Notas de prensa

Bernardo Atxaga, Suso de Toro, Carme Riera e Bradley Epps debaten os cambios culturais nun ciclo do CGAC

Cara a onde? Observando a transformación cultural e social desde a literatura’, é o novo ciclo co CGAC. Desenvolverase en catro sesións do 7 de marzo ao 20 de xuño, baixo a dirección do escritor Alfredo Conde. Trátase dun espazo de difusión cultural para dinamizar o panorama artístico actual e reflexionar.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta un novoespazo para a reflexión no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no que recoñecidas figuras do panorama actual como son Bernardo Atxaga, Suso de Toro, Carme Riera e Bradley Epps abordarán, a través da literatura, a situación da sociedade en relación coa cultura.

‘Cara a onde? Observando a transformación cultural e social desde a literatura’é o título do ciclo quesedesenvolverá durante catro sesións, un sábado ao mes desde marzo ata xuño, baixo a dirección de Alfredo Conde.O escritor e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá –xunto coa xerenta do CGAC, Pepa Fuentes–, a iniciativa, na que tamén participarán o escritor e xornalista Henrique Alvarellos, o profesor, editor e crítico literario Xosé A. López Silva e o profesor, crítico e ensaísta Ramón Nicolás.

Segundo recordou Anxo Lorenzo, o CGAC constitúe “un espazo de difusión cultural para dinamizar o panorama artístico actual e reflexionar sobre a diversidade das conformacións culturais na sociedade contemporánea”.Ademais dos proxectos expositivos, o centro ofrece unha ampla programación de actividades que lle permite abordar a cultura contemporánea nun sentido amplo, a través de iniciativas como este novo ciclo, que terá lugar no auditorio do CGAC en horario de 12 a 14 horas e que será de entrada libre e gratuíta ata completar as localidades.

O 7 de marzo Bernardo Atxaga impartirá a conferencia ‘A cortiza e a áncora’. O escritor e membro da Real Academia Vasca da Lingua, galardoado con importantes premios internacionais e nacionais tanto en narrativa como en poesía, conta con obras levadas ao cinema e traducidas a 32 idiomas. Neste relatorio fará referencia ás razóns esgrimidas a favor e en contra do uso de linguas minoritarias.

O 11 de abril Suso de Toro defenderá que ‘Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado’. O autor galego compaxina a docencia co seu traballo literario, a creación de guións para radio e televisión e as colaboracións en diferentes medios de comunicación. Obtivo diversos premios literarios e a súa obra, traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades. Ao seu entender, as linguas precisan espazos sociais e nacionais para existiren e a protección dun estado que vincule a súa existencia á da propia lingua, ou non. Pregúntase se a lingua galega tivo un estado que a protexese desde 1975.

‘A literatura morreu, viva o fútbol’, relatorio de Carmen Riera o 23 de maio. Premiada pola autoría de novelas, contos e ensaios en catalán e castelá, é membro da Real Academia Española e da Real Academia de Boas Letras de Barcelona. A súa obra foi traducida a numerosas linguas entre as que se atopa o alemán, o ruso, o grego ou o hebreo. A escritora expón a perda de interese do pobo pola literatura ao deixar de ser un feito ligado á cuestión nacional, fronte aos equipos de fútbol que si conseguen esa forte relación a pesar da orixe diversa dos seus integrantes.

A derradeira xornada será o 20 de xuño cun relatorio a cargo de Bradley Epps baixo o título‘A que(e)renza do normal: tensións e torceduras da identidade nacional e lingüística’. Profesor de literatura española en diversas universidades de Estados Unidos e Reino Unido como Harvard ou Cambridge, e fondo coñecedor das diferentes realidades culturais da península Ibérica, os seus traballos tocan temas como a muller, o xénero, a literatura o cinema ou a arte. Epps reflexionará sobre o estado permeábel e precario das Letras e sobre a estranxeiría como condición continxente: non se é estraño ou estranxeiro senón que se está. Unha condición que atravesa toda lingua normalizada, non normalizada e por normalizar.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES