Noticias

Chema Prado, galardonado con el Premio Cineuropa por una vida entregada al séptimo arte

Nacido en Rábade, Lugo, en 1952, Chema Prado es historia viva de la Filmoteca Nacional, entidad creada en 1953 de la que fue director durante casi 27 años. Chema Prado recibió el Fénix por la contribución a la cultura cinematográfica de Iberoamérica, el nombramiento de la Federación Internacional de Archivos Fílmicos (FIAF) o la Espiga de Oro de Honor de la última Seminci.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O venres 25 de novembro é o día escollido para entregarlle o Premio Cineuropa a Chema Prado, quen fora director da Filmoteca Nacional, por unha vida entregada á preservación do cine. A programación desta xornada tame´n inclúe o tradicional maratón e unha sesión especial en apoio á campaña En negro contra a violencia, coa proxección de filmes que abordan a problemática da violencia machista.

Nado en Rábade, Lugo, en 1952, Chema Prado é historia viva da Filmoteca Nacional, entidade creada en 1953 da que foi director durante case 27 anos. A pesar da falta de apoio institucional, a Filmoteca converteuse en todo un referente a nivel internacional. Máis recoñecido fóra que dentro de España, Chema Prado recibiu o Fénix pola contribución á cultura cinematográfica de Iberoamérica, o nomeamento da Federación Internacional de Arquivos Fílmicos (FIAF) ou a Espiga de Ouro de Honor da pasada Seminci, entre outras distincións.

O festival recoñece o seu labor de catro décadas de entrega ao cinema e á súa preservación. Segundo José Luis Losa, "celebra ao resistente e abraza ao amigo incondicional de Cineuropa". Tras a entrega do Premio a Chema Prado, no Teatro Principal ás 19:45 horas, proxectarase Sangue del mio sangue, de Marco Bellocchio.

En compromiso coa campaña En negro contra a violencia, impulsada dende o Concello para loitar contra a lacra das violencias machistas, este venres 25 de novembro proxectarase unha sesión específica de películas que abordan esta problemática. En primeiro lugar, Las sinsombrero, ás 17:30 horas no Salón Teatro. O documental dirixido por Serrana Torres, Tània Balló e Manuel Jiménez reivindica as figuras de Concha Méndez e a nosa Maruja Mallo, mulleres felizmente libres desa Xeración do 27 da que practicamente coñeciamos só os nomes masculinos. A entrada ao documental, que leva en primeiro posto nas votacións do público dende o seu primeiro pase, será libre ata completar aforamento. De seguido, no mesmo Salón Teatro, comezará o último pase de Paula, do arxentino Eugenio Canevari, que trata o tema do aborto en Arxentina, país no que é ilegal.

As 20:30 horas, no Salón Teatro estrearase Rester vertical, o novo de Alain Guiraudie, autor de, entre outras, de El desconocido del lago. Guiraudie destrúe a estrutura narrativa clásica neste filme que José Luis Losa define como "un conto de fadas sobre a paternidade". Ao longo desta xornada tamén poderemos asistir aos últimos pases de La larga noche de Francisco Sanctis, de Francisco Márquez e Andrea Testa (ás 18:15 horas no Teatro Principal), e Malgré la nuit (A pesar da noite), de Philippe Grandrieux (ás 22:00 horas no Salón Teatro).

Celebrarase outra das tradicións do festival: o maratón de Cineuropa. Programaranse oito películas, unha delas sorpresa, nunha noite de cine de seguro divertida.

R., 2016-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES