Noticias

El Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia impulsa la beca Nacho Mirás para impulsar proyectos de recién titulados

Dotada con 5.000 euros, la beca Nacho Mirás impulsada por el Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) y Abanca en colaboración con la Facultad de Ciencias de la Comunicación de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) nace para apoyar proyectos periiodísticos de jóvenes titulados en esta disciplina entre los años 2013 y 2016.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del CPXG:

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolleu a presentación da primeira edición da bolsa Nacho Mirás, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade. A iniciativa, que conta cunha dotación económica de 5.000 euros, apoiara proxectos xornalísticos de novos titulados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. A recepción de propostas está aberta até o 30 de xuño de 2016.

O acto comezou coa intervención de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, quen salientou o “carácter emblemático” de Nacho Mirás como xornalista e como profesor do centro durante seis anos: “A profesión hai que reinventala e Nacho fixo moito por iso”. Por esta razón, anunciou que a facultade iniciou os trámites para que a aula de informática número 2 leve o seu nome.

Isaac González Toribio, Director de Comunicación e Relacións Institucionais de Abanca, afirmou que Abanca, dentro da súa política de responsabilidade social corporativa, “ten unha preocupación por que os novos atopen oportunidades nos seus lugares de procedencia”. A esta inquietude, centrada no xornalismo “que está pasando por unha etapa crítica” quere dar resposta a convocatoria desta bolsa.

O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, agradeceu a presenza da compañeira de Nacho Mirás, Ainhoa Apestegui, e asegurou que, “desde o primeiro momento, a Xunta de Goberno do CPXG quería facer algo na memoria” do xornalista falecido. Pereiro sinalou que “nunha época moi mala para vivir do xornalismo pero, ao mesmo tempo, moi boa para facelo, a creación desta bolsa pode axudar aos novos profesionais a abrise camiño”. O decano afirmou que “a idea destas bolsas reforzase pola memoria de quen sempre defendeu a súa valía, o espírito de facerse valer, de formarse o máximo posible e defender así o posto de informador”.

Pereiro presentou tamén as bases da bolsa. Poderán concorrer a esta convocatoria titulados nos últimos anos (2016, 2015, 2014 ou 2013) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privado nin público. As propostas poden ser de traballos xornalísticos de calquera xénero, iniciativas para un novo medio ou proxectos que teñan como finalidade a información e a comunicación. A bolsa ten unha dotación de 5.000 euros, que poderá ser dividida se o xurado o considera.

A recepción de propostas está aberta até o 30 de xuño de 2016. As persoas interesadas deben enviar por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal o formulario de inscrición, unha descrición do proxecto e cronoloxía de traballo, o orzamento estimado e unha nota sobre o autor ou autores, que poderá acompañarse dun breve currículo de cada un de eles. Valorarase que o proxecto se materialice en galego, ser membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que poida supor unha solución profesional para os solicitantes, a viabilidade de futuro do proxecto, a orixinalidade, a amplitude xeográfica do proxecto, o traballo en equipo e a documentación da memoria.

Fotografía y más información en: http://www.xornalistas.com/novas-eventos/eventos-plus/bolsa-nacho-miras-para-novos-titulados/

R., 2016-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES