Notas de prensa

O CGAC programa un curso de cinema e dous concertos de música contemporánea

O curso de cinema "Derivas da modernidade. Do cinema clásico ao cinema moderno. Intuicións, eclosións e ecos dos novos cinemas da modernidade (1950- 1980)" centra algunas actividades do CGAC que tamén acolle 3 documentais do Womex baixo o título "From Berlin to the World" e programa os dous últimos concertos das xornadas de música contemporánea.

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta no Centro Galego de Arte Contemporánea diversas actividades no campo do cinema, o documental e a música. Este mércores ás 19.00 h. arrancará o curso de cinema ‘Derivas da modernidade. Do cinema clásico ao cinema moderno. Intuicións, eclosións e ecos dos novos cinemas da modernidade (1950- 1980)’ que terá unha duración de seis meses. O curso, dirixido por José Manuel López, traza un panorama xeral sobre a revolución que supuxeron os novos cinemas nos anos 60, as intuicións trazadas na década dos 50 e os seus ecos nas posteriores décadas dos 70 e 80.

Nos relatorios combinaranse sesións temáticas e transversais como a dedicadas o neorrealismo italiano, a Nouvelle Vague ou o Novo Hollywood con outras monográficas centradas nalgúns dos principais cineastas destas décadas como Robert Bresson, Ingmar Bergman, Orson Welles, Roberto Rossellini, Eric Rhomer ou Stanley Kubrick, entre outros. Nas sesións proxectaranse escenas claves para a análise dos filmes máis representativos deste período decisivo da historia do cinema.

A matrícula é de 80 euros e o prazo para inscribirse remata mañá. As persoas interesadas poden facer a inscrición a través da páxina web do CGAC www.cgac.org [nova venta] ou escribindo un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es. Pode atoparse máis información no link: Curso cinema Derivas da modernidade [nova venta] .

Documentais

Do xoves 23 ao sábado 25 de outubro, con motivo do 20 aniversario da World Music Expo (Womex), o CGAC acolle a sección de documentais ‘From Berlin to the World’. Esta feira internacional de world music programará durante estes días concertos, encontros, conferencias e proxeccións de documentais recentes sobre música en diferentes puntos da cidade. As proxeccións están abertas ao público e terán lugar no auditorio do CGAC ás 18.00 h.

A programación comeza o xoves 23 con ‘Midsummer Night's TangoÂ’, de Viviane Blumenschein. Gravado entre Arxentina e Finlandia no 2011, este documental −producido por Georg Tschurtschenthaler− descóbrenos o tango arxentino en Finlandia. Desde o punto de vista do cantante Chino Laborde, o guitarrista Diego 'Dipi' Kvitko, e o bandeonista Pablo Greco, achegarémonos a esa relación entre Finlandia e o tango que conta o cineasta Aki Kaurismäki nos seus filmes.

O venres 24 proxectarase ‘Que caramba es la vida’, de Doris Dörrie, unha fita que foi gravada en México DF no 2012 e producida en Alemaña este mesmo ano, e que aborda a cultura mariachi mais que como simple música como un estilo de vida que mira ao mundo desde a perspectiva do “macho”.

Finalmente, o sábado 26, proxectarase ‘Journey to Jah’ de Noël Dernesch e Moritz Springer. Unha obra rodada entre Xamaica, Suíza, Alemaña e Italia, entre o 2007 e o 2013.

Para ampliar a información pódese consultar o web http://www.nordesia.com/womex14/. Pódense descargar o dossier e fotos:
https://www.dropbox.com/sh/u1t3jy2sp9gihv7/AACpDTQy41nxoKJQ7gnsHWRVa/WOMEX-documentacion [nova venta]

Xornadas de Música Contemporánea

Este domingo 26 de outubro terán lugar os dous últimos concertos das Xornadas de Música Contemporánea no CGAC. As entradas serán de balde previa retirada do billete na recepción do CGAC ou no Teatro Principal.

Ãs 12.30 h. e como parte do programa a ‘AdesTempoÂ’ terá lugar no CGAC o concerto didáctico ‘Experimenta coa músicaÂ’ da Orquestra do Espazo de Cámara de Universidade, dirixida por Mario Diz. A través de diferentes técnicas experimentais achegarase a música contemporánea aos máis pequenos. Os nenos e nenas que participen coñecerán ademais o funcionamento dunha orquestra e os instrumentos que a compoñen. O público poderá intervir na interpretación das pezas e elaboraranse composicións musicais curtas in situ a base de musicogramas (técnica compositiva con debuxos). Pódese atopar máis información no link Concerto didáctico

Ãs 20.00 h o pianista cubano Alejandro Vargas estreará a súa última creación. AMa AZa LaNdo é un fulgor de figuracións representativas de paisaxes sonoras onde se recrean ambientes do minimalismo, o orientalismo, a improvisación libre e o jazz. Pódese atopar máis información no link Alejandro Vargas

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-10-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES