Notas de prensa

Verquidos, a mostra de Berta Ãlvarez Cáccamo na Casa da Parra de Compostela

A nova exposición de Berta Alvarez Cáccamo na Casa da Parra, titulada "Verquidos", conta con arredor de 60 pezas entre debuxos sobre papel e lenzos e foi calificada como unha mostra “de que os nosos artistas plásticos forman unha vangarda con identidade propia. Pode visitarse ata o 30 de setembro.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na inauguración da exposición ‘VerquidosÂ’, da artista Berta Ãlvarez Cáccamo, na Casa da Parra; da que sinalou que “vén abundar na evidencia de que os nosos artistas plásticos forman unha vangarda con identidade propia”. Neste sentido, salientou que se trata dunha mostra ”substanciosa da creatividade, que explora camiños persoais, que desenvolve conceptos propios e que, por iso mesmo, contribúe á ofrecernos unha visión dinámica da nosa arte”.

Así mesmo, o conselleiro destacou o labor da Casa da Parra e da Consellería, centrado “no apoio decidido ao que nos leva a unha evolución constante; ao que nos sitúa na primeira liña, como responsables dun legado que formou Europa, mais no que xa se integra o mundo global, animado pola imprescindible diversidade”.

A exposición, comisariada por Miguel Mont, é unha selección de 60 pezas da obra realizada pola artista viguesa nos últimos dez anos, unha etapa na que se explorou a relación entre o debuxo e a pintura, entre a dimensión xestual e os distintos tempos e temporalidades de aplicación. Vinte das pezas están realizadas con técnica mixta e acrílicos sobre lenzos e proveñen de coleccións públicas como a Fundación Aena, a Deputación da Coruña ou a Fundación Abanca; mentres que as corenta restantes correspóndese con series de debuxos sobre papel. Para completar ‘VerquidosÂ’, Berta Ãlvarez levou a cabo unha intervención mural nos espazos da Casa da Parra.

Cómpre sinalar, así mesmo, que a mostra está a ser analizada e estudada como o punto de partida para a tese de doutoramento ‘Pintura pintada. Un proceso de investigación-creación sobre a mancha abstracta e a súa imaxe’ no Departamento de Pintura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Vázquez Abad estivo acompañado neste acto, ademais da propia artista, polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o comisario da exposición, Miguel Mont e pola técnica de exposicións Pilar Corredoira.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-07-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES