Noticias

El simposio Repensando Galiza profundiza en el papel de las Irmandades da Fala

Hasta el 17 de enero de 2017, la Biblioteca de Galicia recorre la historia de las Irmandades da Fala con una exposición bibliográfica de más de 60 piezas, entre las que destacan manuscritos, dibujos y fotografías que habían pertenecido a Camilo Díaz Baliño. Previamente, se celebra entre el 17 y el 19 de noviembre, el simposio Repensando Galicia en el compostelano Museo do Pobo Galego

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O simposio Repensando Galiza: as Irmandades da Fala (1916-1931) ofrece na capital galega, do 17 ao 19 de novembro, un marco para o debate e a reflexión arredor do labor impulsado polas Irmandades, coincidindo co centenario do seu nacemento. Trátase, segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “dunha das actuacións máis ambiciosas da programación do Ano das Irmandades, dentro daquelas dirixidas a afondar e a actualizar os estudos e o debate académico das Irmandades na súas diversas vertentes”.

Durante a rolda de prensa de presentación do simposio, que tivo lugar no Museo do Pobo Galego –organizador da iniciativa, xunto co Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega e Murguía, Revista Galega de Historia–, o secretario xeral destacou “a extensa programación que se vén desenvolvendo, deseñada e desenvolvida desde a colaboración institucional, co obxectivo de difundir e valorar o labor impulsado polas Irmandades da Fala, co gallo do seu centenario”.

A Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, colabora co simposio, cuxo programa foi presentado na rolda de prensa polo presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, membro do comité organizador, xunto con Xosé Manuel González Reboredo, que tamén participou no acto. A través de diversas sesións, o simposio abordará durante tres días aspectos centrais arredor do papel das Irmandades, vinculados coa evolución do pensamento, das ciencias, da literatura, da lingua, da acción política, da dimensión mediática, da económica, da social, da clave de xénero etc.

“Penso que vai ser unha oportunidade excelente para retomar estes fitos das Irmandades e mesmo para escoitar a música do seu tempo, que tamén vai estar presente como broche final”, dixo Anxo Lorenzo en alusión ao concerto Tres Estampas Galegas, que terá lugar no marco do simposio. Julio Cabo, o director musical, presentou a actuación, que se celebrará o venres 18, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

No marco da programación promovida pola Xunta de Galicia arredor do centenario das Irmandades, a Biblioteca de Galicia percorre desde hoxe a historia desta institución a través dunha exposición bibliográfica que poderá visitarse na Cidade da Cultura ata o vindeiro 17 de xaneiro. Conformada a partir dos fondos da súa colección, a mostra inclúe máis de 60 pezas, entre as que destacan os manuscritos, debuxos e fotografías que pertenceran a Camilo Díaz Baliño, membro destacado das Irmandades, e que se conservan no fondo depositado na Biblioteca de Galicia polo seu fillo Isaac Díaz Pardo.

Baixo o título ‘Irmandades da Fala: falar e escribir en galego’, a mostra estrutúrase en diversos apartados dedicados ás orixes das Irmandades, ao seu ideario, ás iniciativas impulsadas nos ámbitos do teatro e da edición, así como ao Seminario de Estudos Galegos, con obras publicadas pola institución como ‘As cruces de pedra na Bretaña’, de Castelao.

Manuscritos de Manuel Lugrís Freire e de Antón Villar Ponte, exemplares de libros editados polas imprentas Céltiga, Lar e Nós, un debuxo orixinal de Camilo Díaz Baliño para a portada da publicación ‘A Nosa Terra’ e fotografías das escenografías que el elaborara para a obra ‘O Mariscal’, publicada por Lar en 1926, son algúns dos volumes e documentos que se exhiben ata o 17 de xaneiro na Biblioteca de Galicia.

R., 2016-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES