Notas de prensa

Inaugúrase a exposición sobre o poeta paradelense Manuel Rodríguez López

A mostra sobre a figura do poeta paradelense, Manuel Rodríguez López: emigrante galego-poeta obreiro pódese ver na sala multiusos do Museo Provincial de Lugo ata o 7 de novembro. Na exposición reflíctense diversos aspectos sobre a vida e a obra do creador galego.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro inaugurou a exposición sobre o a figura do poeta paradelense Manuel Rodríguez López: Emigrante Galego – Poeta Obreiro, que está aberta ao público na sala multiusos do Museo Provincial de Lugo ata o vindeiro 7 de novembro. No acto tamén participaron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xosé Manuel Mato, alcalde de Paradela; Santiago Rodríguez, fillo do homenaxeado, no nome da familia; e Antonio Giz, director de Galicia Digital.

A mostra está formada por 16 paneis informativos sobre diversos aspectos relativos á vida e obra deste creador galego, do que a maior parte da súa obra veu a luz na emigración catalana; e forma parte do proxecto de difusión da vida e obra do escritor paradelense Manuel Rodríguez López, impulsado por Galicia Digital, e rematará en próximos anos coa edición da obra completa e unha produción audiovisual.

Imaxes sobre a súa vida, publicacións, entre as que se atopan libros de poesía, libros inéditos e colaboracións en libros colectivos, prensa e revistas; premios, condecoracións e homenaxes recibidas; a súa presenza na prensa; correspondencia; poemas musicados; opinións sobre o poeta ou a súa figura de emigrante son aspectos que aparecen recollidos nesta exposición.Nota

Durante a súa intervención, Mario Outeiro explicou que “esta exposición representa unha boa oportunidade para que os lucenses poidamos coñecer máis de cerca a obra do noso veciño Manuel Rodríguez López, fillo predilecto de Paradela, home bo e xeneroso; o poeta obreiro máis importante da Galiza da segunda metade do século XX, así como unha homenaxe á súa figura”.

Nota de prensa remitida por X.X.:

Esta exposición, que desde o pasado agosto puido verse en Paradela, forma parte do proxecto de difusión da vida
e obra do escritor paradelense Manuel Rodríguez López, impulsado por Galicia Digital, do que o primeiro paso foi a creación da web
www.manuelrodriguezlopez.com, unha das máis completas que teña un escritor galego, e rematará en próximos anos coa edición da obra completa e unha producción audiovisual.

A mostra está formada por 16 paneis informativos sobre diversos aspectos relativos á vida e obra deste creador galego, do que a maior parte da súa obra veu a luz na emigración catalana. E poderá ser visitada de luns a venres de 9 a 21 h., os sábados de 10,30 a 14 e de 16,30 a 20, e os domingos de 11 a 14h.

Na inauguración participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; o Deputado de Cultura, Mario Outeiro; o Alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato; ademais de Santiago Rodríguez, fillo do homenaxeado, no nome da familia e Antonio Giz, Director de Galicia Digital.
Na sesión inaugural lembrouse a figura dun magnífico escritor con moi importante vencello coa cidade de Lugo, onde residiu os últimos anos da súa vida, e para o que se ten solicitado a dedicación do “Día das Letras Galegas”.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo / XX., 2013-10-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (memoriachaira.jpg) O 8 de setembro, en Outeiro de Rei - Penas de Rodas, Cemiterio e Campa de Santa Sabela - , desde 2005, celébrase a "Memoria da Chaira enteira" na lembranza de Manuel María, no cabodano do seu pasamento, organizada pola Asociación Xermolos, de Guitiriz e a Irmandade Manuel María. Os actos comezarán ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra, para seguir ás 17,00 cun recital nas Penas de Rodas, a cargo de voces amigas do Manuel que len anacos da súa poesía ou creacións propias na súa lembranza.
Foto de la tercera plana (presidenteoicinas.jpg) Estes espazos ofrecerán asesoramiento aos veciños que o precisen da man de técnicos da Xunta para axilizar a tramitación das axudas e para ofrecer a información sobre a situación . Concluíu o Presidente que haberá "rapidez en sacar axudas e rapidez en concedelas, e que a xente teña o diñeiro que precisa o antes posible".

Notas

Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de Río As persoas consumidoras poderán rexistrar as súas compras nestes municipios a través da páxina web oficial da campaña ou directamente nos establecementos participantes co gallo de participar no sorteo de tarxetas prepago de 50 euros
O galardón, creado polo Instituto de Estudos do Territorio, pretende poñer en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural, distinguindo aos municipios máis dinámicos neste eido.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES