Acto do Centro Galego de Barcelona en Lugo
O seu Presidente, Manuel Carrete, entrega o tÃtulo de honra a tÃtulo póstumo ao escritor Manuel RodrÃguez López.O venres, dÃa 7 de novembro, ás oito do serán, na GalerÃa Sargadelos de Lugo, o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, vai facer entrega do tÃtulo de Socio de Honra do Centro, a tÃtulo póstumo, ao escritor Manuel RodrÃguez López. A distinción será recibida pola súa viúva Irene López, e polo seu fillo Enrique RodrÃguez.

Manuel RodrÃguez López, cronista dos galegos en Catalunya e do centro galego, considerado o mellor poeta obreigo galego do século XX, foi o vencello entre os galegos da emigración catalana e a súa Galicia natal, cunha importante obra poética e narrativa na que destaca a constante preocupación polos temas obreiros e labregos, e a permanente divulgación do labor cultural e social dos galegos afincados en Catalunya.
O pasado 11 de outubro inaugurouse no Centro Galego de Barcelona a exposición MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, coa colaboración do concello de Paradela, Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, concello de Lugo e Real Academia Galega. Con motivo da apertura desta mostra, a directiva do Centro Galego acordou nomear socio de honra a tÃtulo póstumo ao que fora socio distinguido e o seu cronista oficial. Esa distinción efectúase agora na capital lucense.
Teñen confirmada a súa participación o Presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete; Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; e ValentÃn GarcÃa Gómez, Secretario Xeral de PolÃtica LingüÃstica. Neste acto recitará dous poemas de Manuel RodrÃguez López o escritor lucense Xavier RodrÃguez Barrio, e a familia expresará o seu recoñecemento en palabras da viuva de Manuel RodrÃguez, e a través dunha mensaxe do profesor Santiago RodrÃguez, fillo do homenaxeado, desde Bristol (Reino Unido).
X.X., 2014-11-06
Actualidad

A Fundación ArtesanÃa de Galicia organiza por quinto ano consecutivo o encontro ArtesanÃa de Galicia na Ribeira Sacra co obxectivo de divulgar os oficios tradicionais, impulsar a comercialización do produto artesán galego e consolidar a marca ArtesanÃa de Galicia. O evento celébrase no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras, no concello de Sober. A edición deste ano conta coa participación de 19 obradoiros da marca ArtesanÃa de Galicia especializados en oficios como a olerÃa tradicional, a xoierÃa, a cerámica, os xoguetes, a bixuterÃa, o manipulado de papel ou os complementos de moda. Os obradoiros da Ribeira Sacra que asisten como expositores son a AlfarerÃa ElÃas de Gundivós (Sober), Enxógate (Quiroga) e Mimacuir (Castelo, Taboada). Os demais proceden do resto de Galicia.

As dúas obras vencedoras na última convocatoria do Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, nas súas modalidades para público infantil e adulto, acaban de ver a luz na colección que a Xunta de Galicia mantén con BaÃa Edicións para incorporar ao sistema literario galego os textos recoñecidos con este galardón da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude. Manchea, co que Andrea Freire se alzou co devandito premio na categorÃa de monicreques para a rapazada, e O Faro, polo que Carlos Labraña gañou na modalidade para adultos, están xa dispoñibles tanto na LibrarÃa Institucional da Xunta como en puntos fÃsicos de venda.