Noticias

Fútbol y cine centran un ciclo del CGAI con motivo del congreso internacional sobre Wenceslao Fernández Flórez

La filmoteca gallega ofrece un recorrido en imágenes por la historia del Deportivo de A Coruña con motivo del 110º aniversario del club blanquiazul y un coloquio en el que está prevista la participación de Arsenio Iglesias y Constantino Fernández. También se proyectan los filmes Campeones (1943) y El sistema Pelegrín (1952), vinculados con este deporte, con Galicia y con el escritor coruñés.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O 110º aniversario do Real Club Deportivo da Coruña e a figura de Wenceslao Fernández Flórez como cronista futbolístico serán obxecto do coloquio e as proxeccións que acolle o xoves 19 de outubro, ás 20.00 horas, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) como apertura do ciclo ‘De portería a portería: Fútbol e Cinema desde Galicia e A Coruña’. Este programa forma parte das actividades do congreso internacional sobre o escritor coruñés que organiza a Fundación Wenceslao Fernández Flórez en colaboración con numerosas entidades públicas e privadas.

Na primeira sesión ofrecerase un percorrido en imaxes cinematográficas pola historia do Deportivo coa exhibición de oito fitas que abranguen desde 1932 ata 1970. O público poderá ver desde a crónica do partido Deportivo-Eiriña incluída no ‘Noticiario Folk nº 1’ ata diferentes NO-DO que recollen enfrontamentos co San Lorenzo de Almagro (1947), Atlético de Madrid (1956), Real Madrid e Nacional de Montevideo (1958), Valladolid (1964), Sporting de Lisboa (1964) e Celta de Vigo (1970), entre outros.

O pase acompañarase dun coloquio no que, xunto co director do CGAI, Guillermo Escrigas, e o presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, José Luis Castro de Paz, está prevista a participación de José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento da Coruña; Constantino Fernández, presidente do Deportivo; Arsenio Iglesias, ex-xogador e ex-adestrador do club branquiazul; e os xornalistas Pepe Domingo Castaño e Rubén Ventureira.

As dúas xornadas seguintes dedicaranse a ofrecer unha visión do mundo do fútbol desde a ficción cinematográfica a través de dous filmes vinculados tanto a Galicia como a Wenceslao Fernández Flórez. O venres, ás 20.30 horas, proxectarase ‘¡¡Campeones!!’, produción de 1943 dirixida polo coruñés Ramón Torrado. Nela interveñen algúns dos futbolistas máis famosos da época como Zamora, Quincoces, Pasarín ou Mesa.

O sábado, ás 18.00 horas, será a quenda de ‘El sistema Pelegrín’ (1952), con guión do propio Fernández Flórez e dirección de Ignacio F. Iquino. Fernando Fernán Gómez e Isabel de Castro son os protagonistas desta historia sobre un fracasado axente de seguros que consegue traballo nun colexio como profesor de ximnasia e adestrador de fútbol.

As tres sesións do ciclo ‘De portería a portería: Fútbol e Cinema desde Galicia e A Coruña’ son de acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (bus.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Consello aprobou hoxe a Estratexia galega de Mobilidade, a folla de ruta a seguir ata 2050 para 'garantir uns desprazamentos máis sostibles, seguros e funcionais' que estará dotada de 420 millóns de euros para implantar 'un centenar de medidas'. A estratexia contén un plan de acción que implica as diferentes administracións públicas, a autonómica, a estatal e a local, para facilitar os desprazamentos das persoas e mercadorías, apoiar a competitividade do territorio e transformar os patróns de mobilidade. Preséntase como un instrumento para deseñar solucións que permitan transformar o actual modelo nun máis funcional, sustentable e seguro.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaje.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o Goberno galego xa adxudicou 985M€ de fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) desde a posta en marcha do plan de recuperación. Así, o Executivo autonómico autorizou a publicación de convocatorias por importe de 1.097M€ e adxudicou o 90%, o que supón 'un grado de execución moi razoable', tal e como sinalou o titular da Administración. Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M€, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á comunidade por PIB per cápita.

Notas

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas desenvolve este luns e o martes no Edificio Fontán da Cidade da Cultura as súas XXI Xornadas sobre Internacionalización e Cooperación, organizadas nesta ocasión polas tres universidades públicas galegas. A xornada inaugural presidiuna o reitor da USC, Antonio López Díaz, e contou coa participación dos seus homólogos da Coruña e Vigo, Ricardo Cao Abad e Manuel Reigosa Roger, respectivamente.
Do 6 ao 10 de maio o campus de Ourense acolle a celebración do 12 Taller internacional sobre cambios e tendencias a longo prazo na atmosfera (Trends 2024). Nel participan de xeito presencial ou virtual 77 especialista de 21 países e procedentes de 51 institucións, entre elas a Nasa, o Massachusetts Institute of Technology (MIT), o National Center for Atmospheric Research dos EEUU e as academia de Ciencias de países como China, India e Chequia, ademais de España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES