Noticias

Focus GalicianTunes descubre la música, el paisaje y la gastronomía a los programadores de 26 festivales internacionales

Viajarán a Galicia en los días previos a Womex para participar en alrededor de 10 "showcases" de artistas gallegos, visitas culturales y reuniones profesionales. Leilía, Los D'Abajo, Susana Seivane, Faltriqueira, Pepe Vaamonde Grupo, Alberto Conde Human Evolution Project, Rosa Cedrón, Alejandro Vargas Trío, TRIM y Sumrrá actuarán en Santiago, Cambados y A Coruña.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Os programadores de 26 festivais de música de referencia internacional participarán do 16 ao 19 de outubro no programa Focus GalicianTunes, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación para que coñezan de primeira man a nosa riqueza musical, paisaxística e gastronómica. Estes profesionais foron seleccionados entre os principais delegados acreditados este ano en Womex (World Music Expo), buscando así repetir o éxito da experiencia desenvolvida en 2014 co gallo da anterior edición deste mercado en Santiago de Compostela.

A Agadic convídaos a visitar Galicia nos días previos ao comezo da que é a meirande feira internacional de ’world music’ para propiciar o seu encontro con artistas galegos a través dun intenso calendario de actividades. Xunto coas reunións de carácter profesional e as visitas socioculturais, o núcleo deste programa serán 10 concertos en formato ‘showcase’ que terán lugar na Sala Capitol de Santiago, nos viñedos e bodegas Martín Códax de Cambados e no Aquarium Finisterrae, a Taberna O Cunqueiro e as salas Jazz Filloa e Garufa Club da Coruña.

Leilía, Os D’Abaixo, Susana Seivane, Faltriqueira, Pepe Vaamonde Grupo, Alberto Conde Human Evolution Project, Rosa Cedrón, Alejandro Vargas Trío, TRIM e Sumrrá son os 10 solistas e grupos que actuarán nos diferentes eventos desta iniciativa. Todos eles forman parte, ademais, da plataforma en liña GalicianTunes, posta en marcha pola Xunta para a impulsar a difusión e a proxección exterior da música de Galicia.

A Sala Capitol acolleu hoxe a presentación deste segundo Focus GalicianTunes, na que interviñeron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o director da Agadic, Jacobo Sutil, ademais dos representantes de varias das administracións e empresas colaboradoras: Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña; e María Garrido, directora de Márketing de Martín Códax. A iniciativa conta, así mesmo, coa colaboración do Concello da Coruña e co apoio de Acción Cultural Española (AC/E) a través do Programa de Internacionalización da Cultura Española (PICE) na modalidade de Visitantes.

Asistiron tamén algún dos grupos que conforman esta carteleira, entre eles as integrantes de Faltriqueira, que ofreceron unha pequena mostra do que será o seu ‘showcase’ no Focus GalicianTunes 2016.

O secretario xeral de Cultura subliñou as procedencias dos programadores convidados, que conforman un colectivo “moi diverso e moi influente nos circuítos de distribución internacional” e no que están representados festivais de primeira liña de 19 países: ademais de España, Alemaña, Arxentina, Canadá, Chile, China, Corea, Dinamarca, Estados Unidos, Francia, India, Irlanda, Italia, Malaisia, Marrocos, Noruega, Polonia, Portugal e Reino Unido. Para eles, a Agadic preparou un intenso calendario de actividades lúdicas e profesionais co obxectivo de impulsar a posta en valor, a difusión e a proxección exterior da música feita en Galicia, ao tempo que se promove a nosa cultura patrimonial e mesmo paisaxística.

De feito, como explicou Anxo Lorenzo, a primeira edición de 2014 serviu para abrir mercados para a música galega en Xapón, India, Brasil, Canadá, Marrocos, Irlanda e Portugal, así como nalgúns dos festivais españois máis importantes no ámbito da música de raíz, como foi o caso do Etnosur de Xaén.

A carteleira de 2016 foi seleccionada entre as formacións que enviaron propostas a Womex, co obxectivo de dar conta da calidade, variedade de estilos e potencial internacional dos nosos artistas e grupos. Este encontro profesional servirá, así mesmo, para complementar e reforzar a oferta galega que se presentará na World Music Expo nos días seguintes, coas actuacións de Radio Cos na selección oficial da feira, Xabier Díaz e Fran Pérez “Narf” no escenario Atlantic Connections, e Cuarteto Caramuxo e Talabarte no concerto de apertura.

Focus GalicianTunes 2016 arrancará o domingo 16 de outubro en Compostela co primeiro dos concertos, o único aberto ao público xeral, que terá lugar ás 22.30 horas na Sala Capitol da man de Leilía, Os D’Abaixo e Susana Seivane. A entrada será libre ata completar a capacidade.

O luns 17 a delegación porá rumbo cara á comarca do Salnés, cunha visita á Illa de Arousa e a Cambados, trala que terá lugar a actuación de Faltriqueira nos viñedos da D.O. Rías Baixas. Xa pola tarde, as bodegas Martín Códax serán o escenario para os ‘showcases’ de Pepe Vaamonde Grupo e Alberto Conde Human Evolution Project.

Na terceira xornada de actividade, o martes 18, os programadores viaxarán á Coruña, onde se achegarán á Torre de Hércules e gozarán do concerto de Rosa Cedrón na Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae. O seguinte ‘showcase’ correrá a cago de TRIM na Taberna O Cunqueiro, mentres que Alejandro Vargas Trío tocará no Jazz Filloa e Sumrrá no Garufa Club.

Focus GalicianTunes rematará o mércores 22, coincidindo co inicio de Womex en Santiago, cun encontro profesional entre os programadores convidados e os representantes de diferentes empresas musicais que terá lugar ás 11.00 horas na Cidade da Cultura de Galicia.

R., 2016-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (ministro_fomento_cidadecultura.jpg) Las obras de ejecución del enlace que debe conectar la autopista AP-9 con la Cidade da Cultura, en el Monte Gaiás de la capital de Galicia, tienen previsto un plazo de 10 meses, según confirmaban Núñez Feijóo y el ministro de Fomento en la presentación de la infraestructura viaria. De la Serna exhibe "apuesta" por Galicia y Feijóo dice que "está cumpliendo".
Foto de la tercera plana (cdg_divinas_palabras_obra.jpg) El público que acuda los jueves a las funciones en el Salón Teatro de Compostela pueden compartir impresiones con el elenco del montaje de la compañía pública hasta el 29 de abril. La Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) alerta de la situación interna del Centro Dramático Galego (CDG).

Notas

Gonzalo Caballero perfila unha folla de ruta de intensa actividade cos parlamentarios socialistas para ofrecer á sociedade unha “alternativa á dereita” nas eleccións municipais e europeas de 2019. Os socialistas galegos presentarán 301 emendas aos orzamentos do Estado para sumar máis de 600 millóns de euros en inversións en Galicia.
A obra do máis recoñecido dos autores escandinavos pode verse ata finais do ano 2018 no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia, comezando por títulos como Xogos de verán, Un verán con Mónica ou Amorodos salvaxes. Continúa no mes de maio coa célebre O sétimo selo.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania