
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, participou no concello lugués de Paradela nos actos de homenaxe a Manuel RodrÃguez López, organizados no marco do Proxecto Manuel RodrÃguez López -que impulsan Galicia Dixital e mais a familia do escritor coas colaboracións da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Real Academia Galega, do Concello de Paradela e da deputación luguesa- co gallo do 25º aniversario do pasamento do poeta.
O acto central, no que se inaugurou a exposición ‘Manuel RodrÃguez López. Emigrante galego-poeta obreiroÂ’ e se fixo un recitado escolar de poemas do autor, desenvolveuse no CEIP San Miguel e contou tamén coa participación do alcalde de Paradela, José Manuel Mato; do director de Galicia Dixital, Antonio Giz; e da viúva do escritor, Irene López.
A continuación, celebrouse unha ofrenda floral no cemiterio municipal, onde está soterrado este poeta, cronista e tradutor falecido o 13 de febreiro de 1990.
A mostra ‘Manuel RodrÃguez López. Emigrante galego-poeta obreiroÂ’ regresa a Paradela logo de arrancar a súa itinerancia neste concello e percorrer os de Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Vilalba, Begonte, Sarria, PortomarÃn e Barcelona. A vindeira parada deste proxecto será Madrid, onde a acollerá a Casa de Galicia a partir do vindeiro 4 de marzo.
----------
Abriuse para os alumnos do colexio a exposición “MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego-poeta obreiro” que, dentro do Proxecto Manuel RodrÃguez López, ten xa sido presentada en Lugo, Santiago, A Coruña, Vilalba, Begonte, Sarria, PortomarÃn, Barcelona, e mesmo en Paradela onde comezou o seu percorrido itinerante. Nesta ocasión, a exposición acode ao Colexio da capital do concello, onde todos os alumnos recibien cadanseu exemplar da AntoloxÃa poética de Manuel RodrÃguez, xunto co folleto que recolle Ãntegros os contidos da exposición.
O proxecto Manuel RodrÃguez López, impulsado por Galicia Digital xunto coa familia do escritor, conta co apoio do Concello de Paradela, Deputación Provincial de Lugo-Vicepresidencia 1ª, Xunta de Galicia e Real Academia Galega.
A exposición itinerante, despois de permanecer varios dÃas no colexio de Paradela, viaxará a Madrid, onde será inaugurada na Casa de Galicia, o 4 de marzo.
No acto do Colexio de Paradela, estaba prevista a asistencia do Secretario Xeral de PolÃtica LingüÃstica, da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ValentÃn GarcÃa Gómez, do Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; o director de Galicia Digital, Antonio Giz; a viuva do escritor, Irene López; o Director do colexio, Orlando Fernández, e alumnos do Centro leerán poemas de Manuel RodrÃguez López. Desde hai anos, os alumnos deste centro leen poemas do autor no acto de entrega de premios do Certame literario do Concello de Paradela, que leva o nome do que é fillo predilecto do Concello e da nome á Casa da Cultura, que neste ano acada a súa XX edición.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.