Noticias

El creador de productos de ficción televisiva como El Ministerio del Tiempo participa en el ciclo Galicia Pro Filme

La Asociación Gallega de Guionistas cuenta con la colaboración de la Agadic en la organización de esta sesión de trabajo prevista para el viernes 21 de octubre en Santiago de Compostela. Javier Olivares presenta su experiencia al frente de series como El Ministerio del Tiempo y de otros conocidos títulos como Isabel y Víctor Ros.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Tempo de ficción é o título da clase maxistral que o guionista e produtor Javier Olivares impartirá o venres día 21 en Santiago como nova cita de Galicia ProFilme. A través do seu programa de formación para profesionais do audiovisual galego, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura apoia a Asociación Galega de Guionistas (AGAG) na organización desta actividade gratuíta, para a que o prazo de inscrición se manterá aberto ata o mércores 19.

Javier Olivares achegaralles aos asistentes a súa experiencia como parte do equipo de series de éxito da televisión en España. É creador e guionista de ‘El Ministerio del Tiempo’, na que exerce tamén como ‘showrunner’ e produtor executivo a través da súa produtora, Cliffhanger. Encargouse, ademais, da dirección argumental de ‘Isabel’ e ‘Víctor Ros’, entre outras, onde exerceu así mesmo de xefe de guionistas.

A sede da Fundación SGAE en Composela acolle esta clase maxistral, que dará comezo ás 16.30 horas. Nunha primeira parte, o relator explicará como xurdiu o proxecto da serie ‘El ministerio del tiempo’, que creou xunto ao seu irmán Pablo Olivares, falecido en 2014. Falará, a continuación, sobre o ‘showrunner’ como figura indispensable para que os creadores controlen o proceso de produción do seu programa televisivo.

Nunha segunda parte, Olivares explicará como é o proceso de traballo para a posta en marcha dunha serie, co guión como o seu sinal de identidade, así como a procura de novas audiencias na creación de produtos de ficción para televisión.

Os profesionais interesados en asistir a esta nova entrega do programa formativo Galicia ProFilme deben inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo formacion@asociaciongalegadeguionistas.org.

R., 2016-10-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES