Noticias

La forma de las cosas, protagonizada por Sara Casasnovas, llega a la capital gallega con dos funciones en el Salón Teatro de Compostela

Sara Casasnovas, Borja Fernández, Victoria Pérez y Machi Salado conforman el elenco de este espectáculo producido por La Yogurtera y dirigido por Carlos Álvarez-Ossorio, quien adapta el texto del dramaturgo Neil LaBute. La obra se centra, a través del humor y la ironía, en las relaciones personales entre cuatro personajes influidos por las apariencias.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A forma das cousas, a primeira comedia teatral da produtora La Yogurtera SL, con dirección e adaptación de Carlos Álvarez-Ossorio sobre o texto do estadounidense Neil Labute, chega ao Salón Teatro de Santiago con dúas funcións: o sábado, 16 de abril, ás 20.30 horas e o domingo, ás 18.00 horas.

A montaxe, que contou cunha subvención á produción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é unha comedia negra que pescuda ao redor dos límites do amor, da arte contemporánea e das aparencias. O Salón Teatro acolleu a presentación do espectáculo, na que participaron Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego, os actores Sara Casasnovas e Borja Fernández, e a produtora Marta Horjales.

Cun elenco formado por Sara Casasnovas, Borja Fernández, Victoria Pérez e Machi Salgado, A forma das cousas desenvolve unha trama ao redor de catro personaxes que se ven envoltos nunha serie de accións nas que a manipulación afecta as relacións interpersoais, a amizade e mesmo a evolución humana.

O equipo artístico que sobe ao escenario complétase co pianista e compositor Pablo Seoane, un auténtico referente no panorama musical galego, que interpreta a música en directo en cada representación. Tamén destaca o labor do escenógrafo Suso Montero, con longa e premiada traxectoria en teatro, cine e televisión.

Trátase dunha obra que interpela directamente o público ao reflectir circunstancias habituais da vida e que formula preguntas que máis tarde ou máis cedo todos debemos responder sobre o amor, a vida e a evolución persoal. Dese xeito, a montaxe reflicte a través dun humor afiado e cheo de ironía unha sociedade na que as aparencias superan calquera outra consideración e na que a proxección do que desexaríamos ser, por riba do que somos, é unha constante para todos.

O texto céntrase na parella formada por Evelyn (interpretada por Sara Casasnovas) e Adán (Borja Fernández). Ela é unha iconoclasta e excéntrica estudante de arte entregada por completo á preparación da súa tese de doutoramento. Evelyn entra na vida monótona de Adán, un mozo inseguro e sen sorte no amor. El, que xamais se preocupara pola súa imaxe, está disposto a cambiar a súa vida enteira só por ser aceptado pola rapaza. E todo diante dos ollos perplexos dos amigos de Adán: Fili (Machi Salgado) e Jenny (Victoria Pérez). Ese é o comezo do xogo, das aparencias e das influencias dos uns sobre os outros.

‘A forma das cousas’ reúne deste xeito un elenco formado por intérpretes que, nos últimos anos, destacaron por unha traxectoria ascendente e pola súa participación en proxectos escénicos de gran repercusión. Sara Casasnovas, unha das actrices máis coñecidas no audiovisual –tanto en Galicia coma no Estado–, regresa aos teatros galegos neste 2016. Borja Fernández colabora con formacións creativas como Chévere ou Voadora. Victoria Pérez traballou nas principais series de televisión de Galicia e coas compañías de maior traxectoria, ademais de fomentar a súa faceta de creación coa fundación do grupo escénico Perez&Fernández. E por último, Machi Salgado é un actor coñecido pola súa traxectoria en diversas series e en distintas compañías. Recibiu o premio María Casares ao mellor actor en 2015.

NoticiaCarlos Álvarez-Ossorio encárgase da dirección e da dramaturxia desta obra de Neil LaBute, un dos autores máis prestixiosos da escena americana e considerado o herdeiro natural de David Mamet. Álvarez-Ossorio fundou a súa compañía, Cámara Negra, en 1996 e con ela ten gañado importantes galardóns, como o Premio José Luis Alonso da ADE (Asociación de Directores de Escena de España) en 2006 ou o Premio Telón Chivas 2004.

As localidades para asistir a ‘A forma das cousas’ no Salón Teatro están xa á venda na billeteira electrónica entradas.abanca.com; e os días de función estarán dispoñibles na billeteira do Salón Teatro desde dúas horas antes de cada pase.

R., 2016-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES