Notas de prensa

Recepción aos deportistas pontevedreses campións de España de varias competicións

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia recibe aos deportistas pontevedreses campións de España de piragüismo, loita, remo, tríatlon, taekwondo, tiro e judo, aos que felicita por acadar o máis alto do podio e agradécelles a súa contribución ao deporte galego.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu a unha ampla representación dos deportistas pontevedreses proclamados campións de España en 2013 - 2014 na categoría absoluta ou previa á absoluta, nas modalidades de piragüismo, loita, remo, tríatlon, taekwondo, tiro e judo.

O titular de Deportes da Xunta felicitou aos protagonistas do acto, que estiveron acompañados por familiares e representantes das sete federacións implicadas, salientando os bos resultados que acadaron na competición nacional e a boa imaxe de Galicia que cos seus logros axudan a trasladar ao exterior.

En total, 166 deportistas da provincia de Pontevedra subiron en 2013 - 2014 ao máis alto do podio nas súas respectivas modalidades deportivas e a Secretaría Xeral para o Deporte quere axudar ao recoñecemento público dos o seus logros mediante a celebración do acto de hoxe e do previsto para mañá pola tarde en Vigo.

O acto de mañá homenaxeará as restantes modalidades nas que Galicia ocupou o primeiro posto, é dicir, a vela, o xadrez, a ximnasia, a hípica, a pesca, o baile deportivo, a aeronáutica, o atletismo, o bádminton, o billar, o ciclismo, o salvamento e socorrismo, os deportes de inverno, o kung-fu, o motociclismo, a natación e o squash.

Deportistas por modalidades

En 2013 - 2014 o remo, o piragüismo e o taekwondo foron as modalidades que acadaron o maior número de campións.

Os deportistas recoñecidos no acto desta tarde foron, en taekwondo: Adrián Alonso Simón, Óscar Arangude Santos, Raúl Bouzas Somoza, Sandra Bouzas Somoza, Katia Calvar Martínez, Jorge Choren Lago, Lía de Araujo Pérez, María Domínguez Ferreira, José Benito Fernández Abalo, Pablo Fernández Eiras, David Fresco Tato, Pablo Fresco Tato, Cristian Gómez Fabello, Susana Iglesias Porrras, Nazaret Licer Crespo, Sabela López Riobó, Ãngel López Ventín, Laura Lorenzo Amoedo, Alejandro Losada Garcia, Samuel Meilán Fernández, Gabriel Moral López, Francisco Padín Oliveira, Lua Piñeiro Devesa, Lucía Penín Costas, Yago Pita Ros, Borja Ríos Cortegoso, Manuel Jesus Rodríguez Fernández, Marcos Silva Ãngel, Xian Silva Pazos, Ruth Tilve Costas, Adrián Ventín Santos e Andrea Vilas Miranda.

Na disciplina de remo, os campións foron Óscar Alonso Alonso, María del Carmen Alonso Pérez, Ãlvaro Ãlvarez Domínguez, Noelia Ãlvarez Domínguez, Sonia Boubeta Curras, Manuel Caneda Otero, Jennifer Casal Iglesias, Iria Castro Baliño, Daniel Costas Brea, Pilar Darriba Dantas, Javier Domínguez Ozores, Nuria Domínguez Asensio, Antía Domínguez Rodríguez, Félix Duarte Otero, Benigno Fábregas Martínez, Daniel Folgada Ãlvarez, Mateo Manuel Garrido Triñanes, María Cristina González Ãlvarez, Jesús González Ãlvarez, Tatiana González Núñez, María Iglesias Pena, Cristian Lijó Ãlvarez, María López Ãngel, Sara Malvar Leite, Andrea Oubiña Rodríguez, Sergio Pérez Moreno, Pedro Rodríguez Hermo, Adrián Rodríguez Iglesias, Antía Rodríguez Rodríguez, Iris Romero Cancelas, Esmeralda Santos Maceiras, Amalia Solla Cacabelos e Joaquín Triñanes Ãlvarez.

No caso do piragüismo, os palistas gañadores dun primeiro posto foron: Iván Alonso Lage, Pedro Areal Abreu, Alex Bernárdez González, Manuel Antonio Campos García, Oscar Carrera Amandi, Jennifer Casal Vidal, Adrián Castiñeiras Troans, Raquel Dacosta Piñeiro, Fabián Domínguez Abuín, Jacobo Domínguez Otero, Daniel Durán Escaneo, Miguel Fernández Castro, Adrián Fernández Lameiro, Ramón Ferro Dios, Óscar Graña Blanco, Gabriel Hernández Navarro, Rebecca Laurijssen Busto, Emilio Merchán Alonso, Rubén Millán Rodríguez, Camila Aldana Morison Rey, Carla Pérez Coya, Diego Piña Esteves, Leticia Piña Esteves, Andrea Fátima Porteiro Ocampo, Roi Rodríguez Huertas, Roberto Rodriguez Lechuga, Victor Javier Rodríguez Rodríguez, Raquel Rodriguez Rodriguez, Diego Romero Fraga, Valeria Romero Gómez, Adrián Sieiro Barreiro, Sergio Vallejo Esperón e Ana Varela Iglesias.

No que respecta á loita, os méritos recaeron en Cristina Alves Pereira, Laura Fabiola Covelo Rojas, Juan de Jesús Machado, Noelia Lalín Canda e Lydia Pérez Touriño. En tiro olímpico, en Jose Ãngel García Otero; en judo, en Tecla María Cadilla Acevedo, e, finlamente, no caso do triatlón, en Jesús Gomar García, Javier Gómez Noya, Nan Oliveras Font, Susana Rodríguez Gacio e Gustavo Rodríguez Iglesias.

Galicia na alta competición, no presente e no futuro

No transcurso do acto, Lete Lasa agradeceu en nome de toda Galicia a contribución destes deportistas ao desenvolvemento do país, posto que eles son os auténticos protagonistas do deporte, unha actividade que favorece moi directamente a educación, a saúde, a cohesión social, a cultura e a economía. Agradeceulles especialmente que actúen como espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza.

Neste sentido, lembrou o apoio da Xunta aos deportistas, con 337 recoñecidos no alto nivel (DGAN), máis de 100 equipos de alta competición patrocinados directamente, e máis de 1.000 equipos de base apoiados, ao que cómpre engadir as instalacións de referencia no eido da tecnificación e o alto nivel que o Goberno galego pon a disposición dos deportistas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES