Noticias

La artista multidisciplinar Marisa González exhibe en el CGAC de Compostela su obra Registros Domesticados

La muestra Registros domesticados, de la artista Marisa González, se exhibe hasta el 19 de junio en el CGAC de Compostela. Es la última exposición de una artista multidisciplinar que inició su trayectoria en los años 70 y está considerada como pionera en España y en el panorama internacional de las nuevas tecnologías de la comunicación en la creación artística.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura e Educación inaugurou a mostra ‘Rexistros domesticados’, da artista Marisa González, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), unha exposición que vén acompañada dunha conversa entre a propia artista e a comisaria da mostra, Rocío de la Villa, arredor do traballo da primeira. A obra, que ocupa a planta baixa do CGAC e poderá visitarse ata o 19 de xuño, foi presentada previamente no espazo Tabacalera Promoción del Arte en Madrid, organizada pola Subdirección Xeral de Promoción de Belas Artes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a comezos de 2015.

Marisa González (Bilbao, 1945) é unha artista multidisciplinar pioneira en España e no panorama internacional na aplicación das novas tecnoloxías da comunicación na creación artística. Comezou a traballar nos anos setenta abordando temas como a memoria e a arqueoloxía industrial, a reciclaxe e a ecoloxía, así como o feminismo ou a marxinalidade das minorías na aldea global.

Tras unha estadía en Estados Unidos, adquire inquedanzas como a loita polos dereitos civís, as diferenzas étnicas, de xénero ou orientación sexual, que provocarán unha transcendental pegada na concepción da obra e nos seus procesos creativos. Son constantes nas súas pezas o feminismo e a apropiación de tecnoloxías da información para cuestionar as canles de produción e de distribución da arte.

O seu ideario confórmase desde un contexto de posicionamento feminista e de oposición política á ditadura militar de Franco, sen esquecer a loita contra a situación das mulleres artistas en España ata as últimas décadas.

No comezo da súa traxectoria conforma un amplo repertorio visual, xerando centos de papeis únicos froito da experimentación con innovadoras manipulacións que xorden de fotografías tomadas na rúa cos protagonistas dos cambios sociais. Nesa época tamén atopamos recortes de periódicos, de revistas e a formulación de vídeo-instalacións.

Nunha segunda etapa, a finais do século XX, recolle as pegadas da memoria colectiva que fan referencia á desaparición da produción fabril, como sucedeu coa ‘Central Eléctrica Mediodía’ ou do complexo do Matadero en Madrid, testemuñas videográficas e en formato fotografía que rexistran materiais salvados de derrubamentos ou lugares desmantelados. Todo isto a modo de almacéns afectados polo chamado mal de arquivo.

Na última etapa afonda no traballo de edición do material escolmado, e presenta formulacións de instalacións tecnoloxicamente menos sofisticadas pero máis directas, en conexión coas novas audiencias. Os temas céntranse na marxinación das mulleres baixo un sistema patriarcal, as contradicións dos valores da modernidade e o precario escenario da globalización, así como o patente desequilibrio ecolóxico.

O relato que se propón na mostra sostén unha unidade de fondo coas motivacións temáticas, técnicas ou formais que percorren a traxectoria da artista durante corenta e cinco anos, e preséntase agrupada en bloques temáticos como ‘Sistemas Xenerativos’, que contén traballos realizados coa primeira fotocopiadora en color do mundo 3M; ou ‘Arqueoloxía industrial’ con pezas como ‘Fábrica’ ou ‘Lemoniz’.

Fotografía: http://cgac.xunta.es/GL/exposicion-detalle/63/marisa_gonzalez_rexistros_domesticados_GAL#ad-image-0

R., 2016-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES