Notas de prensa

A Feira do Libro de Vigo abre as portas da súa nova edición de 2015

As novidades editoriais comparten escenario con diversas actividades para lles achegar a todos os públicos o libro e a lectura. Máis de 50 escritores e profesionais do mundo do libro participan con sinaturas e presentacións de libros, coloquios e recitais poéticos ata o 12 de xullo neste evento cultural de referencia.

A Feira do Libro de Vigo abriu as portas da súa edición de 2015, na que, ata o 12 de xullo, contará coa participación de máis de 50 escritores e e escritoras xunto con outros profesionais do mundo do libro a través de sinaturas e presentacións de libros, coloquios e recitais poéticos.

A primeira xornada da feira, promovida pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, comezou co acto de inauguración a cargo do libreiro Xurxo Patiño e do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou as feiras como auténticos espazos de dinamización cultural a prol do fomento do libro e da lectura, a través das novidades que ofrecen os stands das librarías, así como da completa programación que se vén desenvolvendo arredor destes eventos.

A escritora viguesa Ledicia Costas foi a encargada de pechar o acto de apertura da feira coa lectura do pregón.

Propostas para a primeira xornada

Ata o 12 de xullo, a rúa Progreso da cidade de Vigo será o escenario desta nova cita co libro e a lectura, que, no día de hoxe, contará coa participación de Elena de Frutos e Puri Pérez Leirós, ás 18 horas, para asinar exemplares da obra ‘Bouzas. Olladas salgadas’ (Edicións do Cumio). Co mesmo obxectivo estará na feira, ás 19 horas, Luis Anguita, coa súa obra ‘Esta noche volveré a buscarte’ (Ediciones Carena) e, ás 20 horas, Elena Gallego Abad presentará ‘Dragal IV. A estirpe do Dragón’ (Xerais). Para pechar a primeira sesión, que tamén ofrecerá ás 18,30 horas unha actividade infantil, María Reimóndez presentará ‘A música dos seres vivos’ (Edicións Xerais), nun acto que contará coa intervención musical de Mercedes Peón.

Iolanda Zúñiga, Xosé María Ãlvarez Cáccamo, Vítor Vaqueiro, Rexina Vega, Agustín Fernández Paz e Marcos Calveiro son outros dos escritores e escritoras que participarán na feira para presentar as súas obras e manter encontros cos lectores e lectoras.

Actividades especiais para os máis novos

Xunto coas presentacións e sinaturas de libros, a feira contará cunha programación especial dedicada aos máis novos, con diversos obradoiros, contacontos e espectáculos de maxia. A poesía tamén será protagonista da programación, cos recitais poéticos a cargo do grupo Brétema e de Rosa María González, e cunha homenaxe poética á escritora María do Carme Kruckemberg, recentemente falecida.

Ademais, como vén sendo habitual, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel conta cun stand propio na feira para dar a coñecer a súa colección, ademais de organizar actividades de dinamización da lectura.

Próximas feiras

As Feiras do Libro de Galicia iniciaron o 14 de abril en Pontevedra a edición de 2015, que percorrerá un total de 12 concellos das catro provincias galegas ata o mes de agosto. Logo do seu paso por Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, as feiras chegarán tamén no mes de xullo a Ribeira, do 16 ao 19, e a Rianxo, do 23 ao 26. En agosto regresará a Feira do Libro da Coruña, que se celebrará do día 1 ao 10. A continuación, a provincia lucense acollerá as tres últimas citas deste ano, nos concellos de Viveiro, do 13 ao 16; de Foz, do 20 ao 23; e, finalmente, de Monforte de Lemos, onde terá lugar do día 26 ao 29.

O calendario das Feiras do Libro de Galicia está accesible na Axenda de Cultura de Galicia, en www.cultura.gal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES