Noticias

Los políticos gallegos debaten sobre la LOMCE, Ferroatlántica y la AP-9 en el primer pleno de la nueva legislatura

El acuerdo alcanzado entre los representantes del PSdeG, En Marea y BNG con el PPdeG durante la reunión de la junta de portavoces incorpora al debate primer debate parlamentario de la nueva legislatura temas como la Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE), Ferroatlántica y el traspaso de la titularidad de la AP-9.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Grupo Popular defenderá no primeiro pleno da X lexislatura o mantemento dos empregos da empresa Ferroatlántica, así como que o Concello de Vigo realice as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano sexan compatibles coa tarxeta de transporte metropolitano de Galicia.

En primeiro lugar, Puy agradeceu “o acordo xeral” acadado por todos os grupos sobre cuestións pendentes para a posta en marcha do novo período de sesións. En concreto, informou que as sesións plenarias terán lugar os días 22-23 de novembro, 13-14 e 27-28 de decembro.

Ademais, acordouse o cupo de iniciativas que cada grupo terá nas sesións plenarias. No ámbito das interpelacións ao Goberno (tres en cada Pleno distribuídas entre os grupos da oposición de maneira proporcional ao número de escanos, coa salvedade de que o Grupo Popular podería introducir algunha a maiores), as proposicións non de lei (8 en cada Pleno, a razón de dúas para cada grupo parlamentario) e as preguntas ao Presidente (unha en cada sesión para cada grupo da oposición) non hai cambios respecto á anterior lexislatura.

A novidade reside no incremento do control ao Goberno galego para manter a proporcionalidade existente no Parlamento. Deste xeito, o Grupo Popular poderá presentar ata tres preguntas, mentres que os grupos de En Marea e socialista poden presentar alternativamente en cada Pleno tres ou dúas, e outras dúas por parte do BNG.

Respecto das iniciativas que o Grupo Popular incorporou no primeiro Pleno da lexislatura, Puy concretou que a través dunha proposición non de lei “defendemos que calquera solución respecto da fábrica de Ferroatlántica nos concellos coruñeses de Cee e Dumbría “ten que pasar polo mantemento ou mellora do emprego na comarca”. Así mesmo, a iniciativa lembra que se cumpran as condicións recollidas na resolución administrativa pola que se autoriza a adquisición por esta empresa dos saltos do río Xallas e Grande, ao tempo que se manteña informados aos traballadores das intencións da empresa.

A segunda proposición non de lei do Grupo Popular solicita ao Concello de Vigo que leve a cabo, á maior brevidade posible e segundo as condicións acordadas no convenio de adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, as adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os dispositivos de cobro do transporte urbano sexan compatibles coa tarxeta de transporte metropolitano, de xeito que os veciños deste municipio e da súa área se poidan beneficiar de todos os descontos previstos.

O Grupo Popular tamén realizará dúas preguntas ao Goberno. A primeira, para coñecer a incidencia que está a ter o desenvolvemento do programa de vivendas baleiras posto en marcha pola Xunta de Galicia na pasada lexislatura; e a segunda, sobre a situación do ensino galego en canto ao desenvolvemento do presente curso 2016-2017.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.

R., 2016-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES