Noticias

El PPdeG aspira a crecer en las ciudades explicando lo que no hacen las Mareas, Méndez Romeu pide limpieza en las primarias del PSdeG

El candidato socialista José Luis Méndez Romeu pide limpieza en la celebración de las primarias del PSdeG con una votación "secreta, libre y sin presiones". Dice que su proyecto es "para gobernar" e ironiza con el apoyo de Baltar a Leiceaga. El PPdeG, por su parte, prepara su estrategia electoral con el objetivo de crecer y aumentar sus votos en las ciudades.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral do populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que o obxectivo do seu partido de cara ás vindeiras eleccións xerais é explicarlle á cidadanía o traballo que fixo o PP e o que non están facendo as Mareas, cuxa xestión “é unha fochanca en si mesma”.

Tras reunirse con representantes do partido das cidades galegas e dos concellos de máis de 30.000 habitantes, Tellado explicou que pretenden desenmascarar a nula xestión das Mareas, para o que intensificarán a coordinación e establecerán canles de comunicación nos distintos ámbitos do partido, aproveitando sinerxías para poñer en común información do que ocorre nestes municipios.

Nesta liña, engadiu que o que pretenden é trasladar esta información ao conxunto da sociedade galega, xa que o obxectivo é aumentar o voto urbano e, agora que a xente xa coñece a xestión das Mareas, cren que baixarán os seus apoios.

Segundo comentou, a 40 días das eleccións xerais, a cidadanía coñecerá moito mellor a todas as alternativas políticas do que as coñecía o pasado 20-D, “e cremos que con esta nova información os resultados poden ser distintos”.

Así mesmo, subliñou que están francamente preocupados pola situación das cidades nas que gobernan as Mareas, salientando que en Ferrol hai un alcalde máis preocupado pola retirada do busto do rei emérito e por impulsar unha consulta sobre a monarquía parlamentaria que polo desemprego da súa cidade, que é o maior de Galicia. Ademais, lembrou que na Coruña hai un goberno municipal que non é quen de aprobar os orzamentos nin abrir o túnel da Mariña, que deixou finalizado o goberno municipal anterior; e que en Santiago o alcalde non é capaz de tapar as fochancas nin de sacar a licitación aos comedores escolares.

“Ese é o exemplo da xestión das cidades nas que gobernan as Mareas e non queremos que iso aconteza no goberno de Galicia. De cara ás vindeiras autonómicas hai dous modelos: o modelo da maioría, da estabilidade política e institucional, que representa o PP e Alberto Núñez Feijóo; e o das Mareas nas cidades onde gobernan”, aseverou.

“Pablo Iglesias non sería mellor presidente que Mariano Rajoy e Xosé Manuel Beiras non sería mellor presidente que Alberto Núñez Feijóo”, apuntou incidindo en que, maila que en España o PP non sempre acertou coa súa xestión, están convencidos de que Podemos non o faría moito mellor e, por este motivo, tratarán de explicar por qué eles non son a solución.

R., 2016-05-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES