
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a posta en valor da figura e da obra do intelectual lucense Manuel RodrÃguez López a través da súa colaboración cunha exposición itinerante que afonda na figura e na obra do escritor de Paradela. ‘Manuel RodrÃguez López, emigrante galego, poeta obreiroÂ’ é o tÃtulo deste proxecto expositivo que se pode visitar desde hoxe no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.
O acto de apertura da mostra contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen salientou o talento de Manuel RodrÃguez ao servizo da difusión da cultura e da identidade galegas. O responsable de Cultura cualificou o proxecto expositivo como “unha merecida homenaxe” ao intelectual lucense e ao seu legado, desde a perspectiva dun escritor que observa, que sente e que expresa o esencial da súa cultura.
No acto de inauguración tamén participaron, entre outros, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato; a Concelleira de Xuventude e Normalización LingüÃstica de Santiago de Compostela, Rebeca DomÃnguez; a viúva do escritor, Irene López; e Antonio Giz, director de GaliciaDigital.
Promovida por GaliciaDigital e a familia do escritor, a exposición conta co apoio da ConsellerÃa de Cultura e Educación, do Concello de Paradela, do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo e as SecretarÃas Xerais de PolÃtica LingüÃstica e Cultura da Xunta de Galicia. Ademais, para a súa exhibición na capital de Galicia, tamén colaboran o Concello de Santiago de Compostela e o Museo do Pobo Galego.
A mostra itinerante, conformada por oito paneis dobres nos que se expoñen de xeito gráfico anacos da vida e obra do escritor de Paradela, chega ao Museo do Pobo Galego despois de poder visitarse en Paradela, Lugo, Begonte, Sarria e PortomarÃn. A comezos do próximo mes de maio, a exposición viaxará a Cataluña, terra na que Manuel RodrÃguez López escribiu a maior parte da súa obra.
A traxectoria do poeta
A vida do intelectual queda reflectida na publicación dun libro sobre a súa traxectoria, en cuxa edición colaborou a ConsellerÃa de Cultura e Educación, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica. Un documento que fai un percorrido pola historia deste emigrante que deixou un inmenso legado a través das súas obras poéticas ou en prosa, asà como coa súa colaboración en diversos libros.
RodrÃguez López sempre mostrou unha gran preocupación pola cultura e por Galicia, e durante a súa etapa vital en Cataluña desenvolveu un importante labor como cronista dos actos desenvolvidos na comunidade relacionados con Galicia.
Cómpre recordar que Manuel RodrÃguez López viu recoñecido o seu traballo a través de diferentes e numerosos premios entre os que se atopan o de poesÃa Meigás e Trasgos de Sarria nos anos 19976 e 1980; o Xosé MarÃa Chao Ledo no III certame Literario de Vilalba, en 1977 e o primeiro premio do Certame Literario de Begonte en 1985, entre outros galardóns. Ademais foi nomeado fillo predilecto de Paradela o ano no que faleceu (1990) e Lucense do ano 1989.
O cinema arxentino volve ser protagonista da programación da Filmoteca de Galicia, que este mes recibirá as cineastas MarÃa Aparicio e LucÃa Seles con motivo das retrospectivas que lles dedica. Tamén visitará a sede da cinemateca da Xunta na Coruña o director do Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente, Javier Porta Fouz, para presentar unha copia restaurada de Nueve reinas, ademais de coñecidos nomes do noso audiovisual nas novas entregas da sección Off Galicia, do ciclo Espello Video Cine e da sesión inaugural do 20º aniversario do programa educativo Cinema en Curso. A nova carteleira mensual inclúe, asà mesmo, varias proxeccións do Cormorán Film Fest, as últimas de Centenario Maurice Pialat e as pelÃculas que cada ano selecciona a Asociación Amigos da Ópera coincidindo coa súa Temporada LÃrica, entre outras citas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio do nivel acordado para 2025 entre a ConsellerÃa de PolÃtica Social e Igualdade e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) destinado ao sistema de atención á dependencia das comunidades autónomas e que, no caso de Galicia, ascende a 105 millóns de euros sufragados entre o Estado e a Xunta, só tres máis que os asignados o exercicio pasado. Tal e como informou Rueda, Galicia recibirá algo máis de 52 millóns de euros, grazas a que a Xunta cumpre con éxito os obxectivos recollidos neste acordo: diminución da lista de agarda, mellora na calidade dos servizos, etc.