Noticias

El conselleiro gallego de Educación considera histórico el acuerdo sobre las reválidas y cree que abre una oportunidad para llegar al pacto educativo

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, calificó el acuerdo alcanzado en el Ministerio sobre las reválidas como un paso de gran relevancia y una gran oportunidad de construir un edificio estable a través de un pacto educativo como demanda la sociedad actual. Las comunidades autónomas y el Ministerio pactan que las pruebas de 4º de la ESO no tengan valor académico y que la de 2º de Bachillerato sea casi idéntica a la antigua selectividad.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Nove de cada dez alumnos de educación Primaria superaron de xeito satisfactorio as avaliacións individualizadas de 3º e 6º curso realizadas seguindo a aplicación da Lei para a Mellora do Sistema Educativo (LOMCE). Os mellores resultados obtivéronse na competencia lingüística nas tres linguas avaliadas (galego, castelá e primeira lingua estranxeira) e en ciencia e tecnoloxía, seguido da competencia matemática.

Estes resultados confirman a fortaleza do sistema educativo galego no ámbito das linguas e das ciencias -na liña do reflectido nos informes PISA-. No caso da competencia matemática, a Consellería continuará impulsando a mellora dos resultados, aínda que xa se observa unha evolución positiva no último lustro comparado cos datos obtidos nas avaliacións de diagnóstico que se fixeron durante cinco anos desde o curso 2009-10 ao abeiro da LOE.

Trala análise dos datos globais, e atendendo á puntuación directa, constátase que en 6º curso máis do 90% dos alumnos superaron satisfactoriamente a proba de competencia en comunicación lingüística en lingua castelá (o 97% concretamente), e en lingua galega (o 93%). En torno ao 90% obtiveron resultados positivos na proba de primeira lingua estranxeira (o 88%) e na de competencia básica en ciencia e tecnoloxía (o 89%). En competencia matemática o 71% superaron a proba sen dificultade. Nesta mesma liña van os resultados de 3º curso, co 95% de aprobados en competencia en comunicación lingüística e o 73% en competencia matemática.

Como xa pasara no anterior curso 2014-15 coa proba de 3º, non se detectan diferenzas estatisticamente significativas nos resultados por provincias nin por sexos, en ningún dos dous cursos avaliados. Tampouco hai apenas diferenzas nas puntuacións directas obtidas nas probas de 3º e de 6º e as puntuacións medias ordinarias obtidas polos alumnos durante o curso escolar.

Os datos globais obtidos nas dúas probas permiten facer unha análise comparativa coas avaliacións de diagnóstico establecidas pola LOE, e ver a evolución do grao de competencias adquiridas polos alumnos ao longo dos últimos anos.

Cómpre subliñar, ademais, que a avaliación individualizada de 6º curso de Primaria realizouse por primeira vez no curso 2015-16, cos mesmos alumnos que dous anos antes (cando estaban en 4º curso de Primaria) fixeron a avaliación de diagnóstico que establecía a anterior Lei; polo que permite facer unha comparativa máis exacta na evolución académica dos rapaces.

Desta análise despréndese unha tendencia positiva en canto á adquisición de competencias en todos os ámbitos, posto que se reduce a porcentaxe de alumnos situados no nivel 1 de competencia (o máis baixo) de entre 4 e 5 puntos porcentuais, que se desprazan aos niveis intermedios (nivel 2, 3, 4) e mesmo ao nivel máis alto (o 5).

A tendencia máis favorable detéctase na competencia en matemáticas, xa que se reduce nun 5% a porcentaxe de alumnado no nivel máis baixo de competencias (ao pasar do 15% ao 10%), e aumenta tamén en cinco puntos a porcentaxe situado nos niveis intermedios.

Esa evolución establécese igualmente para as competencias en lingua galega e en lingua castelá. Nestes ámbitos redúcese en 4 puntos porcentuais a porcentaxe de alumnos nos niveis máis baixos e increméntase en entre 3 e 4 puntos o número de alumnos situados no nivel máis alto de competencias.

A Consellería de Cultura e Educación considera que este tipo de avaliacións son unha ferramenta útil para elaborar unha diagnose o máis acertada posible sobre o sistema educativo, as súas fortalezas e as súas eivas.

NoticiaÁ vista dos resultados, a Consellería de Cultura e Educación continuará deseñando medidas específicas neste ámbito e seguirá reforzando o coñecemento matemático (xa houbo un reforzo de 2 horas en Primaria e 3 en Secundaria) con propostas concretas a través dos Contratos-programa (acabamos de publicar a convocatoria deste ano); con iniciativas como a incorporación de materias vinculadas ao eido tecnolóxico nos currículos como é o caso de Programación e Robótica; con ferramentas de apoio á docencia para impartir coñecementos específicos nestes ámbitos; e co reforzo da formación do profesorado no traballo por competencias, entre outros.

Cómpre subliñar que estes resultados en ningún caso teñen efectos no expediente académico dos alumnos nin se vai establecer ningún tipo de ránking de centros, como xa quedou demostrado no curso 2014-15, cando por primeira vez se fixo a proba de 3º de Primaria.

Os centros educativos poden descargar o informe individual de alumno que lle deberán facer chegar ás familias a través do procedemento que, dentro da súa autonomía, eles mesmos establezan como máis axeitado. Nese informe aparece a nota obtida polo alumno en cada unha das competencias así como o nivel no que se sitúa en comparación co conxunto do alumnado avaliado en Galicia. A maiores, o centro escolar dispón dun informe máis completo (que as familias poden consultar se así o desexan), así como dun informe do propio centro.

Fotografías: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES