Noticias

El BNG propone un nuevo modelo de financiación para las grandes ciudades gallegas

El BNG considera que las grandes ciudades de Galicia están "discriminadas" frente al resto del Estado y para corregir esta situación propone una nueva financiación. La formación nacionalista impulsará este debate en el seno de la Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) y buscará, también, el apoyo del Parlamento de Galicia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

Os concellos de Galiza son discriminados no reparto de fondos do Goberno central e cada veciño dun vila ou dunha cidade galega recibe 50 euros menos ca media estatal co actual sistema de reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE). O BNG vai levar tanto á Federación galega de municipios e provincias como a Cámara autonómica unha proposta para a modificación dos criterios cos que se distribúen estes fondos, que para o 2016 suman 11.341 millóns de euros. Desa cantidade, chega aos municipios do país o 5,05%, -583millóns de euros-, pese a representar o 6,24% da poboación total. En términos per cápita, cada concello recibe 209€ por habitante fronte aos 259€ de media estatal.

“Imos traballar no ámbito da FEGAMP e do Parlamento para que se leve a cabo con carácter prioritario unha modificación do sistema de financiamento para superar unha discriminación flagrante que e afecta aos nosos concellos que teñen servizos públicos peor financiados ca media do Estado”, anunciou a portavoz nacional, Ana Pontón, na primeira reunión cos alcaldes, alcaldesas e responsables municipais do BNG.

Pontón fixo fincapé en que se trata dunha “dobre discriminación”: “Recibimos menos recurso nun país onde custa máis prestar servizos dada a dispersión e o envellecemento da poboación”, argumentou. Cos datos do PIE correspondentes a 2016, a cidade de Santiago con 100.000 habitantes recibe 5 millóns de euros dos que lle correspondería se os recursos que Madrid aporta aos concellos galegos fosen cando menos igual á media estatal.

Pontevedra perde 4 millóns, un concello intermedio de 30.000 habitantes como Carballo deixa de percibir 1,5 millóns de euros e un pequeno municipio como San Sadurniño de 3.000 habitantes queda sen 150.000 euros. “Moitos miles de euros por veciño e veciña que perden os concellos galegos e que poderían destinar a financiar servizos sociais de proximidade nun momento en que as familias están tendo moitas dificultades económicas”, indicou a tamén deputada.

Esta situación de discriminación agudízase no caso das grandes cidades, categoría na que se inclúe A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo por superar todas elas os 75.000 habitantes. A modo de exemplo, Málaga recibe o mesmo financiamento do Estado, 230 millóns de euros, que as seis grandes cidades galegas xuntas, -232,6 millóns de euros-, pese a que estas case a duplican en poboación.

Neste sentido, o BNG considera que “sería conveniente unha alianza entre as grandes cidades galegas para loitar contra o réxime de privilexio no reparto de financiamento que teñen as cidades do Estado que superan o medio millón de habitantes”, salientou Pontón. Esas urbes son Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Zaragoza, e Valencia, que co 18% da poboación acaparan o 33% dos 11.343 millóns de euros do PIE en 2016.

“Dentro do marco da reforma do financiamento local, unha das cuestións a propoñer é que as cidades galegas, prexudicadas por un sistema que beneficia ás grandes cidades do Estado, se unan na defensa dun financiamento xusto e non discriminatorio por parte do Goberno central”, subliñou Pontón.

A xuntanza municipal do BNG analizou tamén a sentenza do Tribunal Constitucional que tumba algún dos artigos da coñecida como Lei Montoro que poñía atrancos á prestación de servizos por parte dos concellos e vulneraba o marco compentencial.

“Convertía en papel mollado o Pacto local galego e esta sentenza abre a porta para retomar o diálogo entre Xunta e concellos para decidir como debe ser o reparto competencial”, explicou Pontón, tras asegurar que o BNG aposta por que servizos sanitarios e sociais que asumen os concellos pasen a ser prestados pola Administración autonómica.
Reunión municipal coa nova executiva nacional do BNG que encabeza Ana Pontón

É tamén unha sentenza “que deixa espido ao señor Feijóo que non tivo capacidade que preferiu poñerse ao servizo da estratexia do PP que a defensa das competencias e do autogoberno do país”, lamentou.

Ao encontro municipal, o primeiro coa nova executiva nacional que encabeza Ana Pontón, asistiron a práctica totalidade dos alcaldes e alcaldesas do BNG, responsables municipais en concello onde a formación nacionalista está co gobernando con outras forzas políticas, así como outros cargos con responsabilidade local tanto en municipios como nas deputacións.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2016-03-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES