Notas de prensa

Vázquez Abad visitou a exposición sobre a figura do emigrante galego e poeta obreiro Manuel Rodríguez López no Ateneo de Ourense

A mostra, que se pode visitar ata o 31 de xaneiro, repasa a traxectoria poética do que chegou a ser considerado o máis insigne poeta obreiro da literatura galega do século XX.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou a exposición coa que se lle rende homenaxe a Manuel Rodríguez López no Ateneo de Ourense, que chegou a ser considerado o máis insigne poeta obreiro da literatura galega do século XX. A mostra, que se enmarca nas actividades do proxecto que leva o nome do escritor, está promovida por Galicia Dixital e a familia do escritor co apoio da Consellería de Cultura e Educación, do Concello de Paradela, ademais da Deputación e o Concello de Lugo, a Real Academia Galega e, nesta ocasión, do centro ourensán, onde a exposición está a dispor do público ata o 31 de xaneiro.

O Goberno galego, a través do departamento de Cultura e Educación, apoia e promove diversas iniciativas para conmemorar esta efeméride e, deste xeito, renderlle un tributo ao que o conselleiro definiu como “un intelectual que viviu con orgullo o sentimento de pertenza á cultura galega, á que enriqueceu con achegas moi valiosas”. Xesús Vázquez Abad destacou tamén a traxectoria dun home que “obrigado de neno a iniciar o camiño da emigración, atopou nese tránsito forzado conciencia, saberes e pensamentos audaces, pero que nunca abandonaría a mirada transparente do neno nado en Paradela”.

O proxecto Manuel Rodríguez López, iniciado hai tres anos, está conformado por unha páxina web en galego, catalán, castelán e inglés, diversas publicacións e actividades, ademais desta mostra itinerante que xa percorreu parte da xeografía galega e o Centro Galego de Barcelona. Con el preténdese difundir a vida e obra do autor de Paradela, que con moi poucos anos emigrou a Cataluña converténdose no poeta en lingua galega que difundiu o labor dos seus paisanos na comunidade onde emigraron, constituíndo a ponte entre Galicia e Cataluña e chegando a ser considerado o máis senlleiro da literatura galega do século XX.

Ademais do conselleiro, no acto tamén participaron o secretario xeral de política lingüística, Valentín García; o alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato; ademais da viúva do escritor, Irene López, o director de Galicia Dixital, Antonio Giz e a presidenta do Ateneo, Isabel Salgado.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-20251103.jpg) O cinema arxentino volve ser protagonista da programación da Filmoteca de Galicia, que este mes recibirá as cineastas María Aparicio e Lucía Seles con motivo das retrospectivas que lles dedica. Tamén visitará a sede da cinemateca da Xunta na Coruña o director do Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente, Javier Porta Fouz, para presentar unha copia restaurada de Nueve reinas, ademais de coñecidos nomes do noso audiovisual nas novas entregas da sección Off Galicia, do ciclo Espello Video Cine e da sesión inaugural do 20º aniversario do programa educativo Cinema en Curso. A nova carteleira mensual inclúe, así mesmo, varias proxeccións do Cormorán Film Fest, as últimas de Centenario Maurice Pialat e as películas que cada ano selecciona a Asociación Amigos da Ópera coincidindo coa súa Temporada Lírica, entre outras citas.
Foto de la tercera plana (dependencia-02.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio do nivel acordado para 2025 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) destinado ao sistema de atención á dependencia das comunidades autónomas e que, no caso de Galicia, ascende a 105 millóns de euros sufragados entre o Estado e a Xunta, só tres máis que os asignados o exercicio pasado. Tal e como informou Rueda, Galicia recibirá algo máis de 52 millóns de euros, grazas a que a Xunta cumpre con éxito os obxectivos recollidos neste acordo: diminución da lista de agarda, mellora na calidade dos servizos, etc.

Notas

Neste 2025 está a celebrarse o Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas, coincidindo co centenario da publicación, en 1925, dalgúns dos artigos que sentaron as bases da mecánica cuántica, coa conseguinte revolución da nosa comprensión do mundo natural. Co gallo desta efeméride, a Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, achégase desde perspectivas moi diversas a esta disciplina, esencial para o desenvolvemento da física moderna.
A aparición de mutacións fármaco resistentes constitúe un grave problema na loita contra os microorganismos patóxenos. Os métodos actuais, baseados na análise de resistencia xenotípica, non permiten predicir os cambios evolutivos, provocando a ineficacia dos tratamentos. Facer fronte á fármaco resistencia é o obxectivo do proxecto Preres, Predicting protein evolutionary trajectories toward resistance against antiretroviral treatments.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES