Noticias

Feijóo y Urkullu defienden la estabilidad institucional en un escenario incierto

El presidente de la Xunta y el lehendakari vasco ponen de relieve la necesidad "de una estabilidad institucional" basada "en los acuerdos políticos entre los partidos", especialmente en la situación política actual. Ambos dirigentes mantuvieron este encuentro en un escenario de incertidumbre marcado por la posibilidad de que Galicia y Euskadi adelanten las elecciones autonómicas en el supuesto de que se convoquen nuevas elecciones generales el 26 de junio. Feijóo y Urkullo abren la puerta a acuerdos en industria alimentaria, pesca, turismo e innovación sanitaria.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O lehendakari Iñigo Urkullu mantivo, no Palacio de Ajuria Enea, un encontro co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no que avaliaron, entre outros temas, a situación económica e novas vías de colaboración entre Galicia e Euskadi.

Os líderes dos executivos vasco e galego coincidiron en sinalar que a prioridade de ambos os gobernos é o desenvolvemento económico e a creación de emprego. E, neste senso, comentaron a posibilidade de colaborar en ámbitos como a industria marítima, a alimentaria, a pesca, o turismo ou a innovación sanitaria.

Urkullu e Feijóo coincidiron en que o sector da industria marítima de Euskadi e Galicia continúa en fase ascendente, recuperándose dos niveis de actividade previos ao conflito do tax lease. O sector naval é un ámbito importante e é por iso que mostraron a súa preocupación pola crise do aceiro. O lehendakari e o presidente de Galicia avogan por unha coordinación de ambos os gobernos nesta materia para facer fronte ao dumping chinés.

O modelo económico que propoñen os executivos presididos por Feijóo e Urkullu prioriza esta e outras actividades industriais como eixes dun crecemento sostido, que debe ter na Administración un axente facilitador. Neste sentido, a aposta pola innovación e a Industria 4.0, que estes territorios veñen desenvolvendo desde hai tempo, constitúe un punto de colaboración con grandes posibilidades cara ao futuro.

A industria alimentaria é tamén outro dos puntos fortes en común entre ambas as comunidades, xa que se trata dun sector competitivo. Existe unha colaboración no sector lácteo e tanto o lehendakari como o presidente da Xunta destacaron a necesidade de analizar novas vías de colaboración.

Así mesmo, ambas as comunidades comparten unha vocación pesqueira que vén de lonxe e que se materializa na existencia duns intereses comúns. A defensa dun reparto de cotas positivo para todos, que aproveite os recursos naturais para xerar o maior emprego e riqueza posibles, é para ambos os territorios unha cuestión prioritaria, que de ningún modo está rifada co compromiso por facer desta unha actividade sustentable e respectuosa co medio.

O turismo de Euskadi e Galicia ten varias similitudes e xa veñen colaborando na promoción e posicionamento do Camiño de Santiago, que se viu reforzada coa recente distinción do Camiño do Norte como Patrimonio da Humanidade. Ademais, as comunidades vasca e galega teñen unhas características paisaxísticas similares.

Durante a xuntanza abordaron tamén a protección do medio ambiente. E, ambos presidentes consideraron oportuno traballar conxuntamente na loita contra o cambio climático a través do arco atlántico.

No referido ás políticas sociais, os dous mandatarios coincidiron na importancia duns servizos públicos de calidade, que ambas as comunidades se esforzaron en manter durante a época de crise, e exploraron novas vías de colaboración para seguir mellorándoos cara ao futuro. Neste senso, cómpre lembrar que o próximo mércores se asinará un convenio de colaboración entre os respectivos servizos de saúde para unir esforzos en materia de innovación sanitaria.

NoticiaAsí mesmo, e en relación á demografía expuxeron as súas respectivas medidas neste eido. Por un lado, a Estratexia de política de familia e infancia, proposto como pacto de país en Euskadi e, polo outro, o Plan de dinamización demográfica de Galicia presentado no Parlamento galego, así como o Programa de apoio á natalidade.

No tocante á situación política do Estado español, ambos compartiron a necesidade dunha estabilidade institucional baseada nos acordos políticos entre os partidos.

O lehendakari Urkullu e o presidente Feijóo, constataron a boa relación que manteñen Euskadi e Galicia, pobos cunha cultura e unha lingua propias e con raíces profundas. Coñeceron tanto a emigración como a inmigración, e Euskadi tamén foi terra de acollida para unha comunidade galega asentada desde hai anos. Esta comunidade é parte do presente e do futuro de Euskadi e os presidentes acordaron traballar cóbado con cóbado por mellorar e progresar nas súas relacións.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.

R., 2016-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES