. Reunión, reencontro, familia, amizade, son ideas comúns a todos nós nestas datas. Todos somos partícipes das tradicións que outros nos legaron, sentimos a lembranza dos que faltan e compartimos esperanzas.

A democracia ten as súas raíces no desexo de sentir e facer cousas xuntos. A democracia precisa ser afectiva e efectiva. Sen afectos non pasa de ser unha formula fría. Sen eficacia, incumpre un dos seus principais propósitos. Os galegos estamos logrando que a autonomía nos cohesione aínda máis, por riba de diferenzas ideolóxicas, territoriais ou xeracionais. Construímos un país de afectos no que as discrepancias sempre teñen un camiño para chegar ao acordo, e onde o acordo xurde tras normais discrepancias. Cada día, nos centros de traballo e de investigación, nas asociacións cívicas e en colectivos diversos, os galegos acordan e deciden xuntos. É algo cotián e espontáneo, que explica a vitalidade da nosa terra. Desexo que ese espírito se traslade á vida pública, sen menoscabo dun debate que sempre é enriquecedor. Non estamos os políticos a entendernos porque o entendemento nunca pode ser unha condena. Estamos animados a facelo para estar á altura do exemplo que nos proporciona o noso pobo.

A dimensión dos retos reclama puntos de encontro. A recuperación ben patente da nosa economía só será irreversible e completa coas medidas axeitadas, coa potenciación dos sectores tradicionais, o impulso aos novos e o rexurdimento do medio rural. Esa Galicia minguante que reflicten os datos demográficos esixe unha reacción política e social unánime, semellante á que se produciu noutros países do noso entorno con notable éxito.

A loita contra a criminal violencia machista reclama unha fronte común contra os verdugos, onde non caben fronteiras partidarias. A exclusión social é un inimigo común que non permite matices nin dúbidas. Gobernar para os galegos, en definitiva, non é outra cousa que gobernar coma os galegos. Se esa cohesión política resulta imprescindible para consumar obxectivos internos, tamén o é para acadar o peso necesario de Galicia en decisións que afectan ao conxunto de España. Galicia non quere máis que ninguén pero tampouco menos. Non aspira a ningún privilexio, pero tampouco os aproba. Avoga por esa nación equilibrada e solidaria que consagra a Constitución feita e referendada por todos. En materia de financiamento autonómico ou en infraestruturas coma o AVE o interese permanente de Galicia está e estará baseado na xustiza e no trato ecuánime. A Xunta, as forzas políticas e a sociedade galega no seu conxunto, teñen o dereito e o deber de facer valer eses principios en todos os foros, e diante de todos os poderes públicos. Non se trata de compromisos con Galicia, senón tamén de compromisos coa España cohesionada e artellada da que orgullosamente formamos parte. Somos os galegos unha democracia afectiva e tamén unha democracia efectiva que vai resolvendo problemas con pasos progresivos. ¿Son eses pasos tan rápidos como quixeramos para acabar co drama do paro? Non. ¿Está culminado o camiño para que, por exemplo, o nivel salarial sexa o axeitado? Non. Son preguntas e respostas aplicables a outras situacións humanamente dolorosas que piden actuar con constancia. ¿Pero avanzamos? Sen dúbida. Social e economicamente hoxe estamos mellor do que estabamos hai un ano. Amigas e amigos. En datas recentes o pobo galego manifestou a súa vontade nas urnas. Dixo o que era, e o que quería ser. Valorou o pasado, pero sobre todo expresou os seus desexos de futuro. Ese futuro necesítanos a todos. Si nel faltara unha galega ou un galego, estaría incompleto. Se non aspiramos a recuperar nese futuro aos compatriotas que traballan fora, sería un mañá truncado. Ninguén é prescindible na Galicia que nos une. Formamos un país grande que participou e participa nas grandes aventuras de España, Europa e o mundo. Pero tamén un país onde todos nos podemos chamar veciños.

E como veciño quero sumarme aos mellores desexos do ano que vai a comezar para todos. Sei que en todas as familias, tamén na miña, hai ausencias, hai preocupacións, pero tamén hai ilusións que se fan quizais máis patentes nestes días. No bo e no menos bo, agardo que Galicia siga o exemplo que se dá na maioría das nosas casas. Unha Galicia que afronte os problemas e loite polos seus soños unida. Todos xuntos. Moitas grazas e bo ano 2017 para todos.

R., 2016-12-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES