Noticias

Actores y Actrices de Galicia y el Festival Cineuropa rinden tributo a María Casares en el 20º aniversario de su muerte

El Festival Cineuropa y la Asociación de Actores e Actrices de Galicia se unen en la organización de un ciclo especial que rinde tributo a María Casares: "Vinte anos sen María Casares" recuerda a la actriz gallega más universal y de mayor prestigio en el 20º aniversario de su muerte. Las proyecciones de este ciclo -Le Testament d'Orphée, Les enfants du Paradis y la entrevista realizada por Soler Serrano en TVE- tienen lugar en el Salón Teatro de la capital de Galicia.

Nota de prensa de la Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG):

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e o Festival Cineuropa lembrarán a actriz María Casares, falecida o 22 de novembro de 1996, no vixésimo aniversario do seu pasamento cun ciclo especial: Vinte anos sen María Casares. O ciclo celebrarase no Salón Teatro o martes 22 de novembro dende ás 16.00 horas e incluíra, entre o martes e o mércores, as proxeccións das películas francesas Le Testament d'Orphée (1960), de Jean Cocteau, Les enfants du Paradis (1942), de Marcel Carné, e un pase, grazas á colaboración de CRTVE, da entrevista a María Casares no histórico programa de TVE A fondo. Ademais, o ciclo incluirá un coloquio ao redor da figura da histórica actriz nacida da Coruña.

Con esta programación especial, a AAAG e Cineuropa queren renderlle tributo á unha intérprete universal, unha actriz que representa un dos grandes referentes teatrais intelectuais da Francia do século XX. Así o explicaron hoxe en rolda de prensa no Concello de Santiago a vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera; o director de Cineuropa, José Luis Losa; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. Rivera, durante a súa intervención, lembrou o compromiso que asumiu a AAAG neste 2016, aproveitando o vixésimo cabodano da actriz, polo cal pretende “reivindicar e difundir dentro da sociedade” unha figura poliédrica dende tres perspectivas esenciais: “a de muller comprometida, a de actriz universal e a de exiliada”.

O ciclo Vinte anos sen María Casares comezará o martes ás 16.00 horas no Salón Teatro, coa proxección da entrevista á actriz realizada por Soler Serrano no histórico programa A fondo da TVE. Acto seguido, ás 17:15, proxectarase Le Testament d'Orphée (O testamento de Orfeo), fita de 1960 dirixida por Jean Cocteau e da que María Casares forma parte do seu elenco.

A xornada rematará ás 19.00 horas cun coloquio especial ao redor da figura de María Casares. Presentado pola actriz Mabel Rivera, a mesa redonda contará coa participación de María Lopo, investigadora e autora da biografía da actriz O tempo das Mareas (Consello da Cultura Galega, 2016); José Luis Castro de Paz, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e historiador do cine, e Sabela Hermida, actriz e investigadora da figura teatral de María Casares.

Xa o mércores 23 de novembro, o ciclo de María Casares finalizará ás 16:45 no Salón Teatro coa proxección de Les enfants du paradis, película de Marcel Carné de 1942. Esta fita, considerada un dos grandes títulos do cine francés, supuxo o debut cinematográfico de María Casares. Todas as sesións son de balde.

O ciclo de Cineuropa centrado en María Casares complétase ao longo da semana na Radio Galega, cunha colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co programa Diario Cultural, que reproducirá fragmentos da entrevista que lle concedeu María Casares en 1995 á Televisión de Galicia e emitirá diferentes poemas que sempre acompañaron a actriz no seu exilio, lidos na voz de actrices como Isabel Naveira, María Mera, Sabela Gago ou Diana González.

Nace na Coruña o 21 de novembro de 1922, filla de Santiago Casares Quiroga, presidente do Goberno da II República, e Gloria Pérez Corrales, muller de familia obreira. En novembro de 1936, tras exercer como enfermeira durante os primeiros meses da Guerra Civil, exíliase en París. Alí, implícase coa Resistencia contra os Nazis, estuda no Conservatorio e debuta no Teatro Les Mathurins en 1942. A partir dese ano, Casares traballou cos directores teatrais e cinematográficos franceses máis importantes do seu tempo até converterse nun referente teatral do século XX. Casares faleceu o 22 de novembro de 1996.

R., 2016-11-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES