Notas de prensa

Promociónase a Feira do Libro de Santiago como oportunidade de difusión

Desde a Xunta de Galicia impúlsase a a Feira do Libro de Santiago de Compostela, a capital de Galicia, como unha oportunidade para a difusión do sector tanto no interior do territorio galego como no exterior, especialmente no ámbito lusófono.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na rolda de prensa de presentación da Feira do Libro de Santiago de Compostela, unha cita que cualificou como unha “oportunidade máis para a difusión do sector galego do libro, coa comercialización e promoción de autores e obras, tanto na nosa propia comunidade coma no exterior”. Neste sentido fixo referencia á cantidade de visitantes que chegan á capital de Galicia atraídos, entre outros aspectos, “pola nosa identidade como pobo, na que xogan un papel fundamental as manifestacións culturais que van poder coñecer nestas feiras”.

Xesús Vázquez lembrou a aposta integral que o seu departamento e a Federación de Libreiros de Galicia están a facer pola cultura galega, “mellorando a oferta de actividades que se desenvolven no marco destas feiras, e que desde o ano pasado combinan as habituais sinaturas de libros e presentacións de autores e autoras con actuacións teatrais ou de danza. En definitiva, con diferentes disciplinas culturais que se achegan á cidadanía desde estes eventos, conformando unha aposta clara da Xunta de Galicia polo conxunto da nosa cultura e polas compañías e artistas locais”.

O conselleiro quixo agradecer ao Concello de Santiago a súa colaboración para a celebración desta feira, así como o traballo dos libreiros, “guías, asesores e impulsores da lectura entre o público que acode aos seus establecementos. Un labor anónimo e pouco recoñecido sen o que a interacción coa inmensidade do mundo editorial sería moito más difícil para todos”.

Bibliotecas nodais e centros de ensino

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo animar ademais ao conxunto da cidadanía a participar na feira, en especial aos centros de ensino, para os que este ano a Consellería e a Federación de Libreiros decidiron preparar actividades especiais, tendo en conta que a época lectiva coincide coa celebración desta cita.

A Consellería de Cultura e Educación colabora tamén coas Feiras do Libro de Galicia implicándose nas mesmas a través das bibliotecas nodais e dos centros educativos. De feito, nesta feira de Santiago a Biblioteca Pública Ãnxel Casal - a nodal de Santiago- e as alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Compostela realizarán un obradoiro e un contacontos escenificando os contos ‘Os petos de loretoÂ’, ‘Veo, veoÂ’ e ‘O coelliño brancoÂ’.

A Biblioteca Ãnxel Casal estará ademais presente a través da habitual caseta que instalan na Alameda e na que as nenas e nenos atopan un espazo perfecto para ler, debuxar e aproximarse xuntos aos libros mentres os maiores gozan de outras actividades da feira, e onde tamén se poderán facer carnés de socio. Neste espazo haberá ademais unha pequena exposición dos fondos da biblioteca, e celebrarase a actividade semanal da biblioteca ‘Os sábados choiva de contos,Â’ da man de Carmen Domech e o contacontos ‘Pastoreando alegríasÂ’, no marco do programa desta Consellería ‘Ler conta moitoÂ’.

Calendario

O calendario de Feiras do Libro de Galicia chegará nos vindeiros meses a 12 localidades da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e da Federación de Librarías de Galicia ao abeiro do convenio asinado para tal fin entre ambas as entidades e no marco das actuacións da Xunta de Galicia para a promoción do sector do libro en Galicia. Cómpre lembrar, ademais, que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad apoiará tamén este ano a participación do sector editorial do libro en catro feiras internacionais: Boloña, Frankfurt, Buenos Aires e Guadalaxara (México).

Trátase de iniciativas fundamentais para a promoción do libro, tanto dentro como fóra de Galicia, dada a importancia deste tipo de eventos culturais como escaparate para os traballos realizados polo sector editorial, tendo en conta que as Feiras do Libro de Galicia rexistraron o ano pasado 310.000 visitantes.

A primeira das citas do calendario en Galicia será en Santiago de Compostela, onde as casetas permanecerán ata o 4 de maio. O calendario pecharase do 27 ao 30 de agosto en Monforte e antes percorrerán tamén as localidades de Pontevedra (6 a 11 de maio), de Lugo (13 a 18 de maio), de Vigo (23 de maio a 1 de xuño), de Ourense (3 a 8 de xuño), de Ferrol (11 a 15 de xuño), de Ribadeo (17 a 20 de xullo), de Rianxo (24 a 27 de xullo), da Coruña (1 a 10 de agosto), de Viveiro (14 a 17 de agosto) e de Foz (27 a 30 de agosto).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES