Noticias

Se firma el primer convenio colectivo que regula el sector de las orquestas en Galicia

El primer convenio colectivo de las orquestas de verbena de Galicia recoge, entre otras cuestiones, que el salario de los trabajadores variará en función de la facturación de cada empresa pero nunca será inferior a 1.175 euros en temporada alta. Uno de los objetivos de este convenio, además de regular un sector hasta ahora caótico, es aclarar las cuentas de estas empresas y reducir el presunto fraude que implica el cobro "en negro" de numerosas actuaciones en distintos festejos de localidades de toda Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

Presentouse publicamente o primeiro convenio colectivo das orquestras de verbena de Galicia, asinado nos últimos días polos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG, CSI-F e UGT, xunto coa a Asociación Galega de Orquestras (AGO) como parte empresarial. Para CCOO trátase dun feito «histórico» que culmina décadas de traballo sindical para regular e mellorar as condicións laborais deste colectivo profesional.

O ámbito de aplicación deste convenio atangue uns 4500 traballadores e traballadoras —a cuarta parte, aproximadamente 1125, son mulleres— entre artistas, persoal técnico e de condución de vehículos.

Teté Pérez, voceira da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia, cualifica de «fito» o asinamento deste convenio, xa que no noso país non hai referentes de negociación colectiva neste ámbito. No estado español tampouco existen convenios colectivos de orquestras de verbena, polo que esta negociación supón un éxito que «ha marcar un antes e un despois nas relacións laborais dos músicos e músicas das orquestras de verbena en toda España».

Este primeiro convenio colectivo ratifica a consideración laboral de artistas, técnicos e o resto do persoal como traballadoras e traballadores «normais», isto é, con dereito a unha nómina mensual, cotización á seguridade social polo salario realmente percibido, deducións en concepto de IRPF, descansos semanais, vacacións e licenzas retribuídas, pagas extraordinarias, póliza de seguro de accidente laboral ou recoñecementos médicos periódicos.

No convenio tamén se recolle a consideración dos ensaios, gravacións, actuacións e tempos a disposición da empresa como xornada laboral. Ademais, inclúense axudas económicas para compensar o desgaste dos instrumentos e do vestiario —cando non sexan proporcionados pola empresa— e unha axuda económica de corenta euros para compensar a participación en sesións matinais ou vermú —con respecto, en todo caso, ao que estipula o Estatuto dos Traballadores para os tempos de descanso entre xornadas.

O ano natural divídese en dous tipos de tempada: a baixa, do 1 de novembro ao 30 de abril, e a alta, do 1 de maio ao 31 de outubro. Así mesmo, segundo as funcións realizadas polo persoal e a formación ou especialización requirida, establécense catro grupos profesionais.

Canto ás táboas salariais, establécense segundo a facturación anual de cada empresa, tendo en conta referencias anuais de 150 000, 350 000, 550 000 e 750 000 euros en diante. Do mesmo xeito, os salarios fíxanse segundo os diferentes grupos profesionais e o tramo de facturación das empresas, polo que oscilan entre os 14 490 e os 30 632 euros ao ano como mínimo. Ademais, o salario dos «bolos» ou das actuacións establécese en 60 euros diarios na tempada baixa e 90 na alta.

A loita sindical a prol das condicións laborais do persoal dedicado ao espectáculo remóntase aos anos setenta do século pasado. Este traballo fíxoo o Sindicato Galego da Música (SGM), posteriormente Sindicato Galego do Espectáculo (SGE), que hoxe en día está integrado en Comisións Obreiras.

Dúas persoas claves na fundación do SGM foron Benedicto García Villar, cantautor de Voces Ceibes e sindicalista de CCOO, e Ángel García Seoane 'Gelo' —actual alcalde de Oleiros—, músico de orquestra naqueles tempos e primeiro secretario xeral do sindicato.

O SGM fixo durante anos un intenso labor de información laboral e legal, puxo a disposición de artistas medios e recursos humanos para a creación de asociacións culturais especializadas nos diferentes sectores da música e na xestión de dereitos de propiedade intelectual. Tamén se encargou do labor de xestión cultural propiamente dito, intentou homoxeneizar as fórmulas de contratación no ámbito e realizou campañas con outros sindicatos e chamou a atención das Administracións sobre a necesidade de regular numerosos aspectos no mundo da música.

Desde CCOO salientan o labor realizado por persoas que estiveron na dirección do SGM, como Moncho Varela, Cruz Andrade, Xosé Ramón Santomil, Antón Rodríguez ou Pablo Morán —este último, ademais, presente na mesa de negociación do convenio que acaba de ser presentado— ou, xa na época do SGE, de Vicente Montoto, Avelino González ou Susana Dans.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia

R., 2016-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES