
Na emigración catalana escribíu este autor a maior parte da súa obra, sendo o cronista do Centro Galego que agora acolle a súa exposición e forxador dun vencello cultural e social entre os Galegos en Catalunya (así se titulan dúas das súas obras) e Galicia.
A inauguración foi presidida por Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, acompañado pola familia do escritor (Irene, a súa viuva, e os seus fillos Enrique e Santiago); Xavier Cortés, Responsable de relacións da Generalitat coas Casas rexionais; Manoel Carrete, Presidente do Centro Galego; Domingo Balboa, Presidente da Federación de Centros Galegos; o escritor Xosé Lois García, e Antonio Giz, Director de Galicia Digital. Ademais das intervencións dos mencionados, deuse lectura a mensaxes do Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e de Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega. O cantautor lucense afincado en Barcelona, Alfredo González Vilela interpretou temas con letra de Manuel Rodríguez López.
A exposición permanecerá en Cataluña ata finais de ano, percorrendo despois de dúas semanas no Centro Galego- outros centros galegos daquela Comunidade. Con motivo desta exposición, o Centro Galego de Barcelona acordou nomear Socio de Honra da entidade a título póstumo a Manuel Rodríguez López, distinción que lle será entregada á súa viuva e fillos nun acto a celebrar en Lugo, na Sala Sargadelos, a comezos do mes de novembro.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.