Noticias

Cinco títulos conforman la Mostra de Cine Galego de la Fundación Pazo de Mos

Maimiño e o espello máxico, Os fenómenos, A praia dos afogados, Inevitable y Lobos sucios le dan forma a la cartelera de la Mostra de Cine Galego que se desarrolla del 16 de octubre al 26 de noviembre. Con esta Muestra de Cine Gallego se cierra la programación cultural que incluyó conciertos de grupos como Treixadura y cuentacuentos.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Fundación Pazo de Mos e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colaboran no desenvolvemento da Mostra de Cine Galego de Mos, que terá lugar no auditorio deste espazo pontevedrés do 16 de outubro ao 26 de novembro.

‘Maimiño e o espello máxico’, ‘Os fenómenos’, ‘A praia dos afogados’, ‘Inevitable’ e ‘Lobos sucios’ son os cinco títulos que conforman esta carteleira, inserida á súa vez no programa de actividades culturais promovido a través do protocolo de colaboración que manteñen este ano a Fundación Pazo de Mos e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A súa oferta audiovisual arranca co filme de animación ‘Maimiño e o espello máxico’, coprodución cubano-galega impulsada pola compañía compostelá Ficción Producciones e dirixida polo cubano Ernesto Padrón. Esta adaptación libre do popular conto de Charles Perrault exhibirase no auditorio mosense o vindeiro domingo 16, ás 18.00 horas. O resto do programa concentrarase nos sábados do mes de novembro, durante os que se proxectarán outras catro producións con participación galega: ‘Os fenómenos’, de Alfonso Zarauza (día 5); ‘A praia dos afogados’, de Gerardo Herrero (día 12); ‘Inevitable’, de Jorge Algora (día 19); e ‘Lobos sucios’, de Simón Casal (día 26). Estes catro pases están programados para as 22.15 horas e, do mesmo xeito có do vindeiro domingo, serán de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Con esta Mostra de Cine Galego péchase a programación cultural que se vén desenvolvendo desde o pasado mes de agosto e dentro da que se celebraron, así mesmo, os concertos de Treixadura, Tiruleque e a Galicia Fiddle Orquestra, ademais de contacontos na rúa para poñer en valor a oralidade en lingua galega.

R., 2016-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES