Noticias

Los Premios de Teatro María Casares 2016 homenajean a las Irmandades da Fala

Los XX Premios María Casares de Teatro se entregan el 30 de marzo en el Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, en una gala musical que homenajeará a las Irmandades da Fala. Agadic contribuye a la celebración de este evento a través de un convenio de colaboración con la entidad organizadora, la Asociación de Actores y Actrices de Galicia (AAAG). La gala será retransmitida por TVG.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a gala de entrega dos XX Premios María Casares que, organizados pola Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG), distinguen cada ano o traballo das distintas disciplinas escénicas do teatro producido en Galicia. O grupo Chévere é o encargado do deseño e condución do evento que hoxe foi presentado como un musical festivo de celebración do vixésimo aniversario dos premios e de homenaxe ás Irmandades da Fala, que neste 2016 celebran o seu centenario.

Algúns dos detalles da gala foron adiantados hoxe por Xesús Ron, director de Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014, na rolda de prensa que tivo lugar no coruñés Pazo de María Pita e na que participaron participaron tamén o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande, e o presidente da AAAG, Vicente Mohedano.

Así, Suso Montero volve encargarse da escenografía, na que destaca a elaboración con gran precisión artística de dous panos de fondo. Ambos desvelaranse durante a cerimonia e servirán para a ambientación desta gala musical que lembrará a María Casares e as Irmandades da Fala, como tamén outros elementos que, segundo os organizadores, “serven para reivindicar unha identidade cultural propia aberta ao mundo e constitúen unha mirada orgullosa ao pasado para afrontar con determinación o futuro do teatro, da lingua e da cultura galega”.

Con estes obxectivos en mente, ao escenario subirán nove actores (Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arancha Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias) e cinco músicos (Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz).

A gala presenta un ano máis a produción executiva de Marta Horjales e acadou a implicación dunha serie de institucións e entidades privadas. Así, a Consellería de Cultura e Educación (a través da Agadic) apoia os premios mediante o convenio de colaboración asinado o pasado día 23 de marzo coa AAAG. O Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE patrocinan tamén os premios, que contan coas colaboracións do Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Televisión de Galicia, o Centro Dramático Galego, Gadis, Emsac e Trevisani.
Como representante dunha das institucións patrocinadoras, o director da Agadic, Jacobo Sutil, referiuse á transcendencia dos galardóns nunha tripla vertente: como celebración lúdica que propicia o encontro entre os profesionais do sector de toda Galicia, como momento para facer balance de todo un ano de traballo sobre os nosos escenarios e como escaparate para a proxección social da gran creatividade do teatro galego.

Sutil lembrou que os vinte anos de traxectoria dos María Casares coincide co vixésimo cabodano da actriz coruñesa que dá nome aos premios, polo que, dentro das actividades desenvolvidas estes días para a divulgación da súa figura, o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), dependente da Consellería de Cultura e Educación, acollerá mañá unha sesión de homenaxe á intérprete. Será mediante un coloquio presentado pola vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, moderado polo escritor e xornalista Alberto Ramos e no que participarán o historiador de cine José Luis Castro de Paz e a investigadora Sabela Hermida.

Tras a mesa redonda, proxectarase o clásico ‘Les enfants du paradise’, dirixida por Marcel Carné e protagonizada por María Casares. A sesión comezará ás 19.30 horas na sala do CGAI na rúa Durán Loriga e a entrada será libre ate completar capacidade.

Un total de 14 espectáculos resultaron finalistas nos XX Premios de Teatro María Casares. ‘O principio de Arquímedes’, de Teatro do Atlántico, convértese neste 2016 na produción con maior número de candidaturas, ao ter presenza en oito categorías. ‘Ensaio sobre a cegueira’, de Sarabela Teatro, aspira a sete galardóns e ‘Presidente’, de Teatro do Morcego, opta a cinco. Ademais, estas tres montaxes disputaranse o premio ao mellor espectáculo.

‘Xardín suspenso’, do Centro Dramático Galego, e ‘Manawee’, de Matrioshka Teatro, compiten ambas as dúas en catro apartados, mentres que ‘Noiteboa’, de Redrum Teatro, e ‘Panamericana’, de A Panadería, optan a tres galardóns. Pola súa banda, ‘Calypso’, de Voadora; ‘O Furancho’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘Unhas poucas picadelas’, de Teatro de Ningures, competirán por dous galardóns. Finalmente, poderían gañar un galardón ‘30 e tantos ósos’ (Aporía Escénica), ‘Feo!’ (Caramuxo Teatro), ‘O Crédito’ (Eme2 Producións) e ‘Jim e Illa do Tesouro’ (Eme2 Producións).

Durante a gala, entregarase o Premio de Honra Marisa Soto á Revista Galega de Teatro (RGT) e a xornalista Montse Dopico lerá o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Por vez primeira, os Premios María Casares de Teatro serán transmitidos en directo a través de ‘streaming’ na páxina web da Televisión de Galicia e poderanse seguir en diferido pola segunda canle. A través de twitter anunciaranse en tempo real os gañadores e empregarase o ‘hashtag’ #os casares.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Asociación de Actores y Actrices de Galicia (AAAG):

“A gala será un musical que servirá de exposición festiva dos motivos polos cales debemos sentirnos orgullosos do teatro que se fai en Galicia. Tamén homenaxearemos ao longo da noite ás Irmandades da fala, que neste 2016 celebran o seu centenario; os vinte anos de premios María Casares e por suposto, o vixésimo aniversario do pasamento da propia actriz”. Con estas palabras, o director Xesús Ron resumiu as claves dos XX Premios de Teatro María Casares, cuxa gala se celebra o mércores 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña e que será conducida polo grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro en 2014. Ron sinalou, ademais, que a gala recreará o xeito propio do teatro musical: "a escena norteamericana ten como referente a Broadway, nós en Galicia usaremos o referente da Ultranoite, unha canteira de talento escénico pola que teñen pasado dúas xeracións de creadores ao longo de máis de vinte anos."

Así o explicou o director teatral na rolda de prensa celebrada esta mañá no Concello da Coruña, na que participaron tamén o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande, e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Vicente Mohedano.

Mohedano quixo resaltar a “gran calidade” dos catorce espectáculos que compiten nas catorce categorías nos que se dividen os premios. Todas estas producións, segundo Mohedano, demostran a calidade artística das compañías e dos profesionais dun sector que, malia a crise, segue a traballar por un teatro de calidade. Mohedano, ademais, lembrou que a Asociación vén de cumprir trinta anos e que neste 2016 se celebra a vixésima edición dos premios María Casares. “E quixemos que nesta gala tan especial nos acompañase unha compañía como Chévere, cuxa pegada no sistema cultural galego é innegable e que conta cun discurso que se actualiza constantemente segundo as necesidades e o respirar da nosa sociedade”, sinalou Mohedano. Tamén recordou a importancia destes galardóns que, no seu vixésimo aniversario, seguen a “darlle visibilidade e prestixio á nosa actividade teatral”.

Suso Montero volve este ano a encargarse da escenografía, na que destaca a elaboración con gran precisión artística de dous panos de fundo. Daranse a coñecer durante a gala dos María Casares e servirán para a ambientación desta gala musical que lembrará a María Casares e ás Irmandades da Fala, como tamén a outros elementos que sirven para reivindicar unha identidade cultural propia aberta ao mundo e que constitúen unha mirada orgullosa ao pasado para afrontar con determinación o futuro do teatro, da lingua e da cultura galega. Con estes obxectivos en mente, ao escenario subirán nove actores (Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arancha Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias) e cinco músicos (Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz).

A gala, ademais, conta un ano máis coa produción executiva de Marta Horjales e co apoio dunha serie de institucións e entidades privadas que demostran coa súa implicación a importancia social e cultural que teñen os Premios María Casares. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE patrocinan os premios, que contan coa colaboración tamén do Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Televisión de Galicia, o Centro Dramático Galego, Gadis, Emsac e Trevisani.

Por vez primeira, os Premios María Casares de Teatro serán retransmitidos en directo a través de streaming ás 21.00 horas na páxina web da TVG e poderanse seguir en diferido pola segunda canle da TVG. A través de twitter anunciaranse en tempo real os gañadores e empregarase o hastag #os casares. Durante a gala entregarase o Premio de Honra Marisa Soto á Revista Galega de Teatro (RGT) e a xornalista Montse Dopico lerá o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

Dentro das actividades paralelas que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) desenvolverá nas próximas semanas para difundir a figura de María Casares, o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) acollerá unha sesión homenaxe á actriz, consistente nun coloquio presentado pola vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, moderado polo escritor e xornalista Alberto Ramos e no que participarán o historiador de cine José Luis Castro de Paz e a investigadora Sabela Hermida. Tras a mesa redonda, proxectarase o clásico Les enfants du paradise, dirixida por Marcel Carné e protagonizada pola actriz María Casares. A sesión comeza ás 19.30 horas e será de balde.

Fotografía: Asociación de Actores y Actrices de Galicia (AAAG)

R., 2016-03-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES