
Hai tres anos que GaliciaDigital emprendeu o que se denomina PROXECTO MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ para rescatar a figura deste importante escritor nado en Paradela (Lugo), emigrante aos seis anos coa súa familia a Catalunya, e que chegou a ser a ponte perfecta entre os Galegos en Catalunya e a Galicia interior, a a través da súa poesÃa, da súa narrativa e das súas crónicas periodÃsticas.
MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, a dicir de Méndez FerrÃn na súa tese “De Pondal a Novoneyra”, é o máis importante poeta obreiro da Galicia da segunda metade do século XX. A súa poesÃa ten unha forza expresiva, froito do amor do autor por Galicia e o galego, e da súa experiencia como obreiro en Cataluña dos anos cincuenta, sesenta e setenta. Temas recorrentes son a terra, a emigración, o traballo, sempre na defensa dos máis humildes, dos máis desfavorecidos; sempre vivindo en Galicia -vivindo Galicia- aÃnda que residise en Catalunya. Os últimos anos da súa vida viviunos en Lugo, onde morreu o 13 de febreiro de 1990. Precisamente vimos de celebrar en Paradela, no Colexio Público ,cos alumnos do centro, os vintecinco anos da desaparición fÃsica deste paradelense ilustre ao que o Concello ten nomeado Fillo Predilecto, deu o seu nome á Casa da Cultura, e instituÃu un Certame Literario (prosa e poesÃa) que está xa na súa XX edición, recibÃndose preto de un milleiro de traballos de todo o mundo de fala castelán e galega.
Ademais das súas creacións en poesÃa e prosa, este autor ten un moi importante traballo xornalÃstico, difundindo especialmente en Galicia o traballo dos galegos no paÃs catalán. Colaborador asiduo de El Ideal Gallego, El Progreso, Faro de Vigo e outros medios, as súas crónicas foron recollidas nos libros GALEGOS EN CATALUNYA, I e II, e nelas se reflicte a constante presenza da cultura galega en Cataluña, tanto pola visita de galegos como (e de xeito especial) polo traballo das colectividades galegas en Catalunya. Membro do Centro Galego de Barcelona, foi o seu Cronista Oficial, deixando unha moi fonda lembranza que puido acreditarse na recente presenza desta exposición naquel Centro.
Se o Proxecto naceu inicialmente para solicitar a dedicación a este autor dun DÃa das Letras Galegas, leva xa funcionando tres anos difundindo a vida e obra deste autor, tendo como elemento esencial unha web (www.manuelrodriguezlopez.org) en castelán, galego, catalán e inglés, unha antoloxÃa poética, e esta exposición itinerante, formada por dezaseis paneis onde se reflicte o máis salientable da traxectoria vital e creativa deste autor.
Os que acudan a visitar esta exposición recibirán cadanseu folleto no que se reflicten integramente os paneis da Mostra, co fin de que os interesados no tema poidan "levar para a casa" esta completa información sobre Manuel RodrÃguez López.
O proxecto púxose en marcha en colaboración coa familia do escritor e o Concello de Paradela, con axuda da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (SecretarÃas Xerais de Cultura e PolÃtica LingüÃstica), e da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo, e a colaboración da Real Academia Galega, da que o seu Presidente dirixiu e prologa a AntoloxÃa Poética, que tamén se entregará gratuitamente aos visitantes á exposición.
A exposición “MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego,poeta obreiro” inaugúrase na Casa de Galicia en Madrid o mércores, 4 de marzo, ás sete da tarde, coa presencia do Delegado da Xunta en Madrid, JOSÉ RAMÓN ÓNEGA e do Alcalde de Paradela, JOSÉ MANUEL MATO DÃAZ.
O cinema arxentino volve ser protagonista da programación da Filmoteca de Galicia, que este mes recibirá as cineastas MarÃa Aparicio e LucÃa Seles con motivo das retrospectivas que lles dedica. Tamén visitará a sede da cinemateca da Xunta na Coruña o director do Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente, Javier Porta Fouz, para presentar unha copia restaurada de Nueve reinas, ademais de coñecidos nomes do noso audiovisual nas novas entregas da sección Off Galicia, do ciclo Espello Video Cine e da sesión inaugural do 20º aniversario do programa educativo Cinema en Curso. A nova carteleira mensual inclúe, asà mesmo, varias proxeccións do Cormorán Film Fest, as últimas de Centenario Maurice Pialat e as pelÃculas que cada ano selecciona a Asociación Amigos da Ópera coincidindo coa súa Temporada LÃrica, entre outras citas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio do nivel acordado para 2025 entre a ConsellerÃa de PolÃtica Social e Igualdade e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) destinado ao sistema de atención á dependencia das comunidades autónomas e que, no caso de Galicia, ascende a 105 millóns de euros sufragados entre o Estado e a Xunta, só tres máis que os asignados o exercicio pasado. Tal e como informou Rueda, Galicia recibirá algo máis de 52 millóns de euros, grazas a que a Xunta cumpre con éxito os obxectivos recollidos neste acordo: diminución da lista de agarda, mellora na calidade dos servizos, etc.