Noticias

Escenas do cambio, el III Festival de invierno de teatro, danza y Arte en acción, reúne a principios de 2017 un total de 25 piezas de 10 países

La Cidade da Cultura presenta la III edición de "Escenas del cambio" que oferta 25 piezas de 10 países en un programa en el que compañías gallegas como como Chévere, iLMaquinario o Matarile Teatro ocupan un lugar protagonista. Esta edición profundiza en las relaciones con América Latina, con proyectos de Federico León, Guillermo Calderón, Rodrigo García, Manuela Infante o Magdalena Arau.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, anunciou que o Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio volve á Cidade da Cultura na súa terceira edición, entre o 28 de xaneiro e o 15 de febreiro de 2017, cun programa con 25 pezas de artistas e compañías de 10 países diferentes, e na que o teatro galego terá unha presenza destacada con nomes como Chévere, que presentará ‘Cheverografías’, Matarile Teatro con ‘Antes de la metralla’ o iLMaquinario, con ‘Resaca’, entre outros nomes.

A ollada á escena galega convive coa atención ao teatro contemporáneo de América Latina, con propostas de nomes imprescindibles, como Federico León, Rodrigo García, Guillermo Calderón, Mariano Pensotti, Manuela Infante ou Magdalena Arau. Xunto a estas montaxes, ‘Escenas do Cambio’ avanza na súa vocación de traer a Galicia proxectos dalgunhas das compañías máis inquedas do panorama internacional, como o colectivo BERLIN, ou os proxectos de Ant Hampton e Tim Etchells, Takao Kawaguchi ou Trajal Harrell.

Anxo Lorenzo estivo acompañado na presentación polo director artístico do festival, Pablo Fidalgo Lareo, a directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura, María Pereira, a xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, en representación do Concello de Santiago, e a directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia. Todos subliñaron a vocación de estender o festival máis alá dos espazos do Gaiás, con pezas que se desenvolverán nas rúas de Santiago, no Teatro Principal, no Salón Teatro e na estación de ferrocarril, o lugar elixido para a rolda de prensa, no interior do Verderón, o vello vagón situado á entrada da estación de trens, nun xesto cómplice coa obra ‘A veces creo que te veo’ do arxentino Mariano Pesotti que terá lugar nestas instalacións.

O secretario xeral de Cultura destacou que ‘Escenas do Cambio’ representa un “modo de traballar en rede”, e agradeceu a implicación do Concello de Santiago e do Centro Dramático Galego, lembrando que esta edición inclúe colaboradores como o Inaem, o CGAC, o Instituto Goethe - Madrid, o Ministerio de Cultura da República de Arxentina, o Goberno de Chile, Capital Cultural Iberoamericana Lisboa 2017, Adif, o Teatro Municipal María Matos de Lisboa, Espacio Azala, San Sebastián 2016 Capital Europea da Cultura e Universidade de Vigo.

“O arraigamento local, a súa vocación internacional e o compromiso coa vangarda definen a identidade de Escenas do Cambio e fan deste festival unha peza necesaria e de referencia para o teatro contemporáneo en Galicia”, asegurou Anxo Lorenzo, quen destacou que o festival ofrece “un espazo para a formación, cunha programación de obradoiros e laboratorios nos que a comunidade de artistas atopará estímulos, coñecementos e experiencias enriquecedoras, que lles permitirán expandir a súa creatividade”.

‘Escenas do Cambio’ convida a reflexionar sobre os espazos convencionais do teatro. Con Chévere, o festival percorrerá as rúas de Compostela, no proxecto ‘Cheverografías’, nunha experiencia teatral superposta sobre o mapa urbano de Compostela, a cidade natal desta compañía, e na que o público participará a través de reprodutores mp3.

O espazo volverá estar presente en ‘The Quiet Volume’ de Ant Hampton e Tim Etchells, que intervirán na Biblioteca e Arquivo de Galicia, e na que se explorará a tensión deste espazo, mestura de silencio e lectura concentrada. Esta idea sobre o lugar do teatro está presente no proxecto do arxentino Mariano Pensotti, que colaborará cos escritores galegos Teresa Moure, Antía Otero, Carlos Santiago e Antón Lopo, que crearán unha sorte de novela en vivo involucrando a persoas anónimas na estación de tren de Santiago.

Especial referencia merece a peza ‘Perhaps all the dragons’ do colectivo belga BERLIN, unha das compañías europeas que están a explorar con maior valentía os límites do teatro. Neste proxecto, a través dun instalación audiovisual comporá unha mesa redonda convidando ao público a un tête à tête con trinta historias, a modo dun barco á deriva ou unha nave espacial nunha viaxe de rumbo incerto.

Destaca no programa a retrospectiva sobre Federico León, que presentará ‘Las ideas’ e ‘Yo en el futuro’; ademais participará nunha conferencia e proxectaranse películas súas. Considerado o enfant terrible do teatro contemporáneo en Arxentina, Federico León ten levado ao extremo a idea de representación. O teatro social e político volve ter presenza entre as propostas que chegan de América, como ‘Mateluna’, do chileno Guillermo Calderón, que explora a idea de xustiza e dos ‘perversos mecanismos do Estado’, a través da historia dun ex guerrilleiro. ‘Escenas do Cambio’ trae tamén ‘Muerte y reencarnación en un cowboy’ unha das pezas de maior calidade do dramaturgo Rodrigo García, montaxe “irreverente e brutal” dun autor do que a crítica di que “os seus textos estalan como bombas”.

A danza seguirá a ser outra das liñas do festival, con proxectos como o de Takao Kawaguchi sobre a figura de Kazuo Onho, bailarín xaponés de butoh, coñecida como ‘a danza cara á escuridade’, un xeito de bailar de contido espiritual que xurdíu no Xapón da posguerra, na atmosfera dos vencidos e das vítimas das bombas atómicos.

Outras das propostas máis atractivas será o proxecto ‘Envoltura’, unha homenaxe á bailarina Antonia Mercé, La Argentina, renovadora do baile en España na primeira metade do século XX, unha das pioneiras da danza contemporánea e cunha biografía conectada coa república e cos movementos políticos da época –faleceu horas despois de coñecer o alzamento das tropas franquistas-. Artistas como Isabel de Naverán, Idoia Zabaleta, Patricia Caballero, Iñaki Azpillaga, Pedro G. Romero, Bobote e Camila Téllez participan nesta proposta. O festival programa tamén, neste contexto, a peza do coreógrafo norteamericano Trajal Harrell ‘The Return of La Argentina’.

NoticiaTamén no campo da danza, o festival presentará ‘Horion’, a proposta de Malika Djardi, unha das revelacións da escena francesa dos últimos anos, ou ‘Os solos da Marrabenta’ do monzabiqueño Panaibra Gabriel, unha coreografía en torno á música marrabenta, nacida nos anos cincuenta da combinación de influencias europeas e africanas, ligada á historia de Mozambique, antiga colonia de Portugal.

‘Escenas co cambio’ ofrecerá os proxectos das galegas Carolina Fernández, próximo ao teatro documental, as performances de Loreto Martínez Troncoso e Alejandra Pombo; ou nomes tan relevantes como Juan Domínguez ou Pablo Esbert e Federico Strate.

As entradas están á venda en www.escenasdocambio.org, onde tamén pode consultarse todo o contido do festival, que inclúe a participación en laboratorios e talleres, así como unha programación de conferencias e proxeccións audiovisuais.

Fotografía 1: web www.escenasdocambio.org
Fotografía 2: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES