Noticias

La 45º Feria del Libro de A Coruña oferta un programa con más de un centenar de actividades

irmas y presentaciones de obras, cuentacuentos, recitales y diversos talleres centran la oferta de esta cita cultural en la que participarán autores y autoras como Luz Pozo, Alegría Costas, María Solar, Miguel Ángel Fernán Ver y Teresa Moure. Viveiro, Foz y Monforte de Lemos son las próximas paradas de las Ferias del Libro de Galicia en 2016.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A cidade da Coruña celebra no mes de agosto a súa cuadraxésima quinta edición da feira do libro cun programa especial que inclúe, entre o día 1 e o 10, máis dun cento de actividades para a difusión das novidades editoriais e para a promoción da lectura entre a cidadanía, no espazo dos xardíns de Méndez Núñez.

A nova programación da feira foi presentada en rolda de prensa, nun acto no que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, cualificou a feira como un evento cultural de referencia en Galicia e unha das primeiras feiras do libro da Península, avalada polos máis de 100.000 visitantes recibidos nas últimas edicións.

Respecto dos factores que contribúen ao éxito desta feira, o secretario xeral destacou o importante traballo que veñen desenvolvendo as librarías da cidade herculina, xunto co labor levado a cabo a través da rede de bibliotecas públicas da Coruña, ademais do papel do resto de libreiros e libreiras que participan no evento, dos editores, dos escritores, dos ilustradores e ilustradoras, e dos lectores e lectoras, xunto coa imprescindible colaboración das entidades implicadas nesta cita de referencia da axenda do verán en Galicia.

Tamén se referiu ás voces referenciais da literatura galega actual que participarán na feira, entre as que se inclúen Luz Pozo Garza, María Solar, Ledicia Costas, Teresa Moure, Miguel Anxo Fernández, María Canosa, Concha Blanco, Claudio Rodríguez Fer e María do Cebreiro, entre outros.

Ademais das presentacións e das sinaturas de libros, o programa da feira ofrecerá durante 10 días numerosos contacontos e obradoiros, xunto con recitais, conferencias e espectáculos musicais baseados en títulos editoriais, e unha exposición sobre A Coruña nos anos vinte de Alvarellos Editora, que será inaugurada o día da apertura da feira, o 1 de agosto, nun acto no que Pinto&Chinto (David Pintor e Carlos López) serán os encargados de ler o pregón.

Promovidas pola Federación de Librarías de Galicia –representada na rolda pola súa coordinadora, Nani García– e pola Consellería de Cultura e Educación, as Feiras do Libro de Galicia contan na cita da Coruña coa colaboración do Concello e mais da Deputación da Coruña. En representación das administracións local e provincial interviu na presentación José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento.

Logo de percorrer desde abril os concellos de Pontevedra, Ferrol, Santiago, O Porriño, Redondela, Ribeira, Ourense, Lugo e Vigo, as Feiras do Libro de Galicia chegarán nas próximas semanas á Coruña (do 1 ata o día 10 de agosto), a Viveiro (do día 12 ao 15 de agosto); a Foz (do 18 ao 21 de agosto); e, finalmente, a Monforte de Lemos (do día 24 ao 27 de agosto), onde porán fin ao seu percorrido polas catro provincias galegas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES