Notas de prensa

Estréase a miniserie Vento ferido, unha adaptación fílmica da obra de Carlos Casares

A Agadic vén colaborando co Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que desenvolveu a súa duodécima edición o pasado mes de xullo no Auditorio Ilduara da vila ourensá. Durante catro días programáronse relatorios de destacados profesionais do sector, foros de debate, concertos e tres clases maxistrais.

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolleu a estrea da miniserie Vento ferido, un proxecto realizado por alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual e Publicidade do campus pontevedrés a partir da obra homónima do escritor Carlos Casares e que se enmarca no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.

“Desde a Consellería de Cultura e Educación, particularmente desde a Agadic, e en colaboración coa Fundación Carlos Casares, coa Universidade de Vigo, co Concello de Celanova e coa Deputación de Ourense, seguimos comprobando o froito de apostar por esas experiencias que ofrecen un complemento práctico indispensable para a formación dos futuros profesionais do audiovisual”, asegurou, en alusión ao curso, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou no acto de estrea.

A literatura galega, fonte para a creación audiovisual

“Creo que a fórmula desta experiencia do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova de producir unha nova proposta creativa, neste caso audiovisual, partindo dun bo texto literario é unha grande idea”, afirmou Anxo Lorenzo, quen tamén se referiu ás “excelentes historias que conteñen as páxinas da literatura galega e que merecen estar na pantalla”.

Segundo dixo, “o guión desta miniserie de tres capítulos está baseado nun dos textos máis importantes da narrativa galega recente, que nos ofrece un conxunto de relatos dunha enorme forza narrativa e visual na propia escrita de Casares, polo que a escolla, arriscada pola dureza dos propios textos, é de seu suxestiva”. Finalmente, afirmou que “o exercicio case profesional que realizaron este grupo de xente moza, en adaptación libre, para contaren a súa propia historia, merece todo o noso aplauso”.

A Agadic vén colaborando co Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que desenvolveu a súa duodécima edición o pasado mes de xullo no Auditorio Ilduara da vila ourensá. Durante catro días programáronse relatorios de destacados profesionais do sector, foros de debate, concertos e tres clases maxistrais de montaxe, composición e dirección de fotografía, así como a exhibición do traballo resultante da nova entrega do taller ‘Celanova, plató de ficción’, do que forma parte a miniserie ‘Vento ferido’.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) vén de poñer en marcha un novo laboratorio de investigación en cuántica, que reforza as capacidades de Galicia en tecnoloxías cuánticas e completa a oferta de infraestruturas científico-tecnolóxicas do ecosistema de I+G+i. A posta en marcha deste novo laboratorio sitúa a Galicia nunha posición aínda máis competitiva neste ámbito e permite abordar de maneira integral a investigación, a experimentación, o desenvolvemento de aplicacións e a súa transferencia ao tecido produtivo.
Foto de la tercera plana (emprego-industrial.jpg) Galicia rexistra en xuño con 1.123.034 cotizantes o máximo de afiliacións á Seguridade Social e con 105.768 persoas paradas o nivel de desemprego máis baixo de toda a serie histórica. No caso das afiliacións, soben tanto na comparativa anual como na mensual. Hai preto de 20.400 afiliacións máis que hai un ano e case 11.200 cotizantes máis que hai un mes, sendo na comparativa mensual o ritmo de subida maior ao estatal. En relación co paro, cae tanto na comparativa anual , cunha redución do -1,39 % como na mensual, neste caso un -3,28 %.

Notas

Só o 13,2 % das empresas en Galicia dispón dunha política formal de xestión do risco, unha cifra que mesmo descende respecto á rexistrada hai cinco anos (16,7 %). É unha das principais conclusións do estudo 'La gestión del riesgo en el sector empresarial gallego' promovido por Fundación Inade e elaborado polo Centro de investigación ECOBAS cuxos resultados se presentaron no marco da primeira edición de RISKGALICIA.
Os coidados informais en Galicia equivalen a 491,35 millóns de horas anuais e o seu valor monetario sitúase en arredor de 5500 millóns de euros ao ano. Estes son algúns dos datos recollidos no estudo El Derecho al Cuidado y la Economía de los Cuidados en España. O documento, realizado no marco do proxecto Iberlongeva coa participación da Universidade de Vigo, foi presentado este xoves no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES