Noticias

16 nuevos proyectos audiovisuales verán la luz con casi dos millones de ayudas públicas

Seis largometrajes de ficción, dos documentales de cine y otros tres televisivos, tres cortometrajes, una miniserie de ficción y una serie de animación infantil conforman el total de 16 obras audiovisuales presentadas por 15 empresas que reciben casi dos millones de euros de las ayudas públicas distibuidas a través de Agadic para la producción y la coproducción de obras gallegas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no seu web a adxudicación de preto de dous millóns de euros en axudas a 15 empresas audiovisuais galegas para a produción de 16 novos traballos de cinema e de televisión. En concreto, a través desta convocatoria dirixida especificamente a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, subvenciónanse seis longametraxes de ficción, cinco longametraxes documentais (dúas delas cinematográficas e tres televisivas), tres curtametraxes, unha miniserie de ficción para televisión e unha serie de animación infantil.

Na modalidade de longas de ficción, a produtora Frida Films percibirá 258.897 euros para 'Trote', a que será a primeira longametraxe de Xacio Baño; a mesma contía coa que Abano Producións contará para 'As troitas cantan ao mencer', da directora Alexia Muíños. Tamén terán apoio Fílmika Galaika, con 239.467 euros para 'Longa noite', de Eloy Enciso; Vaca Films Studio, con 238.982 euros para 'Feedback', de Pedro C. Alonso. Pola súa banda, Esnatu Cinema conseguiu 119.491 euros para 'Arima', a primeira longa da directora Jaione Camborda, e a Miramemira adxudicáronselle 209.109 euros para 'Aquilo que arde', o próximo proxecto de Oliver Laxe.
Documentais e curtas

En canto ao xénero documental, a Agadic subvencionará cinco títulos, dos que dous son longametraxes cinematográficas: 'O futuro da mente', de Agallas Films (59.745 euros), que dirixirá Ruth Chao,e 'Nación de muchachos', de Mad Mex Filmanova (47.796 euros), á fronte da que estará Javier Camino; mentres que tres correspóndense con longas para televisión: 'O soño de papá', de Xamalú Filmes (44.809 euros), 'O segredo da ría', de Artefocal (34.632 euros) e 'Almoina, o heroe infame', presentada por Formato Producciones e que disporá de 29.873 euros a través desta resolución.

No apartado de curtametraxes, seleccionáronse outras tres obras: 'The Neverending Wall', de Abano (15.000 euros), 'Stalk. El muerto', de Matriuska (15.000 euros) e 'Mouras', proposta de Juan Ramón Galiñanes (10.832 euros).

No ámbito televisivo, a miniserie de Portocabo TV 'Vidago Palace', de coprodución galego-portuguesa, terá un apoio económico de 238.982 euros; en tanto que a serie de animación infantil'O mundo de Tutu', de Ficción Producciones, recibirá 159.321 euros.

Esta é a primeira resolución a partir da que se aplicarán as novas bases desta convocatoria, publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 8 de marzo, nas que se introduciu unha importante reestruturación do sistema de pagamentos anticipados, co obxectivo de dar resposta ás demandas do sector no sentido de reducir a carga financeira que asumen as empresas durante o proceso de produción.

Con tal fin, o Consello da Xunta aprobou este ano unha excepción á Lei de Subvencións de Galicia, de acordo coa que se suprimiu a ata agora obrigatoriedade de constituír garantías ante o adianto de cantidades que superaran os 18.000 euros e quedou aberta a posibilidade de acceder a un 85 por cento do importe da subvención de xeito anticipado.

A resolución desta convocatoria pode consultarse na páxina web da Agadic: www.agadic.info/axudas.

, 2016-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES