Noticias

En Marea lanza su propia consulta a las bases sobre posibles pactos de gobierno. Ana Pontón anuncia su candidatura a las primarias del BNG

Movimientos en el escenario político gallego: Feijóo dice que no habrá adelanto electoral en Galicia y el PPdeG afronta un congreso extraordinario para su profunda renovación. El PSdeG anuncia que en esta semana pondrá sobre la mesa el nombre de su candidato/a; la portavoz nacional Ana Pontón confirma que optará a ser la candidata del BNG y En Marea hace público que también consultará a sus bases sobre posibles pactos de gobierno.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A Mesa coordinadora de En Marea vén de decidir a realización dunha consulta para definir a posición das súas deputadas e deputados no Congreso en relación á investidura do presidente do goberno do Estado. A consulta ás bases de En Marea é vinculante, o resultado da votación é de obrigado cumprimento para as súas deputadas e deputados.

Nesta consulta poderán participar todas as persoas que xa se rexistraran no proceso de validación das candidaturas de En Marea en novembro de 2015. Ábrese un período de ampliación do censo (19 e 20 de abril) no que novas persoas poidan incorporarse de cara a participar na presente consulta, así como noutras posteriores. Esta reapertura contará cos mecanismos de contraste -na acreditación de identidade e votación- para garantir que votan as bases de En Marea e non interfiren axentes alleos interesados en fixar de forma espuria a nosa posición.

As preguntas están formuladas de forma comprensible, clara e permiten discriminar entre opcións diferentes, e o resultado da votación debe ser interpretado de xeito nítido. As preguntas serán:

1. Debe En Marea apoiar un goberno presidido por Pedro Sánchez e baseado no acordo PSOE-Ciudadanos? Si / Non

2. Debe En Marea continuar traballando, en colaboración con Podemos e En Comú, para alcanzar un goberno de cambio xunto ao PSOE e outras forzas progresistas? Si / Non

En Marea presenta o seguinte calendario para este proceso:

Presentación do procedemento da consulta: luns 18 de abril
Período de inscrición no censo: martes 19 e mércores 20 de abril
Xornada de votación: xoves 21 e venres 22 de abril
Proclamación dos resultados: sábado 23 de abril
Procedemento

A inscrición no censo realizarase por vía telemática a través do portal www.enmarea.gal. A votación levarase a cabo por vía telemática a través da plataforma AgoraVoting que reúne todas as garantías en canto á privacidade, seguridade e verificación do voto.

En Marea comprométese a que todas as decisións de carácter político relevante sexan adoptadas polo conxunto das persoas que participan no noso proxecto, esta consulta sobre a investidura insírese neste marco. A consulta responde:

- Democracia, garantir que as principais decisións de En Marea son adoptadas pola totalidade das súas bases, combinando a capacidade de negociar e chegar a acordos co mandato último conforme en En Marea manda a xente.

- Autonomía, esta é unha decisión soberana de En Marea, que mantén unha posición concertada con Podemos e En Comú-Podem, compartindo a proposta común de goberno así como a negociación xunto a outras forzas. O acordo sobre a posición do goberno é de En Marea.

- Proxecto unitario, a consulta farase entre o conxunto das bases de En Marea comprendido como un proxecto común, deste xeito, o procedemento da consulta coincide co de elección das deputadas e deputados.

- Cumprir cos compromisos, o noso manifesto fundacional asentaba as súas decisións nun desexo común: participación, transparencia, democracia de base cidadá. Con esta consulta cumprimos cos nosos compromisos, o esforzo por acadar un goberno de cambio e que as decisións sexan adoptadas por toda a xente que fai parte de En Marea.

- Nova cultura política: demostramos que a política se pode facer doutro xeito, situando a participación en primeiro termo e conectando os debates relevantes para a cidadanía coas decisións das/os parlamentarias/os de En Marea, mostrando un proceder coherente e consecuente cun proxecto profundamente democrático.

R., 2016-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES