Notas de prensa

Camilo Nogueira e José Posada, nomeados Membros de Honra da Associaçom Galega da Língua

O nomeamento como Membros de Honra refrendouse na asamblea da Associaçom Galega da Língua (AGAL) celebrada en Santiago.

José Posada e Camilo Nogueira ven así recoñecido publicamente o seu compromiso co idioma galego, un compromiso que os levou a ser os primeiros parlamentarios que se expresaron en galego nas institucións europeas.
O nomeamento, agora refrendado polos asociados da AGAL, fora aprobado no pasado mes de novembro polo Conselho Directivo da asociación a proposta do seu presidente, Bernardo Penabade. Con esta iniciativa recoñécese publicamente o labor destes dous políticos que, desde organizacións diversas -Nogueira (BNG) e Posada (Coalición Galega)-, polo uso continuado do idioma galego na Eurocámara, en consonancia cos postulados defendidos pola AGAL.
Outros Membros de Honra
Desde que fora fundada en 1981, a AGAL nomeou Membros de Honra os académicos Ricardo Carvalho Calero e Jenaro Marinhas del Valle. Esa mesma distinción fora outorgada ao destacado poeta e investigador Ernesto Guerra da Cal e ao patriarca dos escritores galegos, o comediógrafo galego radicado en Buenos Aires Ricardo Flores.
Actualmente tamén goza desta distinción o profesor Higínio Martins, discípulo de Blanco Amor e actual docente de Língua e Literatura nas entidades galegas de Buenos Aires.

Associaçom Galega da Língua, 2005-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES