O Museo Massó da ConsellerÃa e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria divulga o seu legado coa publicación da súa primeira guÃa, unha obra que, ademais de facilitar a visita á exposición permanente, lle achega á cidadanÃa o patrimonio marÃtimo e industrial a través da historia do museo, do proceso de conquista do mar e da explotación dos seus recursos.
A partir dunha visión global do centro museÃstico, a guÃa, que se presenta baixo o tÃtulo ‘Museo Massó. O museo que medrou dentro dunha fábrica de conservasÂ’, reflicte boa parte da formulación conceptual e os principios básicos da institución, os aspectos que definen a súa singularidade e especificidade, asà como a natureza dunhas coleccións únicas e dun patrimonio cultural de gran valor.
Primeiras cartas náuticas das costas galegas
O patrimonio marÃtimo e industrial conviven co espÃrito erudito do coleccionismo doutra época na exposición permanente do Museo Massó. O seu percorrido inÃciase na sala dedicada á navegación e a aquelas disciplinas como a astronomÃa, a xeografÃa e a construción naval que fixeron posible o seu desenvolvemento e o do comercio marÃtimo.
A exposición desta sala, que se aborda no apartado da guÃa que leva por tÃtulo ‘A conquista do marÂ’, integra unha interesante colección de incunables e libros antigos especializada en temas marÃtimos e navais, na que se inclúen libros como ‘SeesviegelÂ’, de Willem Jansz Blaeu (Ãmsterdan, 1623), con algunhas das primeiras cartas náuticas das costas galegas; o tratado astronómico de Ptolomeo e un manual de pilotos de 1545, de Pedro de Medina, que foi o máis popular en Europa nos séculos XVI e XVII. Tamén se detallan na guÃa diversos instrumentos que amosan o paso da navegación astronómica á cientÃfica, como cuadrantes horarios, reloxos de sol e compases náuticos, entre outros.
No apartado ‘Explotación dos recursos do marÂ’, a guÃa percorre a exposición das salas situadas na planta baixa do museo. Partindo dunha sección dedicada á factorÃa de salgadura e o taller de ánforas do depósito romano de Pescadoira (Bueu), o discurso céntrase na actividade industrial da familia Massó: as fábricas de salgadura e de conservas e a factorÃa baleeira.
Materiais da factorÃa de salgadura romana
Basas e fragmentos de fustes de columnas romanas dos séculos II e III xunto cun coitelo con mango de óso tamén desta época son algúns dos materiais da factorÃa de salgadura romana que se conservan no museo e que se inclúen na guÃa. A publicación tamén destaca unha prensa do século XIX para a extracción da graxa das sardiñas, unha máquina troqueladora para realizar fondos e tapas de latas, un caixón de medida para a descarga do peixe, unha mesa na que inicialmente se soldaban a man as latas, fotografÃas antigas da actividade da empresa e diversos bosquexos para carteis publicitarios e os deseños das latas e dos seus estoxos.
O percorrido expositivo do museo continúa na fábrica de salgadura do século XIX que formaba parte do complexo industrial Massó e foi recuperada recentemente, para finalizar na nave onde se expoñen as embarcacións. Ademais, a experiencia museÃstica esténdese polo ámbito inmediato co peirao das embarcacións tradicionais e o motopesqueiro Caneliña, que forma parte da colección do museo, a carpinterÃa de ribeira e o resto das instalacións e embarcacións dun xenuÃno e activo porto pesqueiro.
As orixes do museo
O Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas inmediacións do porto de Bueu, na rÃa de Pontevedra e en pleno corazón da penÃnsula do Morrazo. A idea de crear un museo foi suxerida por Guillermo Marconi durante a visita que realizou en 1928 á fábrica de conservas Massó. No domicilio da familia quedou sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos. Seguindo o seu consello, os irmáns Massó levantaron unha planta sobre o máis antigo edificio da fábrica, e en 1932 nacÃa o Museo Massó.
Co tempo, os testemuños das factorÃas conserveira e baleeira e a actividade pesqueira foron completando o perfil do museo. En 1994, despois do peche da fábrica, o museo foi adquirido pola Xunta de Galicia.
Visita virtual
O espÃrito erudito do coleccionismo doutra época convive no Museo Massó co patrimonio marÃtimo e industrial, accesible a través dunha visita virtual desde a nova páxina web de Museos de Galicia, en museos.xunta.es.