
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, destacou na Coruña os distintos valores pedagóxicos adicionais que lle reporta ao alumnado o traballo activo nas distintas fases do proceso de creación audiovisual. Asà o expresou nun acto celebrado no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), no que acompañou a máis de oitenta estudantes, mestres e profesionais na proxección de clausura do programa ‘Cine en Curso 2014-2015Â’.
O titular de Cultura e Educación da Xunta de Galicia referiuse á importancia da innovación nos modelos educativos e á transcendencia da formación artÃstica como os principais elementos que presiden este proxecto internacional, do que forman parte España, Arxentina e Chile, e que coordina para Galicia o CGAI dentro do Plan Proxecta da Dirección Xeral de Innovación Educativa.
Os participantes de Cine en Curso, alumnos e alumnas de entre 9 e 18 anos procedentes do CEIP A Rúa de Cangas de Morrazo, do IES Val do Asma de Chantada, do CPI Curros EnrÃquez de Pazos de Borbén e do IES Fontem Albei da Fonsagrada reunÃronse esta mañá na sala de proxeccións da filmoteca galega para expoñer e ver as catro curtametraxes documentais realizadas por eles coa axuda dos docentes e baixo a titorÃa de realizadores, guionistas, directores de fotografÃa e montadores profesionais.
Alfabetización audiovisual
Román RodrÃguez, que participou no acto xunto co director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o director do CGAI, Guillermo Escrigas; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo; e mais as codirectoras xerais de ‘Cine en CursoÂ’, Nuria Aidelman e Laia Colell, subliñou tamén a achega deste programa ao cumprimento dos obxectivos europeos de alfabetización audiovisual e detallou os méritos derivados da práctica cinematográfica, como son a capacidade de observación, o fomento da autonomÃa individual, o exercicio do traballo en cooperación ou a asunción de responsabilidades individuais e colectivas.
De feito, ‘Cine en cursoÂ’ é un programa pedagóxico sobre o cinema a través do cinema. Nel, os estudantes descobren a sétima arte co visionado e reflexión sobre pelÃculas de todas as épocas e culturas, ao tempo que lles dedican os últimos meses a varios obradoiros para a escrita dun guión, a planificación, a rodaxe e a montaxe da súa propia curtametraxe documental. A metodoloxÃa de ‘Cine en CursoÂ’ baséase en enlazar os valores cinematográficos cos pedagóxicos a través da apreciación da contorna próxima e do rigoroso traballo persoal e en común que leva a cabo o grupo de participantes, moi diverso tanto polo abano de idade como polos contextos xeográfico, socioeconómico e cultural nos que se integran.
Compartir experiencias próximas
Os alumnos dos catro centros educativos galegos seleccionados para participar na modalidade de talleres de ´Cine en curso’ foron os que hoxe protagonizaron a xornada no CGAI, a través da proxección de cadanseus filmes e da conversa posterior sobre o proceso de creación e as experiencias vividas arredor dos mesmos.
AsÃ, os rapaces do CEIP A Rúa presentaron na curta titulada ‘Deixando atrásÂ’ os recordos da emigración que partiu de Cangas cara a América, baseándose en fotografÃas, cartas e voces que transmiten as emocións das despedidas, da separación e da viaxe. Este centro participa por segundo ano en ‘Cine en cursoÂ’ e despois de ter acadado en 2014 o Premio Nacional de Alfabetización Audiovisual que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
‘Flúe o Miño entre socalcosÂ’ foi a obra presentada polo IES Val do Asma para retratar o pasado e o presente do oficio artesán da Ribeira Sacra, a viticultura, a través da captación de paisaxes, retratos, labores e adegas da beira do rÃo.
O CPI Curros EnrÃquez exhibiu en ‘Mudando laresÂ’ un recordo da emigración dos veciños de Pazos de Borbén a Salvador de BaÃa no século XX, asà como as novas costumes e influencias que trouxeron co seu retorno.
Pola súa banda, os alumnos do IES Fontem Albei trazaron en ‘O camiño do tempoÂ’ un percorrido pola Fonsagrada e as súas proximidades, no que se retratan lugares, xentes e traballos cotiáns para transmitir o contraste de sensacións que se crea entre a nostalxia e a soidade dalgúns lugares e persoas e a actividade e compañÃa doutros.
Todo o proceso de creación destas pelÃculas, asà como o de todos os centros participantes, pode seguirse en www.cineencurso.org e en blog.cineencurso.org.
As lembranzas de Balbino, o rapaz de aldea que é xa un dos personaxes máis universais das nosas letras, regresan a escena 15 anos despois de que o propio Pazó levara ás táboas unha primeira adaptación teatral en formato monólogo. Para esta segunda revisión da obra no ámbito do teatro profesional, conta con Xúlio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica GarcÃa, Federico Pérez Rey, Santi Romay e Ana Santos para lle dar vida a un espectáculo que se presenta como a memoria colectiva dunha Galicia rural que se foi diluÃndo ou transformando, poñendo en primeiro termo a emoción, pero botando man tamén do humor e da comunicación directa co público.
O DOG publica a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, que converterá Galicia en pioneira na regulación da venda e consumo de vapeadores e bebidas enerxéticas. Con esta norma, as bebidas enerxéticas quedarán equiparadas ao alcohol e os vapeadores ao tabaco a nivel de restricións e, polo tanto, Galicia vai ser a primeira comunidade de España na que se prohiba a venda e consumo destes produtos a menores de idade. Asà a Xunta é a primeira administración en elaborar unha norma deste tipo.